A Raposa volta ó Museo do Pobo Galego

Despois do agarimo recibido polas nenas e nenos ao rematar RUTA PROPIA na Biblioteca de Barbadás, toda contenta dando choutos de ledicia cheguei, monte a través, ata o fermoso claustro do Museo do Pobo Galego. Alí xa me estaban agardando rapasiñas e rapasiños para facer RAPOSADAS polo museo adiante. Que ben o pasamos!!!

 

Ruta Propia en Barbadás

Hoxe seguín  unha RUTA PROPIA que me levou á Casa da Cultura de Barbadás para seguir descubríndolle á rapazada a vida e obra dunha muller de conto, María Victoria Moreno. Sabíades que daba clases de galego cando estaba prohibido e por iso lle retiraron o pasaporte? Galega de corazón

 

Ruta Propia na Biblioteca de Riveira

Ruta Propia na Biblioteca de Riveira

Na Biblioteca de Riveira esta mañá atopei a moitas nenas e nenos, e non tan nenxs que se sinten tamén galegos de corazón, como María Victoria Moreno. Ao rematar fun visitar a exposición de libros dela, sorpresas que depara seguir unha RUTA PROPIA. Grazas por escoitar!!!

O xornal Compostela24horas.com, reseñou esta actuación:

I Xornadas A LINGUA IMPORTA no CEIP O Paraixal

Hoxe no CEIP O PARAIXAL, dentro das I xornadas a LINGUA IMPORTA, tiven a sorte de estar con mozas e mozos que troulearon cos contos, botaron adiviñas, acertixos, brincaron ca nosa lingua… Que gusto dá escoitalos contar as súas propias trasnadas, canto lembran ás da raposa, ás do lobo, non todas rematan ben!!!. O dito, un pracer estar neste cole que ata ten a súa propia fraga, “A Buraquiña”, fermosísima!!! Nome ben curioso… Algunha cova de moura ou mouro preto do río Paraixal? Vou investigar…

X