Raposadas en Cedeira

Na Biblioteca Municipal de Cedeira eramos pouquiños, pero entregados. E tiven a sorte de coñecer ao gran Antón Cortizas que estaba na biblioteca investigando para un novo libro e quedou a escoitar “RAPOSADAS” como un rapasiño máis. Ao rematar compartín con el adiviñas e ditos que me ensinou o meu avó Albino, o home que falaba cos lobos.
E Antón recomendoume un libro seu, “Contos de vento e de nunca acabar”, deses sei uns poucos. A raposiña feliz !!

Raposadas en O Grove

Hoxe en O Grove agardaban por min moitas rapasiñas e rapaciños para facer Raposadas, a verdade foi que xa sabían moito… Fan “miadas” “galadas”, “danieladas”, “gabrieladas”…
Mirade que cartel tan bonito fixo Carlos Taboada de Polo Correo do Vento para CONTOS A PÉ DE RÚA do Concello de O Grove.

Contos nas Festas de María Pita 2018

Onte no Xardín dos Libros (Xardíns de Mendez Nuñez) atopei moita fame de contos!! Grazas por vir!! Este venres,10 de agosto, estarei de novo en A Coruña esta vez na Praza da Tabacalera ás 19.30h con Romaría, dentro da programación das Festas de María Pita 2018.


Raposadas en Covelo

Que ben se estaba este caluroso venres 3 de agosto á sombriña no parque de Covelo, moi preto da Biblioteca facendo Raposadas!
Ata o próximo conto, rapasiñas e rapasiños!

No verán… un conto 2018 en Vigo

O Concellería de Normalización Lingüistica do Concello de Vigo leva a cabo cada verán o programa No verán… un conto. Do 2 de xullo ó 31 de agosto, realízanse diversas actividades de narración, monicreques e música nos distintos barrios de Vigo para dinamizar a lingua galega. Foi todo un pracer ser convidada de novo a contar nas prazas e rúas de Vigo.

Travesías en Navia, 06/07/2018

Travesías no Calvario, 13/07/2018

Travesías en Teis, 23/07/2018

O Eco das Pedras no Oenach Atlántico de Narón

Grazas por vir a escoitar O Eco das Pedras, a herba estaba mollada e improvisamos un lugar recollidiño. Houbo tantas cousas e actividades para gozar do Oenach Atlántico de Sedes (Narón) que eu penso voltar!

 

X