IV certame de contos “Tierras del Torío”

Todos os fines de semana, desde o 2 de xullo ata o 6 de agosto, desenvólvese o certame de Contacontos “Tierra del Torío”, que xa vai pola cuarta edición. O lugar non pode ser mais adecuado: o patio de comedias da “Casona” en San Feliz de Torío, preto da cidade de León.

O Diario de León publicou un artículo sobre o certame.

Foi un pracer ser seleccionada pola organización para participar nesta edición.

Aquí podedes atopar o calendario de actuacións, e máis fotos da actuación.

Día dos Bosques Tropicais e das Árbores en Escarión e Currelos

O pasado martes, A Soñadora das Árbores viaxou ás fermosas Terras de Lemos, ata Escairón e Currelos (O Saviñao) . O Día dos Bosques Tropicais e o Día das Árbores era a data perfecta para baixar unha vez máis da súa pola.
Pola mañá visitei a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao en Escairón, alí me agardaban os  rapaces con ganas de escoitar historias e uns pais moi participativos, bravo por todos eles! Moitas destas nenas e nenos facía un ratiño que foran premiados no Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas 2011. Noraboa a todos!

e pola tarde a cita foi na Axencia de Lectura “Maruchi Arias” de Currelos , ali estaban todos os nenos do lugar, Saúl, Marta, Alicia, María,…Todos eran músicos e tiñan moitas ganas de actuar tamén.

Contos no Colexio Amaro Refojo de Verín

Este venres tiven o pracer de contar de novo en Verín, na miña terra. Nesta ocasión  o ANPA do Colexio Amaro Refojo organizou esta actividade para celebrar o próximo fin de curso. Grazas a Loli, e a todo o ANPA, dende aquí anímovos a seguir organizando actividades para eses rapaces tan participativos, e con tanto talento!

 

Contos nos xardíns da Sede de Turismo Rías Baixas (Pontevedra)

Contos nos xardíns da Sede de Turismo Rías Baixas (Pontevedra)

Actuación dentro do programa Domingos en Familia,  na Praza de Santa María en Pontevedra, nos preciosos xardíns da sede de Turismo Rías Baixas. Nunha soleada mañá electoral, nenos e non tan nenos puideron escoitar sentados na herba, a sombra dos fermosos árbores varios dos meus contos. Entre risas e aplausos rematou o espectáculo. Os nenos marcharon felices cada un co seu globo, agasallo de Turismo Rías Baixas.

Diario de Pontevedra publicou varias fotos e unha reseña do espectáculo de contos.

X