Somos iguais en Porto do Son
Volvo á Biblioteca de Porto do Son a visitar a Mariño, o bibliotecario, e as familias. Hoxe ás 11.30 contei “Somos iguais. Contos pola igualdade”. Esta actuación foi posible grazas ás medidas do Pacto de estado contra a violencia de xénero.
Nano vai á escola no Milladoiro
Historias para os auxiliares de conversa
Hoxe fun convidada a contar na Xornada de Acollida de Auxiliares de Conversa, no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Había arredor de 700 persoas.
“As linguas hai que falalas para aprendelas, as linguas hai que falalas para non perdelas”.
Compartín cos presentes algúns dos nosos tesouros; a nosa lingua, as nosas lendas, o noso patrimonio material e inmaterial…
Grazas Elena, Noemí por contar comigo, e grazas Carlos polas fotos.
Ao rematar, Anthia, auxiliar de conversa que ven de Australia, compartíu comigo unha lenda da súa terra. As linguas e as historias unen!!
Nanocontos no Festival das Núbebes
Foi un auténtico pracer participar de novo no Festival das Núbebes de Pontevedra que cada ano medra máis, que xa alcanzou a súa VII edición. Grazas familias por vir!! Grazas a Baobab Teatro, Andrea e Óscar por contar comigo. E grazas tamén a Kai por estar pendente de todo! Bicos de ra para todas e todos!!
Co mor da representación de O xogo de Nano no festival das Núbebes, a xornalista Carolina Sertal fixo esta entrevista que O Faro de Vigo publicou o día 26 de setembro:
Somos iguais en Boiro
Hoxe, 28 de setembro, ás 12h visitei por vez primeira a Biblioteca de Boiro, contando “Somos iguais. Contos pola igualdade”. Foi todo un pracer!
A maleta da avoa na xuntanza anual do Club Camper Galicia
Foi un pracer regresar á Alameda de Pontecaldelas con A maleta da avoa, invitada polo Club Camper Galicia, que celebra nesta vila a sua XI reunión anual.
Romaría na biblioteca de Pontevedra
Hoxe a sala de obradoiros da biblioteca de Pontevedra, estaba chea de rapazas e rapaces listos para escoitar as historias de Romaría:
Ven a Conto en Ponteceso
“Vén a Conto”, a miña proposta para desenvolver a intelixencia emocional para nenos e nenas de 3 a 11 anos e para as súas familias chegou á Biblioteca de Ponteceso:
Somos iguais en Cuntis

Somos iguais en Covelo
Hoxe, por mor da chuvia, contei “Somos iguais. Contos pola igualdade” no CEIP Antonio Blanco Rodríguez de Covelo, grazas a Rubén, o bibliotecario.
Travesías no VI Festival Monecadas
E saíu o sol e tivemos unhas boas Travesías na fermosa Carballeira de Santa Minia, en Brión. Unha honra pechar o VI Festival Monecadas, posto en marcha por Titiriteirxs da Comarca e o Concello de Brión. Que alegría atopar caras amigas, grandes titiriteirxs; Jorge Rey, o mestre Kukas, Isabel Rey e Borja Insua . É tamén atopei amigxs de Anedia.
Ven a Conto en Porto do Son
A viaxe de Nano en Arzúa
Esta tardiña na Biblioteca Rosalia de Castro de Arzúa coñecemos a Nano, unha ra que medra aprendendo galego cos contos que eu mesma invento.
Ven a Conto na biblioteca de Nigrán
Hoxe non se cabía na Biblioteca de Nigrán, e saímos a contar no fermoso prado. Que ben o pasamos xuntxs!!!!
Somos iguais en Riveira
Agora máis ca nunca CONTOS POLA IGUALDADE!!! Esta tarde foi na Biblioteca Pública Municipal de Riveira.
“Dende a nenez pódese previr todo tipo de violencia mediante novos modelos de feminidade e masculinidade, rachando así cos roles e estereotipos asignados”
Raposadas en San Sadurniño
Nano vai á escola no CC Ensanche de Santiago
Nano foi á escola por primeira vez este 17 de setembro no Centro Social O Ensanche de Santiago. Aí coñeceu moitos rapaces, e aprendeu moitas palabras novas. Grazas o Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago de Compostela e programa Apego.
