Os libros ao sol

As Concellarías de Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Vigo levan a cabo este verán un novo programa de dinamización da lingua galega: Os libros ao sol, unha campaña de fomento da lectura en galego dirixido a todos os treitos de idade: infantil, xuvenil e adulto.
Os libros ao sol é unha biblioteca que achega á praia da Argazada (no paseo de Samil) libros e actividades durante o mes de xullo. E así de feliz estiven eu na praia de Samil, cos espectáculos de narración Travesías, (6 de xullo) e Mariña, contos nacidos no mar , (23 de xullo).

Vigo arrólate

O meu espectáculo de contos para bébes Toin Toin participou no “Vigo arrólate”, un novo programa da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, a Concellaría de Xuventude e a Biblioteca Neira Vilas para achegar as familias con bebés de até os dous anos contos e cancións en galego. Así, o venres 13/07/2018 Toin Toin visitou a Biblioteca Neira Vilas e o xoves 16/07/2018 a Casa da Xuventude. Parabéns por esta iniciativa!

Toin Toin na Biblioteca Neira Vilas

Historias da Maletra en Sanxenxo

Seguimos compartindo contos este verán!!!
Así foi HISTORIAS DA MALETRA na Feira do Libro de Sanxenxo. Grazas por escoitar!

 

Mariña no Festival de Poesia Fala o Mar de Combarro

Con “MARIÑA” en Combarro, dentro da programación do Festival de Poesía “FALA O MAR”. Parabéns, equipa!!! Por moitos anos máis!!! Grazas, Tamara Andrés, por permitirme vogar nos teus versos para atoparnos.

O meu corpo sempre foi
río e eu non quero ser anfibia,
só algo semellante a unha serea
de corpo longo
e grácil

(Tamara Andrés,  A OUTRA AUGA)

Raposadas en Padrón

Hoxe ás 12h fixemos RAPOSADAS coas rapasiñas e cos rapasiños de Padrón, dentro do programa LER CONTA MOITO! Como a biblioteca quedouse pequecha para tanto público, fumos ó Auditorio!

O Xogo de Nano en Santiago

Este 27 de xuño á tarde celebramos o aniversario de Nano no Centro Cívico do Ensanche… que ben o pasamos!!!

Esta actuación forma parte do programa Apego creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial.

X