Buscando a Xela, videovisita á biblioteca Xela Arias de Chapela

30 xuño, 2021

Foi un pracer participar neste interesante proxecto: Buscando a Xela: visita virtual á Biblioteca Xela Arias de Chapela
Unha videovisita á biblioteca situada en Chapela, que leva o nome de Xela Arias, e que festexa de este xeito este ano especial dedicado á xenial escritora.

“Buscando a Xela Arias” pretende dar a coñecer dunha maneira divertida e amena á autora a que se lle adica o Día Das Letras Galegas deste año. E de paso tamén podedes facer unha videovisita á biblioteca fabulosa que leva o seu nome.

Veremos a biblioteca e coñeceremos moito sobre a figura literaria da escritora.

A gravación, montaxe e efectos especiais son obra de Fernando Carreira, e eu encargueime da elaboración do guión, a interpretación e máis a direción.

Grazas ás Bibliotecas de Redondela, ao Concello, á Cultura , e por suposto á Biblioteca Xela Arias de Chapela!!!

 

 

O video tuvo unha moi boa acollida entre os centros educativos, chegando a preto de 2000 visualizacicións. Gracias aos colexios que nos enviaron fotos nos momentos que estaba a ver o video nas clases (CPR María Inmaculada (Verín), CEIP Xunqueira 1 (Pontevedra), Colexio de Verducido (Pontevedra), Colexio de Campañó (Pontevedra), CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén, C.R.A. Monterrei (Ourense), Santa María do Castro (Boiro), CEIP de Quiroga (Lugo), O Ruxidoiro (A Valenza-Ourense), C.P.R. Colexio Vigo (Redondela), IES Félix Muriel (Rianxo), CEIP Vales de Villamarín (Betanzos), IES Xesús Taboada Chivite (Verín), e 1° curso do C. S. de Animación Sociocultural e Turística do CIFP de Ourense)


Moitas grazas tamén a Manuel Bragado polas suas verbas sobre este traballo:

 

E aquí unhas fotos da rodaxe:

 

X