O magosto con Nano no Verbum

No cabaliño da mamá, no cabaliño do papá chegamos ao souto para apañar castañas e facer o magosto! O magosto tizna o rostro!!! Que ben o pasamos no Verbum de Vigo, grazas por vir! Ata saíu o sol e todoooo!!

O magosto con Nano na Biblioteca de O Castrillón

Chegou o outono, Nano dá choutos sobre as follas de cores mentres canta:

“Outono bonito
folliñas no chan
castañas asadas
que ricas están”

Hoxe celebramos o magosto con Nano na fermosa Biblioteca de O Castrillon na Coruña:

A maleta da avoa no CEIP Otero Pedrayo de Amoeiro

Hoxe mércores 7 de novembro, tiven o pracer de chegar  ao colexio CEIP Otero Pedrayo de Amoeiro (Ourense) coa maleta da miña avoa chea de lembranzas e historias. Así de ven o pasamos na inaguración da biblioteca escolar:

O medo hai que entretelo no IES Agra de Raices de Cee

O IES Agra de Raices de Cee invitoume a contar historias de medo para  a rapazada que celebraban o Samain. Mais de 130 alumnas e alumnos disfrutaron coas historias de “O medo hai que entretelo”

X