Somos iguais en Portosín
Continuan as tan necesarias actividades pola igualdade e a loita contra a lacra que é a violencia de xénero. Grazas o Concello de Porto do Son por convidarme á biblioteca de Portosín.
Somos iguais na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña
O meu espectáculo de contos pola igualdade, Somos iguais, chegou á Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña, dentro da programación cultural de este mes de setembro:
Somos iguais na Casa da Cultura de A Baña
Este venres coñecín un novo espazo para contar contos. Así de ben o pasamos con Somos Iguais. Contos pola igualdade na Casa de Cultura de A Baña:
Romaría na Sala Gurugú
Este domingo, a mañán e cara á tardiña, antes de que finalice a festa, toda a rapazada chamou á avoa Tareixa para que lles contara lendas, lendas para perder o medo. Así foi Romaría na Sala Gurugú da Coruña:
Toin Toin no Festival de Teatro Galego “Celso Parada”
Que ledicia voltar ao Festival de Teatro Galego “Celso Parada”. O pasado mércores 4 de setembro representei Toin Toin, un espectáculo de contos para bebés na Casa da Cultura de O Carballiño, Este ano o festival cumpre 30 anos, parabéns!!! E os que quedan, compañeiras e compañeiros!!!. Grazas, Josi Lage por contar comigo un ano máis.
Viva o TEATRO e os CONTOS!!
E o venres tiven o pracer de asisitir á emotiva gala de clausura da XXX edición do Festival de Teatro Galego Celso Parada.
Relacionado:
O segredo do tendal no Festival de Teatro Galego de O Carballiño (2015)
Nanocontos no Festival de Teatro Galego de O Carballiño (2014)
Romaría na Noite das Meigas de Vilagarcía
Este 31 de agosto estiven reivindicando a figura das Meigas e das Mouras, mulleres sabias e poderosas,en Vilagarcía, con Romaría. Contos e lendas da nosa terra. No público atopei meigas, pantasmas, demos e trasnos famentxs de contos…Foi na Praza de Galicia diante da fabulosa Casa da Meiga rodeada de pequenos carballos que fixo Borja e Llou para a programación de “Noite de Meigas”. Grazas, Mar e Marta, por contar comigo!!
Somos iguais en Portonovo
Foi un pracer acudir a Portonovo con Somos iguais, o espectáculo de contos pola igualdade. Esta actividade foi subvencionada no marco do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.
Grazas ás Bibliotecas de Sanxenxo , pola sua entrada no Facebook:
“Onte tivemos a sorte de ter a Raquel Queizás na Biblioteca de Portonovo e desfrutar da súa proposta de actividade para promover a igualdade entre homes e mulleres.
Foi unha sesión moi amena e divertida na que os nenos e nenas que se achegaron á Biblioteca, desfrutaron e participaron activamente. Por suposto moitas grazas a Raquel Queizás pola súa visita! “
Historias da Maletra e Palabras na Boca en Valladolid
Cheguei en tren a Valladolid para participar no ciclo Ventanas escénicas, unha rica e variada programación que organiza a Biblioteca de Castilla e León no medio do estío, un oasis cultural.
Foron dúas sesións de contos: Historias de la Maletra e Palabras en la boca.
Un público entregado e con ganas de historias agardaba por min na sesión matinal, en familia, grandes e pequenos entraron a formar parte das aventuras que se agochan entre as letras de Historias de la Maletra.
E polo serán, tamén no fermoso Patio das Palmeras do antiguo palacio dos condes de Benavente, un público adulto percorreu comigo as lembranzas da miña nenez con Palabras en la boca escoitando lendas, contos e historias de vida que me fixeron medrar na Galiza Máxica. Grazas a Luís, a Fernando e a todo o persoal da biblioteca de Valladolid por tanto agarimo. Grazas ao público pola escoita, polos risos, pola complicidade, polas felicitacións,..
Travesías nas festas de Viveiro
Que fermoso é ver a praza da Fontenova de Viveiro chea para escoitar Travesías, aventuras de libro. Grazas, xente de Viveiro, pola vosa entrega!! Que tripulación tan aguerrida e festeira!!!
No verán un conto 2019. Vigo en Galego
E chegou unha nova edición do programa de dinamización da lingua galega a través de contos, monicreques e música. No verán… un conto, que cada verán organiza o Servicio de Normalización Lingüistica do Concello de Vigo.
