O eco das pedras en Nigrán

Na nova Biblioteca de Nigrán escoitouse “O eco das pedras”
Arredor da moura nacen os petróglifos e as nosas historias… Grazas, Cris, polas fotos

Festival de Narración Falando a Boca Chea 2022

E seguen os contos!! Mirade que programa tan completiño ten este ano o festival de narración oral Falando A Boca Chea. Hoxe eu estiven contando no Forum Metropolitano de A Coruña:
 
Nano canta croac en Gondomar

Nano preparou o seu “chou ao chou” .Estaba tan feliz de volver contar no Espazo Lectura que non parou de cantar!! Minto, tamén colleu algunha perrencha!! Grazas por contar con nós. Ata o próximo conto, cullarapiñxs!

Mariña no CEIP da Rabadeira

Esta mañán fun con “Mariña. Contos nacidos no mar” ata a fermosa biblioteca do CEIP da Rabadeira en Oleiros, da man da ANPA. Alí agardaban por min nenxs para salvar o mar!!Grazas, profe Leti polas fotos, parabéns polo voso proxecto Con m de mar

A serea Mariña trouxo unha mensaxe urxente do océano…

Treboada no Mosteiro de Oia

Un plan ben orixinal!! Vide descubrir unha historia de aventuras, de piratas no mesmiño lugar onde ocorreu fai máis de 400 anos atrás… O Mosteiro de Oia
“Treboada. Cando os monxes loitaban contra piratas”. Despois da función desfrutaremos de xogos en familia e teremos unha visita moi especial da man de Finca Moreiras que mostrarán os auténticos cabalos PRG (Pura Raza Galega) e a súa relación co Mosteiro de Oia

Estrea de Florencio nas ondas en Betanzos

O día 21 de abril estiven de estrea!! Florencio nas ondas é un espectáculo radiofónico para homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado nas Letras galegas de este ano 2022

Foron 6 sesións en total: o 21 no CEIP FranciscoVales Villamarín e o 22 de abril no CPR plurilingüe Atocha. Grazas ao Concello de Betanzos e a Silvia, de Normalización Lingüistica.

Chimpo de ra en Culleredo

Seguimos a medrar en galego con Nano. Esta tarde Chimpo de ra na biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo

Ven a Cuento (Ven a Conto) en Alaejos (Valladolid)

Na Biblioteca de Alaejos estaban de celebración dobre, festexaban o dia do libro e os seus 40 anos. Un pracer compartir contos con todas as familias, grazas, Isabel, tamén polas fotos e o regaliño.

Cinema Marabillas en Foz

Hoxe, ao rematar Cinema Marabillas no Auditorio da Casa da Cultura de Foz, unha pequecha chamada Sarela, coma o río, díxome nun galego fermosísimo: “Voute levar ao meu cole, eu distraio a profe e ti entras”.

O xogo de Nano en Aranga

Esta mañan, no CEIP A Castellana de Aranga, seguimos a medrar en galego con Nano.

Ven a Conto en Ribeira

Fermosos momentos vividos na Vila de Conto, en Ribeira, coas familias!! Grazas por vir, e grazas por todo Ali Padín. Que nunca nos falten os contos!!

Mariña en Portosín

Hoxe, na Casa da Cultura de Portosín, Mariña, contos nacidos no mar. Canto sabía a rapazada do Ceip de Portosín sobre a pesca e o mar!

Grazas por mergullarvos nas historias…

As historias lévaas e tráeas a marea, as historias que sabe a nosa serea. Agora sae da auga para compartir todas as súas historias con nós e para traernos unha mensaxe moi urxente do océano: que o coidemos, que non esquezamos que nas súas augas naceu a vida e que é a casa de moitos animais e plantas, ademais de nos servir de fonte de alimento, traballo e riqueza a nós, aos seres humanos.

Travesías na Biblioteca de Caldas de Reis

Que tripulación máis aguerrida atopei tamén hoxe na Biblioteca de Caldas. Alí fomos de Travesías. Aventuras de libro e coñecemos a mulleres bravas!

Travesías no Museo da Historia de Lugo

Cantas familias viñeron de Travesías para coñecer viaxes, cheas de aventuras, nas que descubrimos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños. Sempre é un pracer contar no Museo Interactivo da Historia de Lugo!

