Dámoslle vola ao conto en Ribadumia

Hoxe, as familias de Ribadumia, coñeceron a miña heroína, a miña avoa Bríxida e as súas aventuras e contos en Dámoslle voltao Conto
Grazas ao Concello de Ribadumia por contar comigo.

Cinema de historias da man de Alice Guy en Nigrán

A rapazada do Ceip Humberto Juanes quedou fascinada ao coñecer a historia da gran Alice Guy
Grazas, profes, directora por tanto agarimo e polo agasallo. Grazas ao Concello de Nigrán pola confianza no meu traballo!!

Visibilizar o contributo das mulleres ocultas durante séculos é importantísimo e moi necesario para medrar con referentes femininas e poder vibrar en harmonía como mulleres libres.

Alice Guy foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, directora, deseñadora de vestiario, cámara, produtora, cómica, maga e moito máis…

Travesías no Teatro del Andamio

Que tripulación tan aguerrida e aventureira embarcou hoxe comigo en Travesias . Grazas a Fran e Tatiana do Teatro do Andamio de A Coruña por contar comigo!!!

Na túa man. Contos pola igualdade

Estrea en Caldas de Na túa man. Contos pola igualdade

Grazas profes e rapazada pola agarimosa acollida.
Grazas ao Concello de Caldas de Reis e ao Centro de Información á Muller, Ana, por seguir confiando en min.

“NA TÚA MAN. Contos pola igualdade”

Nellie Bly foi a primeira reporteira de periodismo de investigación e pioneira do xornalismo encuberto. Remexeu as conciencias coas súas atrevidas e perigosas reportaxes.
Aquela mañá por baixo da porta da reporteira entrou unha nota anónima, “na túa man” poñía…
Ao longo dunha inesperada investigación iremos descubrindo historias e relatos para poñer en valor o respecto , a tolerancia, e a comunicación dentro das relacións entre as persoas.

Desmitificaremos o mal chamado “amor romántico” para dar a coñecer o fenómeno da violencia de xénero, incidiendo nas causas, tipos e consecuencias.
Viaxaremos na procura de novos modelos saudábeis de parella. Atoparemos mulleres fortes e decididas, e homes que poden expresar outras emocións que non sexan a rabia e a ira, que está ben mostrar tenrura, e que coidar tamén é cousa de homes.
O cambio está nas nosas mans, o cambio está NA TÚA MAN.

Buscando a Rosalía en Noia

Coñecín, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia, unha chea de familias que adoran a Rosalía, moito sabían dela, pequechas e grandes!!

Buscando a Rosalía. Grazas por vir!!! Seguimos a investigar…

Buscando a Rosalía en Boiro

Festexando ando…Buscando a Rosalía: dúas sesións escolares na Casa da Cultura de Boiro.
Parabéns, Rosalía. Sempre viva!!
Grazas unha vez máis, Elena, Sebas, Concello de Boiro por contar comigo…

A viaxe de Nano no Colexio María Inmaculada de Verín

Que honra inaugurar a nova biblioteca do meu antiguo cole. Que bonitiña é, antes era o ximnasio.
Foi unha ledicia atoparme con algúns dos meus compis, e amigas e amigos, agora profes: Sonia Vila , Johny. Grazas Ricardo por pensar en min, grazas tamén a Gerarda, a directora.
O agasallo que me fixestes significa moito para min, ese libro, ese mesmo, marcou a miña nenez.

Moitas grazas polas vosas verbas;

Hoxe foi un día moi especial para os máis cativos do colexio!! Os nenos e nenas de Infantil inauguran a nova biblioteca da man da contacontos Raquel Queizás e o seu espectáculo “A viaxe de Nano”. Unha mañá chea de ledicia, sorrisos e sorpresas. Aproveitamos para mandar una aperta moi cariñosa a Raquel, exalumna do colexio á que sempre nos alegramos de ver e compartir con ela momentos tan especiais.

Biblioteca Vivente “Lévedo lilá”

Foi toda unha honra participar neste fermoso proxecto de Xandobela Educación e Cultura: A Biblioteca Vivente “Lévedo lilá”  que tivo lugar no Muso de Pobo Galego de Santiago de Compostela. Eu fun o Libro 2: “Con dous cornos na testa”

Un proxecto que busca difundir e transmitir a cultura galega, confrontando os prexuízos existentes en torno a ela e rachando ao mesmo tempo estereotipos sexistas, a través do diálogo directo con persoas, os chamados Libros vivos, que representan exemplos de boas prácticas e experiencias innovadoras no ámbito da cultura con perspectiva de xénero: referentes da cultura e das artes galegas que superan os estereotipos por razón de xénero, que os cuestionan de xeito explícito, que deixan pouso, que espertan a curiosidade, o interese e alentan a reflexión. Que supoñan, en definitiva, un lévedo, unha inspiración para poder facer unha lectura da cultura e da sociedade con lentes lilas e construír un relato fundamentado na igualdade e na equidade.

