Romaría en Padrón

Así estaba todo listo, xusto a piques de comezar a Romaría na Biblioteca Pública Municipal de Padrón.

Romaría no Monte Gallerio

Esta  mañá andiven  de Romaría polo monte Galleiro, contando no medio da natureza, que ben presta. Unha terra chea de lendas que se agochan nas mámoas, na fonte da Muxa, no refuxio de El Seco… Alimentémonos da nosa historia para coñecernos mellor.

Vivín o roteiro como unha rapaza máis, percorrendo camiños cheos de amigxs e segredos, e compartindo lendas como quen comparte pan para a merenda. Grazas a José Manuel Soto Virulegio por convidarme, e grazas tamén a Isa Belita a nosa guía que nos ensinou o “rico” que é o monte e nos presentou a súa aguia. E de volta, ao remate, como me prestou a conversa con Ricardo falando de lobos que poden aparecer ao volta do camiño.

Romaría en Toques

Hoxe na Romaría na Biblioteca Municipal de Toques veu unha monicrequeira con novo espectáculo:

Mariña en Redondela

Moitas nenas e nenos de Redondela mergulláronse nas historias da serea, queren saber máis de Mariña, queren ir a Sálvora a coñecer a súa illa. Grazas por escoitar. Moi pavero o Leolo, recomendoume libros! Ata o próximo conto!!!

XII edición do Festival del Títere y la Palabra. Titeresi!

O pasado día 20 de maio A Maleta da Avoa viaxou feliz (para iso e unha maleta)  ata Pola de Siero, para participar na XII edición do Festival del Títere y la Palabra. Titeresi! 

A función foi ás 12 ao aire libre no Parque Alfonso X El Sabio, en Pola de Siero. Xuntáronse moitas nenas e nenos que gozaron moito escoitando as historias que a min me contou a miña avoa, cando era pequena. – É unha xana!!! dicía unha meniña mentres eu falaba das mouras. Moito unen as lendas!!!

Luis Vigil o director do Festival estaba pendente de todo. Coñecino fai tempo cando  eu estaba asistindo a unha escola de verán de titeres en Caspe, Zaragoza. Fomos ao teatro a ver sua obra Que viene el lobo de Kamante Teatro, encantoume.

Reencontreime tamén cunha amiga narradora Ana Capilla. Coñecín a Andrea Lobo, solista da Cía PIM PAM TITERES. Entramos na Petit Caravane para ver o Mago más pequeño del mundo. E antes de partir visitamos da man de Joaquín Hernández da Cía Tragaluz Títeres o seu Museo de Títeres e o seu taller, impresionante!! Aquí vos deixo imaxenes e enlaces a videos da miña estancia no Festival. Desexando voltar xa!!! 

TVE Asturias fixo esta reortaxe sobre o festival, onde podedes ver a Mariquiña en plena acción:

E Mariola Menéndez, periodista do xornal La Nueva España, fixo esta fermosa reportaxe sobre a miña actuación:

O Día das Letras Galegas en Fisterra e Dumbría

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS! (e que sexa todo o ano). Canto queren a Carlos Casares por Fisterra! Moito gustou Cocorocó, o espectáculo baseado na Galiña Azul.

E esa mesma tarde, escoitouse de novo o berro Cocorocó na Casa da Cultura de Bérdeogas, no Concello de Dumbría.

(La Voz de Galicia, 17/05/2017)

Cocorocó en Ourense!

Comeza a semana de celebración das Letras Galegas, este ano adicada ao gran Carlos Casares. Hoxe luns, 15 de maio, pola mañá, tiven a sorte de levar o meu espectáculo COCOROCÓ (homenaxe ao libro ‘A galiña azul’) ata a Praza de San Martiño en Ourense. Un gran evento, unha festa, organizado pola Concellería de Educación de Ourense para o alumnado dos colexios de esta fermosa cidade:

A Televisión de Galicia fixo esta fermosa reportaxe:

E tamén a canle Telemiño reseñou este espectáculo:

Cocorocó para celebrar o Día do Libro en Pontevedra

O programa da Televisión de Galicia A Revista Fin de Semana conectou en directo este domingo 23 de abril coa Praza da Ferrería en Pontevedra, onde se estaba a celebrar o Día do Libro. E ahí estaba eu, co meu novo espectáculo Cocorocó, homenaxe á obra A Galiña Azul de Carlos Casares.

