O eco das pedras (ANPA do Colexio de Fontiñas)
Unha tarde de petróglifos, de lendas de mouras e nubeiras que se ven, que se escoitan en O eco das pedras.
Non se pode amar o que non se coñece, nin defender o que non se ama.
Grazas a ANPA do colexio de Fontiñas por contar comigo nesta xornada chea de actividades, para que as nenas e os nenos coñezan e valoren o noso patrimonio cultural, material e inmaterial.
O xogo de Nano en Betanzos
Hoxe 11 de maio, O xogo de Nano nos sábados miúdos que organiza o Servizo de Normalización Lingüistica do Concello de Betanzos.
Romaría (Homenaxe a Antonio Fraguas) en Moaña
Esta tarde foi unha festa contar “Romaría. Homenaxe a Antonio Fraguas” na biblioteca de Moaña, xunto a min estiveron signando Alba, e tamén David de XOGA (Organización de xordos de Galicia).
Nano visita Tordoia
Foi todo un pracer coñecer o Punto de Atención á Infancia (PAI) de Tordoia. Moi ben o pasamos coas aventuras de A viaxe de Nano o día 17 de abril, e tamén con O xogo de Nano, hoxe 10 de maio. De feito, pasámolo tan ben, que voltarei ao PAI de Tordoia con Nano vai a escola o próximo 7 de xuño!
O segredo do tendal na semana das letras e a lectura de Sarria
E hoxe regresei a semana das letras e a lectura de Sarria co espectáculo o Segredo do tendal, para rematar esta intensa semana cultural. Parabéns por esta inciativa!!
Nano vai á escola en Ortigueira
Hoxe ás 18h na Biblioteca de Ortigueira foi un pracer presentar “Nano vai á escola”. Seguimos a medrar en galego con Nano.
Nano é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura, porque cando se é tan pequeno ata as cousas más sinxelas se converten en todo un reto.
Nano vai ter unha nova experiencia vital… vai ir por primeira vez á escola! Como se enfrontará a esta etapa que comeza desde a súa condición de galegofalante? Nano comeza a etapa escolar e é así como vai descubrindo que desde ese lugar tan diverso, a seguridade de ter personalidade e lingua propia van ser un gran apoio
Cinema de historias da man de Alice Guy na Semana das letras e a lectura de Sarria
Dentro da programación ‘Semana das letras e a lectura’ de Sarria, hoxe tocou coñecer á gran Alice Guy. As nenas e os nenos, do Ceip Antonio Fernández López de Oural e o Colexio Asunción, viaxaron no tempo para descubrir como naceu a septima arte, grazas a ‘CINEMA DE HISTORIAS DA MAN DE ALICE GUY’
Somos iguais na semana das letras e a lectura de Sarria
Foi un pracer contar Somos iguais para nenos e nenas do CPR da Asunción, do CEIP Frei Luis de Granada, do CEIP Antonio Fernández López de Oural e da EEI de Sarria que os nenos e as nenas somos iguais e que nin contos nin fora deles hai sitio para o machismo. Esta actividade formou parte da II semana das letras e a lectura de Sarria.
Mariña en Porto do Son
Que ben o pasamos na Biblioteca de Porto do Son con “Mariña. Contos nacidos no mar”. Que casualidade, o bibliotecario chámase Mariño!!! Moitas grazas por escoitar, familias! Voltarei o 18 de maio, e non vos perdades a Juan Juste o próximo sábado!!
Cambio e conto na Biblioteca de Ferrol
Hoxe 3 de maio na Biblioteca Central de Ferrol: Nano prosigue coas suas aventuras en Cambio e conto:
Entrevista en FM Radio 5 de Porto do Son
Travesías en San Vicente de O Grove
Unha tripulación valente e soñadora agardaba por min na Axencia de Lectura de San Vicente do Grove. Grazas por escoitar!!!
En Travesías agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.
Cinema de historias. Alice Guy no IES Mestre Landín de Marín
“A miña avoa non era rica, con todo, na súa pequena casa e a pesar da nosa diferenza de idade, cada unha atopamos o noso benestar. Polas noites, ao redor da mesa, ceando sopa de cereixas, ela contábame as lendas da súa rexión, cantando cunha voz melodiosa”.
