Salon do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

E así foi Raposadas na Illa do Covo, un fermoso espazo, un día solleiro, un público entregado… Que máis se pode pedir!! Mañá comeza a miña xira polos cole, nesta XXII edición do Salon Interacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

(As preciosas fotografías son de Andrea Area)

Adoro a Orbil, está feito todo un actor!! Moitas aventuras vivimos esta mesma mañán na versión en streaming de Raposadas para os colexios desde o Salón do Libro TV. Tivemos que nos librar dun cazador (grazas Mar) Grazas, Juan e Jose pola paciencia con toda a bicharada!!

 

 

Travesías no Museo Etnográfico de Castilla y León

E remato a miña intensa xira por Castela con dúas Travesías para as familias que embarcaron no Museo Etnográfico de Castilla y León de Zamora.

Esta fabulosa viaxe foi tamén posible grazas a miña gran “Cicerona”, amiga e narradora Charo Jaular: os mellores momentos non sempre se contan 🙂

 

 

Raposadas e Palabras na boca en Zamora

Dobre función na Biblioteca pública de Zamora, foi unha antigua igrexa…
Moi ben acompañada estiven polas crianzas e as persoas adultas con fame de historias!!
Zamora enamora!!!

 

Fotografía de JOSÉ LUIS FERNÁNDEZ (La Opinión de Zamora)

 

Fotografía de JOSÉ LUIS FERNÁNDEZ (La Opinión de Zamora)

 

“Palabras en la boca” na Biblioteca Torrente Ballester de Salamanca

Esta tarde na Biblioteca M. Torrente Ballester con meu espectáculo de narración para adultos Palabras en la boca.
Pasei a miña nenez escoitando as lendas que contan as pedras de tempos máxicos e remotos. Palabras na boca da miña nai, palabras na boca da miña avoa, palabras que me alimentaron e fixéronme crecer. Deambulando entre historias vividas e lidas, namoreime. Palabras na boca traio para compartir e urdir relatos coa miña voz… e coas miñas mans.

Travesías en Villamayor

Hoxe imos de Travesías á Biblioteca Pública de Villamayor en Salamanca. Ás 19h zarpamos!!
Bravo polas bibliotecas que seguen programando contos en formato “real-presencial”. Alá vou, Manuel!!’

 

 

Travesías en Tudela de Duero

Hoxe 27 de abril, arribei á Biblioteca Pública Municipal de Tudela de Duero.
Grazas por contar comigo e grazas tamén por seguir a programar contos para esta tripulación tan imaxinativa e ventureira! Ata o próximo conto!!!

 

X