Alice Guy en La Adrada (Ávila)

Feliz de seguir a contar a história da magnífica Alice Guy. Nesta ocasión no Concello de La Adrada, en Ávila

Obradoiro: como nacen as historias? no Salón do Libro de Pontevedra

Sempre é un luxo partillar as miñas andaianas de contadora cas futuras mestras!! Grazas por escoitar!! Grazas ao O Salón pola oportunidade!!

Algunha vez vos preguntastes como nacen as historias? Pois diso estivo falando hoxe a nosa amiga Raquel Queizás con alumnado de Ciencias da Educación que viñeron visitarnos hoxe desde Santiago. Estratexias para a narración, que contos son axeitados para que idades, recursos para a mediación lectora a partir da oralidade foron algunhas das achegas de Queizás para @s futuros docentes que nos visitaron.

Nano vai a escola en Negreira

Hoxe no Centro Sociocultural de Negreira, xuntáronse unha chea de familias de cullarapiñxs para seguir Medrando en galego con Nano.
Moitas grazas ao Concello de Negreira a Carme de Normalización Lingüística ,a Deputacion da Coruña e Apego por contar con nós.

Día da Narración Oral no Salón

Festexando o día internacional da Narración Oral no Salón con Moita Arte. Moi ben acompañada estiven, rodeada de familias e con grandes compañeiras narradoras. Grazas Pavís pavós, Polo correo do vento e Bea Campos.

Somos iguais en Alfoz

Que ledicia volver a ver a rapazada do CEIP do Castro de Ouro, grazas a Ofelia e ao Concello de Alfoz por contar comigo.

Cinema Marabillas no Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra

Foi unha tarde de cine, unha tarde de contos!!! Grazas por encher as butacas do Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra e mergullarvos comigo no Cinema Marabillas. Ver para ler.
O día 22 de marzo haberá dúas sesións escolares de novo!! Esta mañá estiven coa rapazada do CEIP Vilaverde e do CEIP Xunqueira 2
De novo, feliz de participar nesta edición presencial de O Salón. Grazas a toda equipa do Salón por contar comigo e grazas polas fotos, José Aragunde!!

Dámoslle volta ao conto no CPR Plurilingüe Andaina de Culleredo

Hoxe estiven con Dámoslle volta ao conto no CPR Plurilingüe Andaina de Culleredo, tres sesións para o alumnado de infantil. Moi ben o pasamos lembrando as aventuras e historias da miña avoa. Grazas por escoitar.
O xoves voltamos con Ven a Conto. Grazas a ANPA por encher de contos o cole!
Vai por diante unha semana repleta de historias para festexar o Día Internacional da Narración Oral que será o 20 de marzo. Seguimos!

Nano canta croac en Lugo

E esta tarde Nano canta croac en la biblioteca pública de Lugo.
“Cando as ras escoites cantar a auga non tardará en chegar
Nano leva cantando toda a mañá…

Nano vai á escola en Dodro

Hoxe Nano vai á escola na fermosa escoliña de Dodro, A Galiña Azul. Que ben o pasamos!! Que maiores son!! Zo, unha das mestras, que leva carrapichos coma min, fixo as fotos! Grazas por todo!!! Grazas tamén a Nati do Concello de Dodro e a Rede Cultural da Deputacion da Coruña por contar comigo

Damóslle volta ao conto nos colexios de Betanzos

Cando eu era pequena, moitos días, ao salir da escola ia comer onde traballaba a miña avoa, na Pulpeira de Verín. Eu axudaba a poñer as mesas e ao final cando todos remataban de comer, a avoa contaba as súas aventuras diante da Chata e da Xeitosa…
“Eu con 14 aniños xa gañaba para manter á familia, non fun á escola, pero o que eu sabía…Os cálculos todos de cabeza. Ao chegar a noitiña montaba na burra para atravesar a raia seca e voltar cargadiña de café, aceite, sabas,… de Portugal. O estraperlo.”
Outra muller valente e revolucionaria como tantas.

Dámoslle volta ao conto de novo no CEIP Vales de Villamarín para as nenas e nenos de infantil e no CPR Plurilingüe de Atocha. Grazas ao Concello de Betanzos e a Marta, técnica de Igualdade

Próximas funcións

abril 2024

2024martes02abrilalldayA orixe en San Sadurniño(Todo o día: martes) Biblioteca de San Sadurniño

2024domingo21abril12:0012:45O Xogo de Nano na Laracha12:00 - 12:45 Biblioteca Municipal de A Laracha

Ver toda a axenda

Falan dos espectáculos:

Ver todas as noticias

X