Regresa a raposa ao Museo do Pobo Galego

Que ben se pasa facendo Raposadas no Museo do Pobo Galego contando e escoitando a rapazada e ás mestras. Na casa da Lela alimentan as historias e os froitos da horta, que llo digan o esquío e mailo ourizo…

Son San en Betanzos

Que ben! Volta a programación de “Os sábados miúdos” organizados polo Servizo de Normalización Lingüistica do Concello de Betanzos, E ahí estiven con Son San, un espectáculo de monicreques construídos con materiais de refugallo (vasos e pratos de cartón) e manipulación de obxectos, moi visual e lúdico.

Os contos alimentan! Que llo digan a Xan, quen o viu e quen o ve!! Ata o próximo conto!!!

Nano canta croac en Vigo

Nano xa botaba de menos as amigas e amigos da Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel. Menudo “chou” montou!

Dámoslle volta ao conto en Pontevedra

Moito desfrutei contando para as famílias de Pontevedra onte na Biblioteca. O mellor sempre ocorre ao final, son elxs xs que me contan a min.

Grazas por escoitar e partillar comigo esas historias de vida que sempre serán ouro puro. Nunca morrerán se continuamos contándoas

Grazas Nós Diario:

Nano canta croac en A Baña

Este sábado 15 de xaneiro: Nano canta Croac no Centro Social San Vicenzo de A Baña

Contando na Casiña Máxica dos Contos en Melide

Na Casiña dos Contos en Melide moi ben se pasa contando!! Grazas a Carla a Elfa por ser tan riquiña e o fotógrafo pola reportaxe!! E a vós, raparigas por entrar nas historias que temos tan preto.

Ven a Conto en Bouzas

Foi unha contada ben bonita a de Ven a Conto no Centro Social de Bouzas. Grazas por vivir os contos!! Grazas polas fermosas palabras!!

Ata o próximo conto!!!

O xogo de Nano en Ourense

Nano remata o ano como máis lle gusta, contando e rodeado de novxs amigxs na Biblioteca Nós de Ourense. Que ledicia vervos, familias!
Nano: Ata o ano que vén!! Sede felices e que caian as máscaras dunha vez.

Cinema de historias da man de Alice Guy no MuNCyT

Hoxe 28 de decembro estiven no Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MuNCyT) da Coruña con Cinema de historias da man da gran Alice Guy. Unha sesión entrañable, rodeada de futuras promesas do cinema. Grazas polos vosos aplausos e curiosidades. Agora tócavos a vós contar a súa historia.

Ven a Conto Nadal en Boiro

Hoxe na Carpa Solidaria de Boiro estivemos rodeadas de paxaros libro. Grazas por vir familias a desfrutar de Ven a Conto Nadal. Grazas Pitu e Romina por estar en todo!!! E a Miriam polas fotos!!
Ata o próximo conto!!!

Concerto Sinfónico Solidario Soños

Onte no Concerto Sinfónico Solidario Soños no Auditorio de Pontevedra cumpríuseme un que me fixo inmensamente feliz!!! Actuar coa miña filla Aldara, que xenia!!! É non é só amor de nai.

Non deixedes de soñar!!! Bo Nadal!!!

O agasallo de Lúa no CEIP Amor Ruibal de Barro

Todos temos capacidades diferentes que nos fan únicos, e podemos converter as nosas diferenzas en fortalezas.

Un pracer contar de novo O agasallo de Lúa, contos pola inclusión no CEIP Amor Ruibal  de Barro, un colexio inclusivo.

Ven a Conto por nadal en Esteiro

Fermosa tarde pasamos na Biblioteca de Esteiro. Grazas familias por vir escoitar contos pretiño do lume, si, do lume, ao carón da estufa de pellets.

Dámoslle volta o conto en Cee

Hoxe no o Auditorio de Cee chegou a cativada de 3,4, e 5 anos con ganiñas de contos, pero non contos calquera… Dámoslle volta o conto.
Cambiemos o conto: a valentía é de todos e todas, non está soamente nun xénero.
Xoga cos trebellos que queiras: non hai xoguetes para nenos e xoguetes para nenas. Que non nos marquen un camiño!

Travesías no CEIP de Barrantes (Tomiño)

Hoxe imos de Travesías no CEIP de Barrantes de Tomiño. Tres sesións.

“Agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.”

Mudemos o conto!!!

Somos iguais no CEIP Número 1 de Foz

Moitas nenas e nenos do CEIP Número 1 de Foz agardaban para descubrir Somos iguais . Queda moito que pelexar, pero se unimos as nosas forzas cada día estaremos máis preto.

Grazas por escoitar, grazas ANPA, grazas mestras!!

Somos iguales en Barreiros

¡Hoy aterrizé en Barreiros con mi avioneta lila! Allí, en las Escolas Celeiros de Mariñaos, me esperaban las familias, en el exterior teníamos rayos, truenos y hasta algún copo de nieve

Próximas funcións

abril 2024

2024martes02abrilalldayA orixe en San Sadurniño(Todo o día: martes) Biblioteca de San Sadurniño

2024domingo21abril12:0012:45O Xogo de Nano na Laracha12:00 - 12:45 Biblioteca Municipal de A Laracha

Ver toda a axenda

Falan dos espectáculos:

Ver todas as noticias

X