3 xuño , 2017
Este sabado 3 de Xuño, a Biblioteca Infantil e Xuvenil Durán Loriga de A Coruña rematou por este curso as actividades dirixidas ós bebés, os bebencontros. Foi para min e para Nano, un enome prazer acudir cos Nanocontos, a despedir ata despois do verán esta fermosa actividade.
18 maio , 2017
Un día completiño! Pola mañá Romaría no Auditorio de Covelo e pola tarde Cocorocó na Biblioteca Municipal de Dodro. Mañá máis…
7 abril , 2017
Foi un auténtico pracer ir o CPI Dr. López Suárez de Friol (Lugo) para impartir un obradoiro de iniciación na arte de contar contos.
Así o contaron no blog da biblioteca do CPI Dr. López Suárez:
O venres, día 7 de abril, tivemos unha visita de luxo. A actriz, contacontos e titiriteira Raquel Queizás viaxou ata as nosas terras para ofrecer ao alumnado da Eso un obradoiro de iniciación na arte de contar contos. Despois de crear un clima distendido e propicio para a desinhibición, mostrounos unha chea de técnicas e recursos para dar vida aos personaxes das historias, ensaiando distintas tipoloxías mediante a expresión oral e corporal. Ao final desta sesión o alumnado converteuse no verdadeiro protagonista, deixándonos ver nalgún caso que, con traballo, poderán chegar a ser grandes contacontos.
Na segunda sesión o alumnado da Eso deixou o escenario para se converter en público e observar todo o aprendido na hipnótica actuación de Raquel diante do alumnado de Infantil. Ofreceu contos tirados das lendas, centrándose nos seres mitolóxicos da tradición galega, concretamente, trasnos e meigas.
E agora, o reto: o alumnado da Eso terá que se preparar para facer unhas contadas aos cursos de infantil nunha sesión no mes de xuño, día aínda por determinar. Ánimo a tod@s!
Agradecementos a Raquel por esta xornada, e recordemos o seu consello para lograr namorar cos contos: moita preparación e sentir o pracer pola transmisión oral
(enlace ao blog da biblioteca do CPI Dr. López Suárez)
6 decembro , 2016
Hoxe, 6 de decembro estiven coa Maleta da Avoa coma equipaxe na Casa da Cultura de Silleda. Así de ben o pasamos:
23 novembro , 2016
Doble sesión de Caso Pechado na Casa Cultura de Coristanco. Os misterios quedaron resoltos e os casos pechados gracias á sagacidade das mozas e mozos de Coristanco.
18 novembro , 2016
A serea Mariña chegou polo mar cos seus contos as costas da Escola de educación Infantil Fernández Varela de A Pobra do Caramiñal.