Somos Iguais en Betanzos

Hoxe fixen unha campaña escolar nos colexios de Betanzos CEIP Francisco Vales Villamarín e CPR Nosa Señora do Carme Atocha con SOMOS IGUAIS. Para lembrar e non esquecer:

“Todas as persoas debemos ter os mesmos dereitos e oportunidades, independentemente do sexo co que nacemos”

 

 

O Segredo do Tendal en Cambados

O Segredo do Tendal en Cambados

Secou ben a roupa, o tempo pasa voando en tan boa compaña. Grazas a todos por vir ao Auditorio de Cambados! Por certo, fuxiu unha toalla, ou era un can de palleiro?

O xornal La Voz de Galicia anunciou o espectáculo

Nanocontos en Ourense

Nanocontos en Ourense

Croa, croa!! Cullarapiñas e cullarapiños e tamén ras, este venres 2 de febreiro estivemos Nano e eu, grazas ao Apego, en Ourense, inaugurando a nova tempada do Auditorio Municipal.

O xornal La Región reseñou o espectáculo na súa edición do día 2 de febreiro:

 

Raposadas no Museo do Pobo Galego

Unha raposa chegou ao Museo do Pobo Galego para brincar un chisco coas nenas e cos nenos que nos veñen visitar.  Contoulles un montón de historias. Algunhas que lle ocorreron a ela, e outras que escoitou no monte onde ela vive. Ben, onde vive decotío, porque este inverno parece que vai quedar a carón da lareira do Museo…

Un día fabuloso para facer Raposadas con Coidado no Museo.

Para coñecer como somos, aprendendo a vivir co futuro que aniña nos ollos das crianzas. Respeto pola nosa identidade, polos nosos animais, pola nosa lingua, pola nosa tradición. Entre contos, adiviñas e xogos medramos mellor!

-Que fame!, Cheira a sardiñas! Monchooo, queremos merendar!

-Chsssssss! Non fagades barullo, raposas e raposos. Mirade que xoguetes tan divertidos fixeron as nenas e os nenos na aldea.

-Si, si. O cabaliño está feito con follas de millo.

-Fágamos a última raposada, que non a derradeira!

Continuará….

Campañas escolares no Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, xaneiro, febreiro e marzo de 2018.

 

 

 

 

 

 

Cocorocó nos colexios de Narón

Cocorocó nos colexios de Narón

Cocorocó estivo de xira este decembro polos centros de educación infantil do Concello de Narón: CPR Jorge Juan, CPI do Feal, CEIP da Gándara, CEIP Virxe do Mar, CEIP Piñeiros, CRA de Domirón, CPR Santiago Apóstol, CPR Ayala, CEIP A Solaina, CRA de Pedroso e CRA O Val foron os escenarios onde tiveron lugar as aventuras da nosa peculiar galiña azul. Preto de 600 alumnos de educación infantil asistiron ás 11 representación de Cocorocó que tiven o pracer de realizar desde o día 11 ata o 19 de decembro, grazas á iniciativa da Concellería de Ensino do Concello de Narón.

A Viaxe de Nano en A Coruña

E xa remantando este intenso ano 2017, Nano fai a súa viaxe na Biblioteca Pública Miguel González Garcés en A Coruña. Así de ben o pasamos:

 

X