Nancontos na Biblioteca Municipal de Lugo

Nanocontos: o espectáculo de contos para bebés, viaxou ata a Biblioteca Municipal de Lugo. As nenas en nenos seguiron con moitísimo interés as aventuras de Nano, a rá protagonista. Para moitos dos bebés, esta era a sua primeira visita a biblioteca!

Nanocontos na Bilbioteca Municipal de Lugo

A Maleta da Avoa na Biblioteca de O Rosal

A concellaría de Cultura  do Concello de O Rosal continua coas actividades de fomento a lectura que organizan na Biblioteca Municipal de O Rosal os últimos sábados de cada mes. E alí fun, nesta ocasión co espectáculo de contos A Maleta da Avoa. Grazas a Charo Tabales Perozo (Concelleira de Cultura) por convidarme a participar un ano mais!.

O xogo de Nano na Biblioteca Central de Vigo

Os mais pequenos difrutaron das novas aventuras de Nano e dos sus amigos, na Biblioteca Central de Vigo…
A terceira entrega deste espectáculo de contos para os mais pequenos (0-3 anos) está chea de sorpresas…

 

Contos na Biblioteca de Arteixo

Rematamos por agora esta minixira polas bibliotecas do Concello de Arteixo, coa representación do espectáculo de narración Contos do Cestiño na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal”. Mais de 70 nenas en nenos seguiron con moitísima atención as historias que saian do meu cesto:

Contos en Pastoriza

Os Contos do Cestiño, visitaron a Biblioteca Municipal de Pastoriza, dentro do programa “A hora do Conto” da Rede de Bibliotecas do Concello de Arteixo, o pasado día 8 de novembro.

Nunha chuviosa tarde, os rapaces disfrutaron dos contos que saían do meu cestiño:

Contos do Cestiño en Chaín (Pontecaldelas)

A Comisión das festas de Santa Teresa, en Chaín (Pontecaldelas), invitoume a participar nas actividades que realizaron este fin de semana. Así, os rapaces e non tan rapaces de Chaín, puideron disfrutar do meu espectáculo de contos Contos do Cestiño:

X