Estrea de Nanovo en Rialeda (Oleiros)

Nanovo, o novo espectáculo de contos para os mais pequenos (0-4 anos) estreouse na Biblioteca de Rialeda (Oleiros). Nanovo conta a historiade Nano, a ra protagonista dos Nanocontos, desde a sua orixe… Nun ovo!

Museo Etnográfico de Castela y e León (Zamora)

As salas do Museo Etnográfico de Castela e León foron o escenario para unha intensiva xornada de contos: A Maleta da Avoa para os mais maiores (dúas funcións na mañá do sábado 31 de xaneiro) e Nancontos para os mais pequenos (outras dúas funcións na mañá de este sábado)

Foi unha auténtica ledicia e un privilexio contar contos neste espazo tan singular!

Nas Nubes en Taller Abierto (Pontevedra)

Que ben se está en las nas nubes! Viaxamos coa imaxinación na procura de contos que se agochan por todas partes. Exploramos lugares perdidos habitados por seres misteriosos e descoñecidos

Unha marabillosa experiencia en Taller Abierto, un interesantísimo proxecto formativo cultural que se desenrola en Pontevedra.

Caso pechado en Silleda

Caso pechado, o espectáculo de historias de misterio e terror foi elixido polo instituto de ensino secundario Pintor Colmeiro de Silleda para celebrar o fin do primeiro trimestre de clases.

Entrevista na Cadena Ser

Conversa que mantiven o 24/11/2014 con Pep Bruno e Juan Solo no programa da Cadena Ser Hoy por Hoy Guadalajara, na que narro (en castelán) Mariquiña, unha historia tradicional galega. Pódese escoitar o programa completo no blog de Pep Bruno Por los caminos de la tierra oral.

Toin Toin na biblioteca de Santa Cruz (Oleiros)

Continua a programación da Hora do Conto nas Bibliotecas Públicas do Concello de Oleiros, e este mércores 5 de novembro foi Toin Toin quen acudiu a biblioteca de Santa Cruz, situada no fermoso edificio do centro cultural As Torres.

Obradoiro de narración oral na Facultade de Ciencias da Educación (UDC)

Descubrir a narradora, o narrador que levamos dentro, mergullarse nas lembranzas, xogar cos obxectos con memoria… Contar, contar, contar…  e por suposto, compartir:

Por segundo ano consecutivo, a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña, convidoume a impartir un obradoiro de narración oral dirixido aos alumnos de 2º Grao en Educación Infantil da materia Didáctica da Lingua Galega. O obxectivo do obradorio foi compartir a miña experiencia cos futuros mestres para contar un conto de tradición oral a unha aula de educación infantil.

Grazas a Comisión de Normalización Lingüística!  Grazas mestras e mestres do futuro!

A Orixe en Chapela

E que mellor cousa para continuar a celebrar este 24 de outubro, Día da Biblioteca, que contando mais historias?  Así o creron tamén na Biblioteca Municipal de Chapela, en Redondela, e invitáronme a contar a Orixe.

Ademais presentaron así de ben as suxestións lectoras relacionadas con esta actividade, incluíndo varios atlas e incluso dúas bolas do mundo! E os rapaces marcharon para a casa cun mapa de Galicia de agasallo .

Podedes encontrar mais información e fotos na entrada do Blog da Biblioteca. Foi todo un pracer volver a contar en Chapela!

Día Internacional da Biblioteca

Comezo as celebracións do Día Internacional da Biblioteca, precisamente nunha delas: a Biblioteca Municipal “Rosalía de Castro” de Vilagarcía. Ese espazo invitoume a unirme os actos que conmemoran esta data sinalada, e que mellor que facelo contando os contos de A Maleta da Avoa:

Os actos organizados tiveron unha notable repercusión na prensa:

La Voz de Galicia (Edición Arousa) 25/10/2014

Faro de Vigo (edición Arousa), 25/10/2014

A Maleta da Avoa en Valga

Continuo a viaxar coa Maleta da Avoa, e así chegamos á Casa da Cultura de Valga, onde pequenos e non tan pequenos gozaron coas miñas historias

Contos en la Biblioteca Central de Ferrol

Este venres 10 de outubro tendín os contos no tendal na Biblioteca Central de Ferrol. Que ben seca a roupa dos contos entre tanta nena e neno!

