Caso Pechado no I.E.S. Leixa de Ferrol

Hoxe venres 27 de novembro, ás 10.35 horas, achegueime o IES Leixa de Ferrol para compartir co alumnado de Bacharelato e FP básica a miña fascinación polas historias de terror, misterio e o cine negro. As mozas e mozos foron os protagonistas, tanto axudando a resolver os casos como recreando as situacións nas que tiveron lugar os sucesos:

Se interesase nalgún lugar máis a miña labor de investigación non dubiden en contactar comigo.

Contos pola igualdade en Cee

A Casa de Cultura de Cee, acolleu o espectáculo de contos pola igualdade: “Somos Iguais”. Participou todo o alumnado de educación infantil de todos os centros escolares do concelllo de Cee (incluídas as unitarias de Brens e Pereiriña). Que ben o pasamos!!
Esta actividade foir organizada pola Concellería de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego en colaboración co CIM e co Centro Social Municipal, con motivo do dia 25 de novembro: “Dia Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero”

A Maleta da Avoa no CEIP Campomaior de Ordes

A Maleta da Avoa continua a viaxar por toda Galicia, e hoxe chegou ao CEIP Campomaior de Ordes. As nenas e nenos de educación infantil seguiron con moitísimo interés as historias que xurdian da maleta.

Nano Canta Croac

Nano canta croac cando está contento, pero hoxe está moi calado. Que lle pasa a Nano?
As veces non é doado saber como nos sentimos.  Estamos tristes ou  anoxados?
Averigüémolo.

Nano canta croac é un conto musical para axudar aos máis pequechos a expresar como se sinten.

A Maleta da Avoa en Gondomar.

Multitudinarias tres funcións de A Maleta da Avoa na Biblioteca Pública de Gondomar. Os rapaces de infantil e  primeiro ciclo de primaria dos colexios do Val Miñor moi ben o pasaron. E eu tamén!

Este evento foi organizado pola asociación Espazo Lectura, que tan bo traballo a prol do do fomento da lectura está realizando dende fai anos.

A Maleta da Avoa na Biblioteca de Meis

Con que ledicia cheguei coa Maleta da Avoa á Biblioteca Pública de Meis, onde xa tiña pendente dende fai tempo unha visita que sempre se tiña que pospoñer por culpa da miña axenda.

Todo un pracer contar para un público tan entregado!

X