Caso pechado en Fafe (Portugal)
Hoxe descubrín un fermoso Teatro Cinema en Fafe, Portugal. Grazas ao concello de Fafe e a profe Sthèphanie da escola Professor Carlos Teixeira contei o meu “Caso pechado”para máis de 300 adolescentes. Estiveron moi atentas para resolver os diferentes casos literarios de terror, suspense e misterio.