Pontevedra Viva Radio. A Playlist de… Raquel Queizás

Pontevedra Viva Radio. A Playlist de… Raquel Queizás

Dez cancións (hai moitas máis) que “debuxaron” a miña vida.
Nunca esquecerei este conversa con Marisa Ciordia, unha gran profesional de Pontevedra Viva, tan amable, intuitiva, graciosa e elocuente!! Parecemos dúas amigas que se poñen ao día despois de moito tempo sen verse. Grazas!!

Un cachiño de min, para quen queira escoitar ou oir:

“Nesta Playlist cóntanse moitas historias. A dunha nena á que marcaron inexorablemente as cancións e historias que a súa avoa cantáballe e contaba na pequena aldea de Queirugás. A dunha pequena que con cinco anos fixo unha viaxe de ciencia ficción… a Suíza. A de “Queliña” a meniña que hiptonizaba galiñas.”

“Segue conservando a esencia da nena que foi, que conformou a muller que é hoxe. A que lle acompaña nas súas sesións de contacontos e nas que incluíu a María Victoria Moreno coa súa Ruta propia”. Así que pasen cinco anos, como diría Lorca e ben lembra Raquel Queizás en PontevedraViva Radio, merecerá a pena seguir escoitándoa contar historias, a súa ou a dos seus contos.”

Entrevista en Onda Cero Pontevedra

Entrevista en Onda Cero Pontevedra

Aquí vos deixo a entrevista que me fixo Susana Pedreira de ONDA CERO para falar de Ruta Propia, a miña particular homenaxe a María Victoria Moreno. En A TERESITA, o seu coche, percorreremos colexios, bibliotecas, prazas…

Entrevista na Cadena Ser

Entrevista na Cadena Ser

Conversa que mantiven o 24/11/2014 con Pep Bruno e Juan Solo no programa da Cadena Ser Hoy por Hoy Guadalajara, na que narro (en castelán) Mariquiña, unha historia tradicional galega. Pódese escoitar o programa completo no blog de Pep Bruno Por los caminos de la tierra oral.

 

X