Cocorocó na Biblioteca de Amorín

Hoxe coñecín unha biblioteca nova: A Biblioteca de Amorín en Tomiño. Estaba chea de nenas e nenos para escoitar COCOROCÓ. Gustou moito, ata Brais me regalou un debuxo ben chulo!

Nano vai a Doutora

 “Había unha vez unha ra que non paraba de brincar, sempre cantaba contenta baixo o sol ata que un día todo cambiou…Nano xa non dá choutos, non canta, está triste e bebe auga sen parar. Que lle pasará?”

Este venres estiven na Biblioteca de Pontevedra con o espectáculo  ‘Nano vai a Doutora. Contos con moita ciencia‘. Que pasa no noso corpo cando comemos? Festexamos o mes da ciencia en galego contando de forma entretida que é a Diabete Tipo 1 que afecta a moitas nenas e nenos en Galicia. Esta actividade realizouse en colaboración coa Asociación de Nenas e Nenos con Diabete de Galicia (ANEDIA) para a conmemoración do Día Mundial da Diabete. Grazas a todas e todos por vir!!

Moitas grazas a Aldara Piñeiro que fixo as ilustracións, e a Daniel Piñeiro por  a montaxe visual e técnica.

O Eco das Pedras en Campo Lameiro

E choveu!!! e máis que ten que chover!! A nubeira e as nenas e nenos do CEIP Pedro Antonio Cerviño de Campo Lameiro trouxeron a choiva despois da descuberta dos petróglifos e de escoitar as lendas que se agochan nas nosas pedras.

O medo hai que entretelo no CSCD As Pedriñas de Tameiga

O día 31 de Outubro abriuse a porta do alén. Pero nos vos preocupedes, o medo hai que entretelo. Nenas, nenos, non tan nenos, trasnos, animas… todo o que quixo veu o CSCD As Pedriñas de Tameiga (Mos) a celebrar o Samaín.

Romaría en Chapela

Unha Romaría nun lugar espectacular: O Piñeiral do Crego, con fermosas vistas á ría de Vigo. A Biblioteca de Chapela saíu a tomar a brisa do mar á sombra dos piñeiros, unha festa para celebrar o Día das Bibliotecas!!!

Nano en Carballo

Nano non para de medrar, o día a día é unha aventura. Hoxe fixo moitas amigas e amigos con APEGO en Carballo. Dorme feliz!! Bicos de ra. Grazas por todo!!!

Romería en Nigrán

Se preto da Biblioteca tedes un xardín xa non vos faltará nada” -Cicerón,  (mellor é un prado!, engado eu)

Hoxe é un día de festa!!! Feliz día da Biblioteca, feliz día bibliotecarias e bibliotecarios!!! Hoxe con este fermoso día fun de Romaría á biblioteca de Nigrán, e contamos fóra, no prado!!!

A Biblioteca na rúa en Narón

Este sábado 21 de Outubro, o Concello de Narón celebrou o Día da Biblioteca levando os libros á rúa: un programa de variadas actividades que incluiu a visita de Nano cos seus Nanocontos, para os mais pequenos e mais A Maleta da Avoa. Foi todo un pracer acudir a esta cita!!!

O Diarío de Ferrol fixose eco destes actos:

Romaría en Ferrol

«Sen bibliotecas, que nos quedaría? Non teriamos pasado nin futuro» (Ray Bradbury)

Por isto seguimos a celebrar que as bibliotecas existen!!!. Este venres o espectáculo de narración Romaría, chegou á Biblioteca de Ferrol.

Romaría en Cee

230 mozas e mozos dos colexios Eduardo López e Manuela Rial Mouzo de Cee e tamén os usuarios de Aspadex, acompañáronme na Romaría para vivir os nosos contos e as nosas lendas. Foi esta mañá no auditorio da Casa da Cultura de Cee grazas á Fundación Fernando Blanco de Lema.

Esta función foi reseñada polo xornal La Voz de Galicia.

Toin Toin no Festival das Nubebés

O festival das Nubebés, adicado ás artes escénicas para bebés e familias xa chegou a sua V edición!!

Toin Toin, a pequena coella, escoita o conto que lle le Papá Coello antes de durmir. Doces soños!! Grazas, grandes e pequechos, por axudarme a durmir a Toin Toin nas catro  funcións no escenario da Casa das Campás en Pontevedra.

No Faro de Vigo de hoxe sae un intre TOIN TOIN! As pequenas mans sempre dispostas a axudar!

