O Segredo do Tendal en Santiago de Compostela

Fermosa representación de O segredo do tendal nun recuncho máxico do Parque de Vista Alegre en Santiago de Compostela. Esta actividade enmárcase no  programa CULTURA NO CAMIÑO, organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia.

Grazas a todas por compartir o segredo!

Maratón viaxeiro de Guadalajara 2016

“La poesía anda por las calles” é o tema do Maratón de los Cuentos de Guadalajara de este ano 2016. O tema e ese texto extráese dunha das frases que dixo Federico García Lorca nunha de tantas entrevistas que lle fixeron, é esta:

“La poesía es algo que anda por las calles. Que se mueve, que pasa a nuestro lado. Todas las cosas tienen su misterio, y la poesía es el misterio que tienen todas las cosas” Federico García Lorca

Tiven a sorte de ser seleccionada como unha das narradoras que iría repartindo contos e poesía no “Maratón Viajero de los Cuentos”, consiste en ser a narradora convidada nas diferentes localidades da provincia de Guadalajara para amenizar os maratóns que organiza cada biblioteca.
O 10 de xuño ás 18h deu comezo o maratón da Biblioteca de Yunquera de Henares no Centro Cultural Miguel de Cervantes, alí me agardaba Nines a bibliotecaria xunto a todo o Clube de Lectura. Polo escenario desfilaron historias contadas polos nen@s, mamás e papás, mozas e mozos de educación especial, avos e avoas, etc

Que ben o pasei, emocións a flor de pel para sempre . Grazas por escoitar e compartir poemas, contos , romances, e raps!!!

O sábado 11 de xuño pola mañá adentreime no Universo da Biblioteca de Yebes-Valdeluz. Un lugar que ben podía sair nun dos relatos do meu admirado Roal Dahl. Por fóra non semellaba unha biblioteca, é un barracón que fai tempo foi un restaurante. Agora é unha biblioteca ampla e fermosa que levou o premio este ano a mellor biblioteca de Castilla La Mancha, grazas a gran labor dinamizadora do seu bibliotecario Álvaro, un rapaz con moito maxín que logra xunto a un pequeno grupo de voluntarios crear unha chea de actividades onde todos están integrados. Durante o mini-maratón ademáis de divertirme moito coas representacións e contos dos máis pequenos e dos adultos vimos unha curta feita por AFAUS pro salud mental, moitos deles escribiron poemas que enchían o fermoso mural que nos respaldou durante todo o Maratón.

Estas fermosas fotografías son de Mausba Foto

Pola tarde achegueime a Quer, unha pobo pequeno de 700 habitantes, alí o Maratón foi o aire libre, diante da igrexa. Mirian, a bibliotecaria e Laura a concelleira estaban preparando todo, o público tiña fame de contos e poesía. Aquí vos deixo unha entrevista que me fixeron.

Vin coa MALETRA cheíña de historias novas para contar…
Grazas á organización do Maratón de los Cuentos de Guadalajara por contar comigo un ano máis, ogallá o ano que ven volte por alá! e grazas por convidarme tamén ao Maratón de Guadalajara, este ano por traballo non puiden ir.

Encantoume unha exposición que vin en Guadalajara, no Palacio do Infantado, dentro do Museo, unha mostra con obxectos  de etnografía e de coleccións  privadas que evocan 25 contos clásicos .

Dia das Letras Galegas 2016

Co gallo do Día das Letras Galegas deste ano tiven a sorte de contar e actuar en varios colexios, teatros e bibliotecas. Aquí vos deixo imáxenes dunha de tantas co meu novo espectáculo ROMARÍA.

Na ROMARÍA xuntouse unha pandilla boa! ao rematar todas e todos en pé pedindo outra, outra, outra lenda!!! Será por lendas… 😉

CEP Neira Vilas ( Peitieiros / Gondomar )
Grazas profes e a Marga pola confianza!!!

Contos pola igualdade en Palmeira

Que ledicia contar contos pola igualdade no Colexio Público Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria de Palmeira, gracias á invitación da Asociación de Nais e Pais:

 

A Orixe en Noia

Hoxe 19 de abril, o espectáculo de narración oral A Orixe chegou áa Biblioteca Pública Municiapal de Noia, onde nos divertimos cativos en non tan cativos, coas historias recollidas en diversos recunchos do mundo.

 

X