Chimpo de ra en Tordoia

Así de ben o pasamos con Chimpo de ra no Punto de Atención a Infancia de Tordoia.

Grazas ao Concello de Tordoia e a Deputación da Coruña por facelo posible!

 

 

Na túa man no CEIP Mondariz Balneario

Continuamos coas celebracións e reinvindicacións do 8 de Marzo, o Día Internacional da Muller. Moito foi feito, mais inda queda moito por facer.

Grazas ao profesorado no CEIP Mondariz Balneario por contar comigo!

Neste espectáculo de narración Na túa man, desmitificamos o mal chamado “amor romántico” para darmos a coñecer o fenómeno da violencia de xénero, incidindo nas causas, tipos e consecuencias. Viajamos na procura de novos modelos saudábeis de parella. Atopamos mulleres fortes e decididas, e homes que poden expresar outras emocións que non sexan a rabia e a ira, que está ben mostrar tenrura, e que coidar tamén é cousa de homes.

O cambio está nas nosas mans, o cambio está NA TÚA MAN!

 

 

 

 

Somos iguais e Na túa man no Pereiro de Aguiar

Moitas grazas o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello do Pereiro de Aguiar por seguir programando en prol da igualdade: 2 sesións de Somos iguais e 1 de Na túa man no CEIP Pecalama (6 de marzo) e 1 sesión 1 de Na túa man no  Colexio Guillelme Brown (12 de marzo)

Grazas tamén polas fermosoas verbas:

A ARTE DE CONTAR HISTORIAS: RAQUEL QUEIZÁS. A comunidade educativa do Pereiro puido gozar da maxia e poder narrativo da contadora de historias, Raquel Queizás, quen cos espectáculos “Somos iguais” e “Na túa man” encandeou a alumnado e profesorado dos centros educativos do Pereiro.

Ela, como poucas, sabe utilizar o poder da palabra para atrapar ao seu público e mergullalo na tradición da que aprendeu de nena, escoitando da súa avoa as historias que agora se encarga de transmitir. Nos seus espectáculos o público é un elemento fundamental que entra a formar parte da historia, a participación activa e o humor son sempre pezas crave.

(Publicación no FB do CIM Pereiro de Aguiar )

 

 

 

 

 

Na túa man en Sabarís, Baiona

Foi todo un pracer levar o espectáculo “Na túa man” ao espazo multiusos de Sabarís, dentro da programación Baiona Lila, no marco das conmemoracións do Día Internacional da Muller.  A igualdade é razón!

 

 

 

 

X