Raposadas en Moaña

Que terán os contos de raposas e raposos que tanto engaiolan? Foi un pracer levar RAPOSADAS á Biblioteca de Moaña, con o programa Ler conta moito. Que ben o pasamos! Grazas por escoitar!

Ruta Propia na Biblioteca de Pontevedra

A boneca Uxía, o ratiño Min, a ratiña Sabela e o paxaro Tin descansan por fin! Vaia troula! Vaia Festa no Faiado! Gato está lamendo sardiñas! Grazas Elena polas fotos! Grazas Sabela Garabato, xa ves que ben mantidos están as ratiñas!! Grazas a todxs por escoitar e vir comigo seguindo unha RUTA PROPIA da man de María Victoria Moreno, unha fada que trouxo a choiva ata a Biblioteca de Pontevedra

Ruta Propia en Nigrán

Esta tarde na Biblioteca de Nigrán estivemos de marabilla! Cris, a bibliotecaria, colocou un toldo para protexernos do sol. Os libros de María Victoria Moreno saltaron dos andeis para seguir a nosa RUTA PROPIA. Grazas por escoitar! Foi unha ledicia atopar cariñas coñecidas entre o público.

Ruta Propia na Biblioteca Neira Vilas de Vigo

Esta tarde estiven con RUTA PROPIA na Biblioteca Neira Vilas de Vigo para festexar o Día das Letras Galegas adicado a María Victoria Moreno. Grazas por vir este día de sol a escoitar contos e grazas tamén ás e aos usuarios da biblioteca que estaban a estudar para exames finais. Non hai que esquecer que unha biblioteca é moito máis que unha sala de estudo. É a gran Casa dos Libros para todas as idades, tempo hai para escoitar contos, reunirse en clubs de lectura, buscar películas, estudar, ler, conectarse a internet… Non é fácil lograr esta concordia, mérito das bibliotecarias que o pelexan día a día, bravo por elas, fácil non é.

X