A Orixe en San Sadurniño

Os rapaces de segundo e terceiro de educación primaria do  CPI San Sadurniño acudiron esta mañán a Biblioteca Municipal a escoitar con moita atención os contos do espectáculo  A Orixe. Esta actividade foi realizada no marco do programa Ler conta moito.

A Orixe en Arcade (Soutomaior)

A Orixe, o espectáculo de contos e manipulación de obxectos chegou á Biblioteca Pública Municipal de Soutomaior, en Arcade, onde me agardaba un público desexoso de viaxar coas historias:

A Orixe en Louro

A Biblioteca de Louro (Concello de Muros) acolleu a representación de A Orixe, un espectáculo de narración oral e manipulación de monicreques e obxectos, dentro do programa Ler Conta Moito. Sempre é un pracer regresar a esta costa, xa que en Louro vin o mar por primeira vez cando tiña 8 anos!

Inaguración da Casa das Letras de A Estrada

Inaugurouse hoxe sábado 14 de marzo en A Estrada a  Casa das Letras: o edificio que fora o antigo colexio da vila, acondicionouse para ser a nova sede da Biblioteca Municipal, ademais de aspirar a converterse  nun referente cultural no Concello.

Día Internacional da Muller Traballadora

Baixo o lema: “Mulleres en loita, xuntas contra a desigualdade”, a Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller do Concello de Vigo, organizaron una serie de actos con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres. Foi un pracer contar contos sobre a igualdade de xénero e a non discriminación das mulleres na Praza da Constitución.

X