A Maleta da Avoa en Redondela

Foi todo un pracer acudir nesta soleada tarde de primaveira a Redondela e ver a biblioteca chea de rapaces que agardaban escoitar os contos de A Maleta da Avoa.

Esta función contou co apoio do programa Ler Conta Moito.

A Maleta da Avoa en Riveira

Día de feira en Riveira, e que mellor que rematar a mañán no Centro Cultural Luestres Rivas, escoitando os contos de A Maleta da Avoa?

O sábado, 16 de maio ás 12.00 h a Biblioteca de Riveira encheuse de nenos e nenas (e tamén de mamás, papás, avós, avoas…) que miraban curiosos para a misteriosa maleta. Comezou Raquel a contar cousas, a cantar a falar, e o público cos ollos arregalados viu como aparecían bonecas nacidas das mazarocas do millo ou culleres de pau que falaban coma nenas.

Está actividade contou co apoio do programa Ler Conta Moito.

A Maleta da Avoa en Foz

Continuo a viaxar por toda Galicia grazas á Maleta da Avoa, e asi chequei a Biblioteca Municipal de Foz, para celebrar o Día das Letras Galegas.


A Maleta da Avoa en Nigrán

O público da  Biblioteca  Municipal de Nigrán recibiu con entusiasmo os contos que xurdían da Maleta da Avoa, nunha actividade patrocinada polo programa Ler Conta Moito.

Mariña no Aquarium Finisterrae (A Coruña)

Entre abril e xuño lévase a cabo Contos que saben a mar, dentro das actividades do Festival Marea Alta:

Algúns dos mellores contadores e contadoras de Galicia desembarcan no Aquarium Finisterrae para mergullarnos en historias onde o mar, cos seus personaxes e lendas, é o auténtico protagonista. E para gozar do océano con todos os sentidos, os seus contos estarán acompañados da degustación de exquisitos produtos mariñeiros elaborados por empresas galegas que traballan con criterios de sustentabilidade.

Tiven o pracer de contar Mariña, contos nacidos no mar, da man das Galletas Mariñeiras Daveiga. Todo un gusto coñecer tanto a estas deliciosas galletas como os seus creadores, Lugar da Veiga SLL quenes mostran un grande interese pola responsabilidade social da súa produción e pola elaboración ecolóxica dos seus deliciosos produtos.

 

 

X