Foi todo un pracer contar en varios parques e prazas de Vigo durante estas duas semanas. Aquí vai un resumo do meu periplo:
O 27 de xullo saiu o sol e as rapazas e rapaces viñeron á Romaría na Alameda de Bouzas. Agora a contar as lendas vós para que non se perdan!! Grazas por escoitar!!! Grazas ao concello e ao Departamento de Normalización lingúística por contar comigo!! Grazas, Paz da Asociación Cultural de Bouzas por traer as colchas para xs nenxs. E por suposto, mil grazas Ana Facchini por estar pendente de “todo”, vales un potosí!!!
O 26 de xullo “Dámoslle volta ao conto” na Praza Ameríca. A ruleta dos contos non parou de dar voltas.
Coñecimos a historia da miña avoa, a Brixida, con 14 anos xa gañaba para manter a familia, non foi á escola, pero o que ela sabía…Os cálculos todos de cabeza. Ao chegar a noitiña montaba na burra para atravesar a Raia Seca e voltar cargadiña de café, aceite, sabas,… de Portugal. O estraperlo. Ela, a miña avoa, era outra muller valente e revolucionaria como tantas. Ela contoume contos que eu descoñecía, de mulleres donas do seu destino e de homes que se liberan da máscara da masculinidade e permítense mostrar a súa sensibilidade”.
Grazas por escoitar!! Que alegría ver a praza chea!! Grazas, Chus e AETRAVI (As Travesas)
O 18 de xullo a Romaría tivo lugar na rúa de Londres, ás 20:00 h, detrás do Marco, en Vigo. Lendas de mouras encantadas, de sacos que falan e outros contos de onte que se manteñen vivos hoxe.
O 13 de xullo chovía en Vigo, entón a contada prevista na zona de herba de As Teixugueiras de Navia trasladouse aos soportais da Cafetería Match Point no ximnasio “Más que Agua”. Ao final, a pesar do vento e a chuvia, as familias de Navia achegáronse á Romaría. Había fame de contos!. Grazas, un ano máis a Asociación Veciñal Novo Vigo por contar comigo.
O 11 de xullo coñecín un novo parque en Vigo, o parque da Congosteira, no barrio de Santa Rita. Alí nos xuntamos á sombra das árbores para desfrutar cos contos. “Dámoslle volta ao conto”. Grazas por escoitar!!
Ata o próximo conto!!!!!
Raposadas na Biblioteca da Carballeira en Ourense
Hoxe andiven pola miña terra “taconeando” e contando Raposadas na Biblioteca Pública Municipal da Carballeira de Ourense. Moi ben o pasie coa cativada dos campamentos de verán.
Garabelos, o fogar de Anxo Moure
Hoxe estiven nun lugar máxico, cheo de contos, poesía, grandes corazóns, natureza e moito máis!!! Entramos?
En Garabelos, Contos Solidarios, o fogar de Anxo Moure.
Fixen moitas amigas e amigos!! E coñecín a dúas grandes señoras, a Blandina e a señora Alicia cheíñas de historias que tamén gozaron con “Raposadas” como meniñas. E non podía rematar a xornada sen subir a escoitar contos do Tío Teixo, Anxo Moure, na casiña das árbores. “As túas verbas prenden, amigo”.
Unha xornada inesquecíbel… Non faltaron boas conversas acompañadas de delicioso e picante queixo, empanadas variadas, pan de verdade, sidra natural á sombra de castiñeiros, teixos, acivros, carballos…
Anxo Moure e toda a súa familia, grazas, mil grazas por recibirnos con tanto agarimo.
Tedes que ir!!! Co colexio, ou en familia. Sempre programan unha chea de actividades; contos na casiña da árbore, excursións polo bosque, cinema no palleiriso , música das árbores, paseos en barca polo río,… xogo libre!!!!
Ata o próximo conto!!
Nanocontos en Muxía ao solpor
Onte foi para min unha honra inaugurar con “A viaxe de Nano” as actuacións da Praza do Coido en Muxía, chamada agora a Praza do Voluntariado. Fermoso lugar para contar cando chega o solpor. Ata o próximo conto!
(As fermosas fotos son de Daniel Piñeiro)