Buscando a Rosalía no CEIP Mestre Martínez Alonso

12 marzo, 2023

Hoxe estiven contando “Buscando a Rosalía” para a rapazada de 2º de primaria do CEIP Mestre Martínez Alonso de Mos. A obra realizada polo alumnado de 2º A foi unhas das gañadoras do concurso de Rosalía organizado pola Deputación de Pontevedra. Asistiron á función coa súa profe de “Arts and Crafts” Alba Alonso Feijóo, e coa deputada de cultura @victoria.alonso.mos #deputaciondepontevedra Que artistas!! Parabéns!!! Foi unha honra ser o voso premio!! O 26 de abril contarei no outro centro educativo gañador. Grazas á Deputación de Pontevedra por contar comigo!!!

 

 

 

X