A maleta da avoa en Cee

É fermoso atopar nenas de 78 anos que tamén xogaron con bonecas de millo. Iso me contou María. Tamén me dixo que lle rifaban por xogar con elas por que botaba os carozos de millo a perder e ademais lle dicían que podía coller piollos, ha, ha!

Un pracer actuar no salón de actos do Concello de Cee, no marco da programación de Cee, á escena! que organiza este concello.

A maleta da Avoa nas piscinas de Verín

Foi unha moi refrescante representación do espectáculo de contos A Maleta da Avoa, nas piscinas municipais da Granxa de Verín.

Grazas á Biblioteca Municipal de Verín, que cada ano organiza a Bibliopiscina, para achegar os libros os rapaces, puiden ten o honor de actuar de novo miña propia terra!


Nanocontos na Escola Infantil Rubido Romero

A Escola Infantil Rubido Romero (Proxecto Educativo Antares) de Santiago de Compostela convidou a Nano e os seus Nanocontos á festa que organizaron para despedir curso 2014-2015:

No verán… un conto en Vigo

A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, e o Centro de Interpretación da Oralidade organizan unha morea de actividades baixo o nome No verán.. un conto. E así se fan rular polas rúas, prazas, parques, areais… e illas de Vigo contos, regueifas, monicreques, cancións, lendas…

O espectáculo escollido para este programa foi Mariña. Contos nacidos no mar. Mariña foi unha serea galega que viviu entre nós hai moitos anos. Ao seu fillo contáballe lendas e mitos dos seres mariños que poboaban os fondos do mar. Agora sae da auga e chega a Vigo para compartir todas as súas historias con nós:

No Centro de Interpretación das Illas Atlánticas, o 18 de xullo:

Na Praza da Miñoca, o 13 de xullo :

No Parque de Castrelos, o 8 de xullo

No Calvario (diante do Mercado), o 6 de xullo:

E o 2 de setembro, Mariña regresará á Praza da  Independencia, ás 8 da tarde!

Historias da Maletra en Ribadeo

As Historias da Maletra chegaron o parque San Francisco de Ribadeo, onde un numeroso público gozou deste espectáculo de contos. Está actividade contou co apoio do programa Cultura no Camiño da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e Turismo de Galicia.

Entre planetas no CEP Salustiano Rey Eiras de A Pobra

La

As asociacións de nais e pais “O Areal”, “Cadreche” e “Bandaseca”, da Pobra do Caramiñal, organizaron a I Noite da Ciencia, que se celebrou este sábado 11 de xullo nas instalacións do CEP Salustiano Rey Eiras.

As familias acamparon nas instalacións do colexio, e puideron gozar das seguintes actividades: un taller sobre morcegos, o meu espectáculo de contos Entre Planetas, un concerto do grupo Serendipia e pola noite unha observación astronómica guiada polo Observatorio Astronómico Ramón Maria Aller da Universidade de Compostela.

X