Buscando a Emilia no Forum Metropolitano da Coruña

13 outubro, 2021

As familias da Coruña que estiveron o mércores 13 de outubro na Biblioteca do Forum Metropolitano pasaron a tarde comigo Buscando a Emilia, dentro dos actos de conmemoración do seu pasamento.

‘A condesiña é filla única. Os seus pais procuráronlle unha educación nada habitual para as nenas da época. Falaba varios idiomas e viaxou por todo o mundo, pero no canto de converterse nunha señorita refinada casadera converteuse, Doña Emilia Pardo Bazán nunha gran escritora, unha muller revolucionaria.
‘Se che din algunha vez que hai cousas que poden facer os homes e as mulleres non, di que é mentira”, díxolle seu pai.
Na súa vella maleta de madeira atopamos os seus libros, os seus escritos, os seus panos, os seus sombreiros, moitos tesouros, segredos e misterios.’

Grazas, Vanesa, por contar comigo, foi unha ledicia abrir a programación presencial da vosa biblioteca.
Grazas tamén polas fotos.

 

 

X