Alice Guy
Un pracer representar esta noite Cinema de historias da man de Alice Guy. para a rapazada que asistiu aos ‘VII Encontros de convivencia positiva: Un mar de redes’ no IES Mestre Landín de Marín.
Cambio e conto na Biblioteca de Pontevedra
Moi ben o pasei este venres contando para as cullarapiñas e cullarapiños “Cambio e conto” na Biblioteca de Pontevedra, xuntos seguimos festexando o Día do Libro!
Xornada sobre diversidade no CPI Doutor López Suárez de Friol
Foi un pracer representar Somos iguais. Contos pola igualdade na xornada sobre sobre diversidade que organizou o CPI Doutor López Suárez de Friol. Parabéns pola iniciativa!!!
O xornal El Progreso reseñou estas actividades:
Raposadas con Antonio nos colexios de Betanzos
Hoxe, día do Libro, festexámolo contando nos coles de Betanzos !!! Contando quen foi Antonio Fraguas, o noso homenaxeado nas Letras Galegas. Organiza o Concello de Betanzos.
“Ser galeguista non é mais que ser amante da nosa terra”. Antonio Fraguas.
Foi a súa nenez na aldea coa nai, e a convivencia con Mamá Antonia quen marcou a súa maneira de ser, e espertou nel o amor pola nosa lingua e o noso patrimonio cultural, material e inmaterial . Mamá Antonia traballaba na súa casa, criouno, e a pesar de ser unha muller que non sabía ler nin escribir foi a súa mellor mestra.
“Esta muller era analfabeta, non sabía ler nin escribir, pero coñecía os costumes. Sabía cantigas, adiviñas, contos, . Moitos dos que coñezo ensinoumos ela. Foi a miña gran mestra.” FRAGUAS FRAGUAS, A. “O lugar e a casa onde nacín”Grial, 144,1999,p.625.
Ao neno Antonio gústalle coidar da raposa, algúns días lévaa á súa casa, na aldea de Insuela. Alí xogan, escoitan os contos de Mamá Antonia, buscan respostas ás adiviñas que sabe a galiña e axudan ao sapo a sementar os campos. Ao terminar a colleita comeza a festa, en compañía danzan ao ritmo da pandeireta sabendo que, algún día, o neno Antonio converterase en D. Antonio Fraguas, o primeiro director do Museo do Pobo Galego. Este é un espectáculo de contos de tradición oral con obxectos e monicreques.
Raposadas e Romaría en Darbo
O xogo de Nano en Ortigueira
Hoxe no aniversario de Nano fixemos moitxs amigxs. Xuntos cantamos o “Parabéns”, sopramos as candeas, xogamos e contamos contos. O próximo 8 de maio voltamos a esta fermosa Biblioteca de Ortigueira con “Nano vai á escola”.
Caso pechado e Raposadas no Festival Falando a boca chea 2019
Hoxe, pola mañá, no Auditorio do Forum, dentro do Festival de Narración Oral Falando a Boca Chea, compartín coa mocidade a miña paixón polo suspense e o cine negro, “CASO PECHADO”. Como sempre as mozas e os mozos son os protagonistas, tanto axudando a resolver casos como a recrear as situacións nas que tiveron lugar os sucesos.
Grazas aos IES e ás mestras pola vosa entrega e escoita. Adoro contar para as mozas e mozos dos institutos!!
E esta mesma tarde, moitas “Raposadas” fixen para os pequenos na Biblioteca do Forum Metropolitano
Cinema de historias no festival Infancinemarín
Agora xa coñece tamén a Alice Guy o público que asistíu hoxe a “Cinema de historias. Alice Guy a nai do cine” dentro do Festival de cinema infantil e xuvenil de Marín “Infancinemarin” organizado pola Asociación Cultural Big Ajajai e patrocinado polo Concello de Marín e a Deputación de Pontevedra. Grazas por contar comigo! E parabéns a toda a equipa do Festival!!
