Buscando a Rosalía no CEIP Antonio Fernández López de Oural

23 febreiro , 2026

Hoxe celebramos o aniversario de Rosalía en Oural (Sarria)

Que mañá tan entretida pasamos no CEIP Antonio Fernández López de Oural coa miña contada “Buscando a Rosalía”. Non hai mellor data ca hoxe para lembrar a nosa poeta universal, aquela que sempre estivo orgullosa da súa terra, da súa xente e da nosa lingua.

Unha maleta viaxeira…

 

A maxia agardaba dentro dunha maleta. Pouco a pouco, fomos descubrindo follas escritas que gardan a alma da nosa terra, chapeus e panos que nos contan historias de antano e moitos misterios por resolver.

A miña nai non era triste. Nada diso. Moi alegre, sempre estaba de broma e tiña verdadeiro enxeño para dicir ocorrencias. Non, non era triste. A miña nai era moi alegre, coma un raio de sol.

Alexandra Murguía de Castro

 

A rapazada de Oural estivo de dez: non perdeu ollo de nada e foi peza clave para axudarme a desvelar cada segredo. É un orgullo ver como as novas xeracións conectan con Rosalía con tanto entusiasmo e respecto.

Grazas infinitas a Laura, a todo o equipo de mestras e, por suposto, a cada un dos nenos e nenas por contar comigo nun día tan sinalado. Foi un pracer compartir con vós este día cheo de poesía, identidade e feminismo.

 

X