Historias da Maletra e Palabras na Boca en Valladolid

Cheguei en tren a Valladolid para participar no ciclo Ventanas escénicas, unha rica e variada programación que organiza a Biblioteca de Castilla e León no medio do estío, un oasis cultural.
Foron dúas sesións de contos: Historias de la Maletra e Palabras en la boca.


Un público entregado e con ganas de historias agardaba por min na sesión matinal, en familia, grandes e pequenos entraron a formar parte das aventuras que se agochan entre as letras de Historias de la Maletra.

E polo serán, tamén no fermoso Patio das Palmeras do antiguo palacio dos condes de Benavente, un público adulto percorreu comigo as lembranzas da miña nenez con Palabras en la boca escoitando lendas, contos e historias de vida que me fixeron medrar na Galiza Máxica. Grazas a Luís, a Fernando e a todo o persoal da biblioteca de Valladolid por tanto agarimo. Grazas ao público pola escoita, polos risos, pola complicidade, polas felicitacións,..

 

 

Travesías nas festas de Viveiro

Que fermoso é ver a praza da Fontenova de Viveiro chea para escoitar Travesías, aventuras de libro. Grazas, xente de Viveiro, pola vosa entrega!! Que tripulación tan aguerrida e festeira!!!

 

 

No verán un conto 2019. Vigo en Galego

No verán un conto 2019. Vigo en Galego

E chegou unha nova edición do programa de dinamización da lingua galega a través de contos, monicreques e música. No verán… un conto, que cada verán organiza o Servicio de Normalización Lingüistica do Concello de Vigo.

Foi todo un pracer contar en varios parques e prazas de Vigo durante estas duas semanas. Aquí vai un resumo do meu periplo:

O 27 de xullo saiu o sol e as rapazas e rapaces viñeron á Romaría na Alameda de Bouzas. Agora a contar as lendas vós para que non se perdan!! Grazas por escoitar!!! Grazas ao concello e ao Departamento de Normalización lingúística por contar comigo!! Grazas, Paz da Asociación Cultural de Bouzas por traer as colchas para xs nenxs. E por suposto, mil grazas Ana Facchini por estar pendente de “todo”, vales un potosí!!!


 

O 26 de xullo “Dámoslle volta ao conto” na Praza Ameríca. A ruleta dos contos non parou de dar voltas.
Coñecimos a historia da miña avoa, a Brixida, con 14 anos xa gañaba para manter a familia, non foi á escola, pero o que ela sabía…Os cálculos todos de cabeza. Ao chegar a noitiña montaba na burra para atravesar a Raia Seca e voltar cargadiña de café, aceite, sabas,… de Portugal. O estraperlo. Ela, a miña avoa, era outra muller valente e revolucionaria como tantas. Ela contoume contos que eu descoñecía, de mulleres donas do seu destino e de homes que se liberan da máscara da masculinidade e permítense mostrar a súa sensibilidade”.
Grazas por escoitar!! Que alegría ver a praza chea!! Grazas, Chus e AETRAVI (As Travesas)


 

O 18 de xullo a Romaría tivo lugar na rúa de Londres, ás 20:00 h, detrás do Marco, en Vigo. Lendas de mouras encantadas, de sacos que falan e outros contos de onte que se manteñen vivos hoxe.


 

O 13 de xullo  chovía en Vigo, entón a contada prevista na zona de herba de As Teixugueiras de Navia trasladouse aos soportais da Cafetería Match Point no ximnasio “Más que Agua”. Ao final, a pesar do vento e a chuvia, as familias de Navia achegáronse á Romaría. Había fame de contos!. Grazas, un ano máis a Asociación Veciñal Novo Vigo por contar comigo.


 

O 11 de xullo coñecín un novo parque en Vigo, o parque da Congosteira, no barrio de Santa Rita. Alí nos xuntamos á sombra das árbores para desfrutar cos contos. “Dámoslle volta ao conto”. Grazas por escoitar!!

Ata o próximo conto!!!!!

Garabelos, o fogar de Anxo Moure

Hoxe estiven nun lugar máxico, cheo de contos, poesía, grandes corazóns, natureza e moito máis!!! Entramos?
En Garabelos, Contos Solidarios, o fogar de Anxo Moure.

Fixen moitas amigas e amigos!! E coñecín a dúas grandes señoras, a Blandina e a señora Alicia cheíñas de historias que tamén gozaron con “Raposadas” como meniñas. E non podía rematar a xornada sen subir a escoitar contos do Tío Teixo, Anxo Moure, na casiña das árbores. “As túas verbas prenden, amigo”.

Unha xornada inesquecíbel… Non faltaron boas conversas acompañadas de delicioso e picante queixo, empanadas variadas, pan de verdade, sidra natural á sombra de castiñeiros, teixos, acivros, carballos…
Anxo Moure e toda a súa familia, grazas, mil grazas por recibirnos con tanto agarimo.

Tedes que ir!!! Co colexio, ou en familia. Sempre programan unha chea de actividades; contos na casiña da árbore, excursións polo bosque, cinema no palleiriso , música das árbores, paseos en barca polo río,… xogo libre!!!!

Ata o próximo conto!!

Nanocontos en Muxía ao solpor

Onte foi para min unha honra inaugurar con “A viaxe de Nano” as actuacións da Praza do Coido en Muxía, chamada agora a Praza do Voluntariado. Fermoso lugar para contar cando chega o solpor. Ata o próximo conto!

(As fermosas fotos son de Daniel Piñeiro)

A viaxe de Nano en Aranga

Hoxe estiven con “A viaxe de Nano” no CEIP A Castellana en Aranga (A Coruña).  Na foto, Nano agardando polas crianzas que están no campamento de verán.

X