Caso Pechado nas Escolas João de Meira de Guimarães, Portugal
Hoxe, 14 de abril, a atmosfera do cine negro e o suspense trasladouse ás Escolas João de Meira (Guimarães, Portugal). Non foi unha clase de español calquera; foi unha auténtica sesión de investigación, lendas urbanas e moito misterio coa miña proposta de narración oral Caso Pechado. Nesta experiencia, o alumnado deixou de ser espectador para converterse en investigador activo.
Da man dunha detective, fomos explorando relatos de terror contemporáneo que nos fan dubidar da realidade, ao tempo que se fomentaba a escoita crítica e se espertaba a imaxinación para conectar cos nosos medos e curiosidades máis profundas.
Quero destacar o comportamento exemplar e a participación da mocidade de Guimarães. É un verdadeiro luxo comprobar como o misterio segue a ser unha ferramenta tan poderosa para conectar xeracións.
Tampouco podo esquecer o marabilloso acollemento por parte do profesorado. Grazas de corazón polo agarimo, pola impecable organización e polo regaliño. En especial, á profe Isabel, pola súa enerxía e por facer todo tan doado, e ao profe José, polo seu apoio, pola complicidade ao longo de toda a xornada e por contar comigo. Grazas, Guimarães, por axudarme a pechar este caso xuntas!!


