Raposadas en Padrón

Hoxe ás 12h fixemos RAPOSADAS coas rapasiñas e cos rapasiños de Padrón, dentro do programa LER CONTA MOITO! Como a biblioteca quedouse pequecha para tanto público, fumos ó Auditorio!

O Xogo de Nano en Santiago

Este 27 de xuño á tarde celebramos o aniversario de Nano no Centro Cívico do Ensanche… que ben o pasamos!!!

Esta actuación forma parte do programa Apego creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial.

Romaría na Ruada das Xoubas en A Coruña

Na Ruada das Xoubas, dentro da programación das festas de San Xoán 2018 de A Coruña, montei a miña particular ROMARÍA de contos e lendas da nosa terra! “Contade o que contaban os antigos para que non desapareza“. Feliz San Xoán!!!

Ruta Propia na Biblioteca de Viveiro

Hoxe, 23 de xuño, víspera de San Xoán, imos de ruta; Ruta Propia en barco para seguir coñecendo a esta gran persoa e escritora que foi María Victoria Moreno. A nosa ruta comenzou ás 12 do mediodia na Biblioteca Municipal de Viveiro, grazas ao programa  Ler conta moito

X