Queres aprender a Contar?

Un ano máis, o Centro de Interpretación da Oralidade (CIOV), dependente da Concelleria de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, convida, a todas as persoas interesadas a introducirse no mundo da Narración Oral na escena e a súa posta en práctica.

Neste curso tres somos as docentes: Ana Carreira, Paula Carballeira e eu mesma!

As datas son as seguintes:
19, 26 de outubro; 2, 9, 16, 23 de novembro, de 16:00 a 20:00 (profesora Ana Carreira)
11 e 18 de xaneiro; 1 e 15 de febreiro; 1 e 8 de marzo, de 16:00 a 20:00 (profesora Paula Carballeira)
15 e 22 de marzo, 5, 12,19 e 26 de abril, 3 e 10 de maio, de 17:00 a 20:00 (profesora Raquel Queizás)

Os cursos son gratuitos!, e para apuntarse as persoas interesadas nestes cursos deben enviar o seu nome completo e teléfono ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (poñer no asunto: cursos ciov). Mais información aquí.

E aquí tedes o programa completo do curso (pdf).

Por certo, O CIOV encóntranse no camiño do Chouzo, 2, no Instituto Municipal de Educación (IME), en Vigo.

Mariña en Moaña

Mariña, a serea, está feliz pola gran acollida que tivo esta tarde na biblioteca de Moaña, grazas a Ler Conta Moito e a Rechouchíos: o programa actividades de lecer en galego promovidas polo Concello de Moaña para público infantil e familiar

O Eco das Pedras na Ruta Arquelóxica de Amoedo

Vexo unhas luciñas…

Despois dunha charla moi interesante e dunha andaina entre petróglifos e mámoas acompañados polo gran arqueólogo Xosé Lois Vilar, chegou a Compaña  Sí, que mellor compaña para escoitar O Eco das Pedras a carón do gran Carballo de Martiz nunha fermosa noite estrelada. Grazas, José M. Soto Virulegio , por programar, unha vez máis contos na natureza!!

Este espectáculo foi patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra dentro do seu programa do Ano Patrimonio

A actividade foi reseñada polo Faro de Vigo

Estrea de O Eco das Pedras

Existiu hai moito tempo, en Galicia, unha aldea chamada Veromundo, estaba chea de lendas que se escondían nas covas e mámoas de pedra. Este lugar desapareceu co paso do tempo, ninguén se lembra xa do seu nome.
Pero, de cando en vez, sen previo aviso “aparece” diante dos nosos ollos un cova de Veromundo, na que habita unha moura, unha sabia, unha encantada que conta o que non está escrito empregando
para iso os petróglifos que rodean a súa morada.

Na nosa terra, Galicia, as pedras están vivas. Nelas se agochan tesouros, nelas viven as mouras encantadas, as serpes grandes, os mouros, os trasnos, os xigantes…
Dentro das covas dormen as nubes do Nubeiro antes de formar fortes treboadas. Sobre as pedras descubrimos misteriosos petróglifos, gravados feitos sobre a pedra ao aire libre, que semellan mensaxes secretas que temos aínda que descrifrar. As pedras falan, só hai que pararse a escoitalas para poder viaxar ao outro lado, alén.

O Eco das Pedras foi patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra dentro do seu programa do Ano Patrimonio.

E finalmente, o día da estrea do Eco das Pedras no Auditorio Municipal de Covelo…

As mouras rescatáronnos, enviaron a Diana e Severino, un mouro moi forte que levantou o noso coche avaríado na autoestrada. E a moura Mara enviou a Rubén que levou no seu coche toda a “equipaxe” do espectáculo ata o Auditorio de Covelo, el é o bibliotecario, un verdadeiro encanto.

Finalmente estreamos O Eco das Pedras  con éxito e puntuais, digo estreamos por que na Mourindade (Nación na que viven as mouras e os mouros) somos moitos... Colaboraron na montaxe: O mouro Daniel Piñeiro coa súa maxia, a Moura Elena Paz Alonso tocou o arpa, o mouro Félix Rodríguez cunha moura misteriosa compuxeron trebóns con percusión para o Nubeiro Facundo. A forte e creativa foi a moura Laia , que “esculpiu”, na pedra, petróglifos galegos, que fixeron os nosos antepasados prehistóricos, coa forza do seu dedo como quen debuxa no cristal embazado dunha xanela un día de choiva, para que os vexan e coiden as nenas e nenos de todas as idades que nos acompañaron en Covelo…

Foron meses vivindo na cova das nosas lendas, (en realidade dende nena me arrolaron con elas) acompañada entre outrxs polo meu admirado Antonio Reigosa, teño gañas de coñecerte en persoa despois de tanto lerte e escoitarte…

Cocorocó en Ordes

Hoxe pola tarde, cheíña de xente estaba a Alameda de Ordes para escoitar COCOROCÓ. Grazas por vir!!

