Travesías en Laguna de Duero

Hoxe comeza a miña xira por terras de Castela e León: Valladolid, Salamanca e Zamora.
Alá vou cargadiña de contos para pequenas e grandes.

Primeiras Travesías na Biblioteca de Laguna de Duero. As familias embarcaron nos libros para viaxar lonxe e vivir aventuras de mulleres e nenas valentes, sen medo…

Nano canta croac en Betanzos

Menudo chou montou Nano, ao chou!!! Para as familias de Betanzos.
Grazas por vir para seguir medrando en galego. Temos novo espazo, diáfano, espacioso e ventilado.
Grazas ao Concello de Betanzos, a Normalización Lingüística e tamén á Deputación da Coruña.

 

Cinema Marabillas en Lugo

Esta tarde no Museo Interactivo da Historia de Lugo as familias gozaron vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura.
O obxectivo de Cinema Marabillas e facerlles ver ás crianzas e as súas familias que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneiras. Que descubran que o cine mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida.
Non faltará aventura, humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación.

 

 

Somos iguais en Silleda

Somos iguais en Silleda

Que tripulación máis riquiña e valente atopei na Biblioteca de Silleda, fomos na procura de contos que falan de igualdade. Houbo debate, iso é bo!!  Grazas Teresa e Mónica!! Grazas por seguir pelexando polas actuacións presenciais. Ata o próximo conto!

O xornal La Voz de Galicia, fíxose eco da actuación:

Estrea de Arredor de Xela

Aló imos, de estrea!!! “Arredor de Xela”, unha homenaxe á vida e obra de Xela Arias.
Festexaremos o Día Internacional do Libro e da Lectura con Xela. Será nos coles de Betanzos o 21,22 e 23 de abril.
A pedalear somnambuleando!!!
Grazas a Deputación da Coruña e ao Concello por contar comigo un ano máis.

 

 

 

 

O segredo do tendal en Ribeira

Hoxe en Ribeira…
Arredor dun tendal desgranáronse un feixe de contos de xigantes e bruxas, con títeres e pantomima onde todos, grandes e pequenos colaboramos nas historias. E ao rematar Lia e a súa nai regaláronme un libro!! “Unha bruxa ben rara”de Carlos Mosteiro, un gran escritor e bo mestre!! Grazas!!!
Ata o próximo conto e grazas por seguir programando!!

 

X