Romaría en Rianxo

Que mellor celebración do Día do Libro que montar unha Romaría na mesma Biblioteca de Rianxo?. Mais antes de ir á festa, houbo que rematar de recoller as patacas:

Libros agochados na Biblioteca de Pontevedra

Quen viu algunha vez un libro nun bambán, ou tomando o sol a beira dun río? Quen non escoitou falar do baile das follas escritas? Quen non recorda a nana do libro durmido? Están aí, entre nós, agochados de diferentes formas… Na Biblioteca Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola.

O xornal La Voz de Galicia reseñou esta actuación na sua edición de Pontevedra:

Obradoiro e contada en Friol

Foi un auténtico pracer ir o CPI Dr. López Suárez de Friol (Lugo) para impartir un obradoiro de iniciación na arte de contar contos.

Así o contaron no blog da biblioteca do CPI Dr. López Suárez:

O venres, día 7 de abril, tivemos unha visita de luxo. A actriz, contacontos e titiriteira Raquel Queizás viaxou ata as nosas terras para ofrecer ao alumnado da Eso un obradoiro de iniciación na arte de contar contos. Despois de crear un clima distendido e propicio para a desinhibición, mostrounos unha chea de técnicas e recursos para dar vida aos personaxes das historias, ensaiando distintas tipoloxías mediante a expresión oral e corporal. Ao final desta sesión o alumnado converteuse no verdadeiro  protagonista, deixándonos ver nalgún caso que, con traballo, poderán chegar a ser grandes contacontos.

Na segunda sesión o alumnado da Eso deixou o escenario para se converter en público e observar todo o aprendido na hipnótica actuación de Raquel diante do alumnado de Infantil. Ofreceu contos tirados das lendas, centrándose nos seres mitolóxicos da tradición galega, concretamente, trasnos e meigas.

E agora, o reto: o alumnado da Eso terá que se preparar para facer unhas contadas aos cursos de infantil nunha sesión no mes de xuño, día aínda por determinar. Ánimo a tod@s!

Agradecementos a Raquel por esta xornada, e recordemos o seu consello para lograr namorar cos contos: moita preparación e sentir o pracer pola transmisión oral

(enlace ao blog da biblioteca do CPI Dr. López Suárez)

Ven a Conto no Salón do Libro de Pontevedra

Ven a Conto foi a miña aportación ao XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que baixo o lema O mundo que queremos,  busca aunar aportacións reais, tanxibles e factibles para construir ese mundo mellor que todos queremos:

O Diario de Pontevedra reseñou o miña actuación na sua edición do 14 de marzo de 2017.

Caso Pechado en Gondomar

Este sábado 17 de decembro, a Casa da Lectura acolleu unha nova sesión do Comando Le, dedicada nesta ocasión ás historias de intriga, medo e misterio.  E o espectáculo perfecto para isto foi Caso pechado, unha sesión de contos para adolescentes que recolle lendas urbanas e relatos de misterio, da man dunha detective que fala dos casos máis curiosos que tivo que resolver.

Espazo Lectura

A Maleta da Avoa en Silleda

Hoxe, 6 de decembro estiven coa Maleta da Avoa coma equipaxe na Casa da Cultura de Silleda. Así de ben o pasamos:

Caso Pechado en Coristanco

Doble sesión de Caso Pechado na Casa Cultura de Coristanco. Os misterios quedaron resoltos e os casos pechados gracias á sagacidade das mozas e mozos de Coristanco.

Un Magosto de Medo

Onte, no Museo Gaias, tivemos Magosto de Medo. Degustamos ricas castañas e moitos contos e lendas. Grazas a todas e todos por escoitar!!!  Ata ó próximo conto e que aproveiten as castañas!!!

Na biblioteca de Verín

Terrorífica e emotiva contada na “miña” biblioteca, a que eu iba de nena, na que pasaba horas e horas lendo e pescudando tamén nos libros dos maiores. Aqueles libros protexidos baixo chave tras uns armarios de cristal… Grazas por tanto agarimo, Aurora, grazas polos agasallos e pola fermosa carta de Emilia Somoza.

Próximas funcións

abril 2024

2024martes02abrilalldayA orixe en San Sadurniño(Todo o día: martes) Biblioteca de San Sadurniño

2024domingo21abril12:0012:45O Xogo de Nano na Laracha12:00 - 12:45 Biblioteca Municipal de A Laracha

Ver toda a axenda

Falan dos espectáculos:

Ver todas as noticias

X