Ven a Conto no Museo Interactivo da Historia de Lugo

Fermosa escoita atopei no Museo Interactivo da Historia de Lugo, coma parte da programación Brinquedos de Nadal . Antes da actuación houbo  xogo libre no mesmo recinto con moitos brinquedos divertidos: monicreques, xogos de construción, libros de contos…. Grazas familias. Moito unen os contos!

 

Ven a Conto en San Cibrao

Moi fermosa labor fai a Asociación de Mulleres de San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo programando actividades para as familias. Hoxe 23 de decembro, grazas a elas todas e todos viñeron a coñecer as historias que nacen en Ven a Conto.

Historias da Maletra en Vigo

Así de ben comezo a primeira das catro funcións de contos que realizarei na carpa instalada polo Concello de Vigo na rúa Teixugueiras en Navia. É un pracer atopar un público tan desexoso de escoitar historias. Hoxe comecei con Historias da Maletra. E haberá máis visitas durante estas festas:

24 de Decembro as 11:00  A Maleta da Avoa
25 de Decembro as 11:00 Romaría
31 de Decembro as 12:00 Ven a Conto de Nadal

Pasade unhas boas festas!!!

Ven a Conto de Nadal en Esteiro

Esta tarde visitei a Biblioteca de Esteiro, con Ven a Conto de Nadal.

Caen as primeiras folerpas sobre a vila de Conto. As nenas e os nenos agardan a visita do Carboeiro.

“Hai moito tempo os mellores agasallos os traía el”-conta a señora Teresa, mentres almorza galletas sen presa. Traíanos castañas para comer, enredos de madeira para xogar e carbón, si, carbón para non pasar frío…”

Xogo a que Conto se chama esa vila na que eu moro, onde os paxaros libro me contan historias dos veciños e as veciñas. Historias para vencer a soidade, para resolver conflitos de forma positiva, para gañar amigos e perder inimigos. Todas e todos merecemos unha oportunidade para ser mellores.
Ven a Conto e cóntoche…

O deseño de cartaz e da fermosa escenografía do meu amigo Juan Juste, o Supervillano.

O Segredo do Tendal en A Coruña

Chsss!! Esto é un fermoso non parar…Será que se achega o Nadal? Este domingo 17 desvelei O Segredo do Tendal na Carpa situada na Praza de Maria Pita de A Coruña

X