Somos iguais na Ludoteca María Miramontes
Hoxe coñecín a Ludoteca María Miramontes de Fontiñas (Santiago de Compostela), un fermoso espazo para a cativada. (María Miramontes, animadora e impulsora das escolas de ensino galego. Bergondo, 6 de abril de 1895 – Buenos Aires, 17 de septiembre de 1964)
Grazas familias por “vivir” os contos e demostrar unha vez máis que “Somos iguais”
Travesías na biblioteca de Ferrol
Na Biblioteca de Ferrol desfrutamos de intensas “Travesías”, mergullámonos nunhas historias coas que descubrimos que as mulleres son aguerridas ,intrépidas , e osadas heroínas de conto pero……sen “moito conto”
Chimpo de ra na Galiña azul do Rosal
Así de ben o pasei está mañá na Galiña Azul de O Rosal contando para os maís pequenos Chimpo de ra
Chimpo de ra na biblioteca de Rialeda
Nano chimpa por min!! Hoxe pola tarde na hora do conto na Biblioteca de Rialeda (Oleiros):
Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra 2019
Grazas a todas/os por vir hoxe a “Deamos a volta ao conto” no Salón do libro de Pontevedra. Como sinto que quedaran xente amiga fóra, xa non se collía!! Foi fermoso partillar con vós entre outros contos a historia da miña avoa e as súas aventuras na Raia Seca, corría…como corría para traer comida para a súa familia!! Pero, coidado!! Alguen vixía a fronteira…
Cinema de historias no Teatro Principal de Pontevedra
Moi feliz de presentar Cinema de Historias da man de Alice Guy no Teatro Principal de Pontevedra, dentro da programación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, adicado este ano á “revolución”.
Narración, teatro, cine e feminismo. Estes son os temas que trataou Raquel Queizás esta mañá no Teatro Principal. O seu espectáculo Alice Guy, a nai do cinema, conta como esta muller se namorou da literatura grazas a súa avoa, ademais de escribir foi quen de levar as súas historias á gran pantalla. Bravo por ela! e tamén por Raquel por darnos a coñecer a estas mulleres tan valerosas!
Salón do libro de Pontevedra
Moi ben o pasei onte no Salón do Libro contando contos coa amiga e gran contadora Tareixa de Pavís Pavós na Presentación Aniversario 20 anos do Salón do Libro: “Paseniño, paseniño facendo a Revolución”. Non faltou música, cantos, poesía, danza, contos…
E logo contando con Benita Prieto , unha excelente narradora de Brasil. Será por contos!!!
(Estas fermosas fotografías son de Andrea Area)
Somos iguais nas IV Xornadas de xénero de Ponteceso
Sempre é unha alegría coñecer unha biblioteca nova, esta tarde tiven unha sesión ben bonita na Biblioteca de Ponteceso con “SOMOS IGUAIS” dentro das IV Xornadas de xénero que organiza cada ano o Concello de Ponteceso. Grandes e pequenos vivimos os contos.
Así reseñaron a actuación dende o face do Concello:
De nenos sensibles e nenas fortes falounos esta tarde a contadora Raquel Queizas e Queliña, a protagonista do espectáculo infantil “Somos iguais”, que se celebrou na Biblioteca Municipal dentro das IV Xornadas de Xénero. Durante case unha hora pequenos/as e maiores compartiron escenario, emocións, diversión e moitos contos pola igualdade moi ben contados. Moitas grazas a todos por participar e contribuír a educar en valores.
Grazas pola agarimosa acollida!
Festival Atlántica en A Fonsagrada
Remataron as miñas contadas no Festival Internacional de Narración Oral Atlántica. Onte pola tarde chegamos ata A Fonsagrada, onde tiven a sorte de coñecer e contar ao carón de Pablo Albo un gran narrador!! divertido, inxenioso, poético e “retranqueiro”. Grazas por vir e compartir historias con nós. Grazas, Soledad Felloza por tanto!!!
A viaxe de Nano en Lalín (Festival Atlántica)
Unha chea de ras e cullarapxs agardaban por min en Lalín para mergullarse nos contos e desfrutar do Festival Atlántica. Nano vén dando chimpos eu aínda non…