O espectáculo tivo moitísimo éxito de público, rexistrándose un récord de asistentes nas actividades que organiza esta biblioteca: 62 nenos e 30 adultos!

Toin Toin na Biblioteca de Rialeda (Oleiros)

Prosigue o programa A Hora do Conto nas Bibliotecas Municipais de Oleiros. A Biblioteca Central Rialeda foi o escenario perfecto para Toin Toin, un espectáculo de contos pensado para os mais pequenos.

Toin Toin a piques de durmir tras oir o conto:

Unha instantánea tomada durante a montaxe da casa de Toin Toin:

Chíos na Feria de Teatro de Castela e León

Recopilamos as experiencias e as críticas da estrea de Chíos en castelán, na Feria de Teatro de Castela e León, (Ciudad Rodrigo) no blog de Teatro da Semente.

Podedes ver tamén a preciosa reportaxe que nos fixo a Televisión de Castela e León:

 E unha selección de fotografías:

(Fotografías de Jose Vicente)

Grazas a todos que confiaron en nós, á organización da Feira  e a Urdime por todo o seu apoio.

A Orixe en Nos (Oleiros)

A Orixe, o espectáculo de contos  baseando en lendas e mitos  de diferentes pobos indíxenas visitou a Biblioteca Municipal Ánxel Fole, en Nós (Oleiros):

Nanocontos en Nubebés 2014

II FESTIVAL DAS NÚBEBES

Nano e mais eu tivemos o pracer de ser convidados a participar na II Festival das Nubebés. Este festival de artes escénicas para bebés e familias se celebrou en Pontevedra dende o venres 19 ata este domingo 28 de setembro, cun moi notable éxito de público nos  diversos espectáculos para os mais pequenos, así coma nas actividades para profesionais.

No fermoso espazo da Casa das Campás, na zona histórica de Pontevedra os mais pequenos desfrutaron cos Nanocontos, a historia de Nano, a ra que non sabía compartir:

A Orixe en A Capela

O espectáculo de contos A Orixe chegou a Axencia de Lectura da Capela, onde os rapaces pasaron unha divertida tarde coas lendas de diversos países, dende a India ata China.

Typus Orbis Terrarvm

A Maleta da Avoa en Sarria

O espectáculo de contos A Maleta da Avoa, convocou a unha morea de nenos na Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar de Sarria. Tanto eles coma os maiores gozaron coas lendas e historias que xurdían da maleta.

Cito a entrada sobre a actuación no blog do programa Ler Conta Moito:

O pasado luns, 15 de setembro, tivemos un cheo total no contacontos “A maleta da avoa”, onde houbo ledicia para todos e todas; para os maiores foron recordos e para os nenos novidades. A representación resultou marabillosa e o trato cos pequenos inmellorable.

Moitas grazas por estas verbas e ata o próximo conto!

Próximas funcións

abril 2024

2024venres19abrilalldayAs chaves de Lu en Betanzos(Todo o día: venres) Centros Educativos de Betanzos

2024sábado20abril12:3013:30Treboada no Monasterio de Oia12:30 - 13:30 Mosteiro de Santa María de Oia‎

2024domingo21abril12:0012:45O Xogo de Nano na Laracha12:00 - 12:45 Biblioteca Municipal de A Laracha

2024martes23abril16:0017:00A orixe en Portonovo16:00 - 17:00 Boiro

2024martes23abril16:0017:00Caso pechado no IES Espiñeira16:00 - 17:00 IES Espiñeira

2024mércores24abrilalldayNa túa man no San Xoán de Filgueira(Todo o día: mércores) CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira

2024xoves25abrilalldayTravesías en en Carballo(Todo o día: xoves) Carballo

2024xoves25abrilalldayA Maleta da Avoa en CarballoFUNCIÓN ESCOLAR(Todo o día: xoves) Carballo

2024venres26abrilalldayRaposadas en Pazos de Borbén(Todo o día: venres) Auditorio de Pazos de Borbén

maio 2024

2024mércores08maio10:0016:00Cine de historias en Fafe (Portugal)10:00 - 16:00 Teatro Cinema de Fafe

Ver toda a axenda

Falan dos espectáculos:

Ver todas as noticias

X