Caso pechado e Raposadas no Festival Falando a boca chea 2019

Hoxe, pola mañá, no Auditorio do Forum, dentro do Festival de Narración Oral Falando a Boca Chea, compartín coa mocidade a miña paixón polo suspense e o cine negro, “CASO PECHADO”. Como sempre as mozas e os mozos son os protagonistas, tanto axudando a resolver casos como a recrear as situacións nas que tiveron lugar os sucesos.
Grazas aos IES e ás mestras pola vosa entrega e escoita. Adoro contar para as mozas e mozos dos institutos!!

E esta mesma tarde, moitas “Raposadas” fixen para os pequenos na Biblioteca do Forum Metropolitano

 

 

Somos iguais na Ludoteca María Miramontes

Hoxe coñecín a Ludoteca María Miramontes de Fontiñas (Santiago de Compostela), un fermoso espazo para a cativada. (María Miramontes, animadora e impulsora das escolas de ensino galego. Bergondo, 6 de abril de 1895 – Buenos Aires, 17 de septiembre de 1964)
Grazas familias por “vivir” os contos e demostrar unha vez máis que “Somos iguais”

Travesías na biblioteca de Ferrol

Na Biblioteca de Ferrol desfrutamos de intensas “Travesías”, mergullámonos nunhas historias coas que descubrimos que as mulleres son aguerridas ,intrépidas , e osadas heroínas de conto pero……sen “moito conto”

 

X