A viaxe de Nano en Betanzos

Que pracer voltar a Betanzos!  A viaxe de Nano chegou á sala azul do edificio Arquivo, no marco da programación  Sábados Miúdos organizada polo Concello de esta vila.

Travesías na biblioteca de Pontevedra

Este venres, 1 de marzo, ás 18h na Biblioteca de Pontevedra fumos de Travesías na procura de historias de nenas e mulleres bravas que loitaron para conseguir os seus soños!! Foi unha viaxe na que a través de escolmas de narracións coñececimos e aprendimos que valores como a valentía , osadía , coraxe….non entenden de xéneros.

Travesías nos colexios de Betanzos

Alá van tres Travesías polos coles de Betanzos. Grazas tripulación pola vosa entrega!!!
Co obxectivo de promover o emprego oral da lingua galega e potenciar o seu uso entre as nenas a través de actividades baseadas en contidos de igualdade e dinamización lingüística, o Concello de Betanzos programou o espectáculo de contos Travesías.

Vémonos de novo o 23 de abril con novas aventuras!
Grazas tamén ao meu pé esquerdo por dar “apoio” ao meu pé dereito! Nunca me sentín tan Pirata, como Mary Read, Anne Bonny e Madame Ching. Fotos de Daniel Piñeiro, o meu outro pé.

 

X