Contos solidarios en San Ciprian
A Asociación Cultural Pasiño a Pasiño, convidoume a San Ciprian , a un evento que organizaron para recadar fondos para a organización Médicos Sen Fronteiras.
Encantoume está pequena vila mariñeira. Descubrín a lenda da Maruxaina, fixen una moi interesante visita o Museo do Mar, e para rematar a xornada, a actuación na Plaza dos Campos, que estaba chea de rapaces e rapaces maiores.
Agardo poder volver pronto a esta vila!
Contos en Santiago de Compostela. Vive o Verán 2011
Os meus contos regresaron a Santiago de Compostela, no marco do programa de actividades culturais que organiza o Concello, “Vive o Verán 2011”,
Contos do Cestiño en Vales (San Cristovo de Cea, Ourense)
As festas patronais da parroquia de Vales, en San Cristovo de Cea, foron o motivo de viaxar ata este fermoso lugar da provincia de Ourense. Moitas gracias a Alba e a súa familia que nos acolleron na súa casa, e así puidemos gozar despois da contada, xa de noite, do incrible concerto que deu o grupo “Lume na Lareira” no bar da Casa do Cruceiro. (E tamén puidemos gozar da boísima comida do día seguinte).
Moitas gracias a Fina e Rafa e a avoa pola hospitalidade.
Compartindo cartel coas orquestas!
Contos do cestiño en Parada do Sil
Os Contos do Cestiño viaxaron a Parada de Sil. O espectáculo tiña que celebrarse na Praza da Feira, pero debido o forte vento que se presentou invitado, trasladámonos o salón de actos da Casa Consistorial.
Contos na Escola Infantil Nazaret de A Coruña
O luns día 18 de xuño, o meus contos e eu mesma viaxamos ata A Coruña, á Escola Infantil Nazaret. Moi ben o pasamos!
IV certame de contos “Tierras del Torío”
Todos os fines de semana, desde o 2 de xullo ata o 6 de agosto, desenvólvese o certame de Contacontos “Tierra del Torío”, que xa vai pola cuarta edición. O lugar non pode ser mais adecuado: o patio de comedias da “Casona” en San Feliz de Torío, preto da cidade de León.
O Diario de León publicou un artículo sobre o certame.
Foi un pracer ser seleccionada pola organización para participar nesta edición.
Aquí podedes atopar o calendario de actuacións, e máis fotos da actuación.
Día dos Bosques Tropicais e das Árbores en Escarión e Currelos
O pasado martes, A Soñadora das Árbores viaxou ás fermosas Terras de Lemos, ata Escairón e Currelos (O Saviñao) . O Día dos Bosques Tropicais e o Día das Árbores era a data perfecta para baixar unha vez máis da súa pola.
Pola mañá visitei a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao en Escairón, alí me agardaban os rapaces con ganas de escoitar historias e uns pais moi participativos, bravo por todos eles! Moitas destas nenas e nenos facía un ratiño que foran premiados no Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas 2011. Noraboa a todos!
e pola tarde a cita foi na Axencia de Lectura “Maruchi Arias” de Currelos , ali estaban todos os nenos do lugar, Saúl, Marta, Alicia, María,…Todos eran músicos e tiñan moitas ganas de actuar tamén.
Contos no Centro Social do Gourgullón de Pontevedra
Remataron as actividades de este curso no Centro Social do Gourgullón. Para despedirnos, nada mellor que un novo espectáculo de contos, esta vez adicado aos mais pequenos:
Contos no Colexio Amaro Refojo de Verín
Este venres tiven o pracer de contar de novo en Verín, na miña terra. Nesta ocasión o ANPA do Colexio Amaro Refojo organizou esta actividade para celebrar o próximo fin de curso. Grazas a Loli, e a todo o ANPA, dende aquí anímovos a seguir organizando actividades para eses rapaces tan participativos, e con tanto talento!
Función benéfica de Golulá no Teatro Colón de A Coruña
Este sábado, a Compañía Galitoon ofreceu no Teatro Colón de A Coruña unha función benéfica da obra Golulá, có obxectivo de recadar fondos para diversos proxectos que a ONG Harambee está a desenvolver en África.
Os Limons na Cidade da Cultura
Hoxe 5 de xuño, viaxamos a Santiago de Compostela para representar a obra Os Limóns da compañia Galitoon, no auditorio de Biblioteca da Cidade.
Contos nos xardíns da Sede de Turismo Rías Baixas (Pontevedra)
Actuación dentro do programa Domingos en Familia, na Praza de Santa María en Pontevedra, nos preciosos xardíns da sede de Turismo Rías Baixas. Nunha soleada mañá electoral, nenos e non tan nenos puideron escoitar sentados na herba, a sombra dos fermosos árbores varios dos meus contos. Entre risas e aplausos rematou o espectáculo. Os nenos marcharon felices cada un co seu globo, agasallo de Turismo Rías Baixas.
O Diario de Pontevedra publicou varias fotos e unha reseña do espectáculo de contos.
Soñadora das Árbores na Biblioteca Central de Vigo.
O sábado 21 de maio, a Soñadora das Árbores baixou da súa póla para poñer os pés por primeira vez, no chán da Biblioteca Central de Vigo, na zona vella.
Contos no Centro Social do Gourgullón en Pontevedra
Esta tarde a cita foi no recén inagurado Centro Social do Gorgullón, en Pontevedra.
Contos na librería Bule Bule de Marín
Os Contos do Cestiño viaxan A Fonsagrada.
De feira en feira, o meu cestiño e maís eu chegamos de novo A Biblioteca Municipal de A Fonsagrada. Sempre é un pracer para mín facer o fermoso camiño que me leva ata alí.
Contos do Cestiño na Semana do Libro de Lugo
Co motivo da Semana do Libro celebrada el Lugo, tiven o pracer de levar os meus Contos do Cestiño o claustro da sede da Diputación de Lugo.
Contos no Espazo Lectura de Gondomar
Onte celebrouse o quinto aniversario do Contomar, o programa de animación á lectura desenrolada polo Espazo Lectura. Foi un pracer para min poder contar os meus contos neste espazo. Aquí deixo o enlace o seu blog, onde podedes ver máis fotografías da actuación: Espazo Lectura en Gondomar.
Magnífico traballo o que están a realizar desde Espazo Lectura. Meus parabéns!
Contos na Biblioteca Nodal de Lugo
Contos na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela
12 Salon do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
Do 8 0 19 de febreiro do 2011, O Pazo de Exposicións e Congresos de Pontevedra énchese de libros e contos para celebrar o Salon do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que xa vai pola súa XII edición. Tódolos colexios da zona puideron asistir os variados espectáculos de contos e narración oral.
Reportaxe en TVE:
Quarta dos Contos en Maia (Porto)
Foi todo un placer ser invitada á Quarta dos Contos que organiza a narradora Clara Haddad na Tertulia Cautélense, en Maia (Porto, Portugal).
Gracias Clara polas tuas formosas verbas:
Raquel Queizás encantou a todos coas súas historias!
Foi unha noite moi divertida e amena.Raquel é unha narradora dinámica, expresiva e divertida.Houbo momentos que contaron coa participación do público e foi, sen dúbida, un dos grandes momentos fortes da noite.
Parabéns Raquel!!! Pronto esperamos verte de novo en Quarta dos Contos,
Abrazo de contos,
Taller de cortos en Pontevedra
Semana do Libro e a Lectura de Carballo
Xornal La Voz de Galicia (edición Bergantiños), 29/05/2019
Contos na Biblioteca Caja Madrid
III Festival da Palabra de Verín
XXX Festival de Teatro Clásico de Almagro