Cocorocó no programa No Verán… un conto do Concello de Vigo

Da man de Vigo En Galego e no programa #NoVeránunconto  da Concellaría de Normalización Lingüística chega Cocorocó ás prazas e rúas da cidade de Vigo.

O día 2 de agosto a cita foi no Barrio no Calvario, díante do mercado:

O 4 de agosto, a fución debería ser na parte traseira do Museo Marco, mais a choiva quixo que coñecera a fermosa cafetaría artística Detrás do Marco.

E para rematar esta xira por Vigo, o día 7 de agosto, Cocorocó chegou á Praza do Emigrante:

O xornal Faro de Vigo, recolleou o inicio de esta breve mais intensa xira por Vigo

Cocorocó na Feria do Libro de A Coruña

Grazas á Feira do Libro de A Coruña, o fermoso Palco da Música dos Xardíns de Mendez Nuñez converteuse no Xardín dos Libros, e alí agardaban por min unha chea de mozas e mozos valentes para loitar contra as inxustizas, COCOROCÓ!! Unha grande equipa cun obxectivo común; vivir un conto!

Cocorocó en Xinzo de Limia

Hoxe COCOROCÓ estivo na Praza Maior de Xinzo de Limia. Vila na que Carlos Casares pasou parte da súa nenez. Moito lle queren aquí as nenas o os nenos e os que xa non son tan nenos!!! Todos coñecían a historia da Galiña Azul!

Historias da Maletra en Vilalba

Que fermosa tarde, de conto foi! Graciñas polos risos, os aplausos, e a escoita. Non me deixaban marchar, xa estou desexando voltar!!! Foi todo un pracer levar as miñas Historias da Maletra á Área Recreativa da Madalena de Vilalba.

Artellando en Santiago!

Mirade canta xente boa se xuntou, esta tarde na Praza de Europa do Centro Comercial de Área Central, para gozar con Cocorocó. Esta actuación enmárcase no programa Artellando, as Festas en Movimento do Concello de Santiago de Compostela.

Cocorocó en Verín

Hoxe 1 de xullo contada solidaria en Verín na praciña de diante da Casa da Cultura, onde COCOROCÓ intentou construír un mundo mellor con motivo do I Congreso Internacional de Persoas con Diferentes Capacidades e Accesibilidade da Eurocidade Verín-Chaves.

Caso Pechado en Allariz

Esta noite no camping Os Invernadoiros de Allariz  o espectáculo de narración ‘CASO PECHADO’ tivo como colaboradores necesarios ás mozas e mozos do IES de Allariz e do IES Auga de Laxe de Gondomar. Por que se xuntaron neste fermoso lugar?  Vou investigar…

O espacio volveuse acolledor e misterioso!

Próximas funcións

abril 2024

2024xoves18abrilalldayAs chaves de Lu en Betanzos(Todo o día: xoves) Centros Educativos de Betanzos

2024venres19abrilalldayAs chaves de Lu en Betanzos(Todo o día: venres) Centros Educativos de Betanzos

2024sábado20abril12:3013:30Treboada no Monasterio de Oia12:30 - 13:30 Mosteiro de Santa María de Oia‎

2024domingo21abril12:0012:45O Xogo de Nano na Laracha12:00 - 12:45 Biblioteca Municipal de A Laracha

2024martes23abril16:0017:00A orixe en Portonovo16:00 - 17:00 Boiro

2024martes23abril16:0017:00Caso pechado no IES Espiñeira16:00 - 17:00 IES Espiñeira

2024mércores24abrilalldayNa túa man no San Xoán de Filgueira(Todo o día: mércores) CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira

2024xoves25abrilalldayTravesías en en Carballo(Todo o día: xoves) Carballo

2024xoves25abrilalldayA Maleta da Avoa en CarballoFUNCIÓN ESCOLAR(Todo o día: xoves) Carballo

2024venres26abrilalldayRaposadas en Pazos de Borbén(Todo o día: venres) Auditorio de Pazos de Borbén

maio 2024

2024mércores08maio10:0016:00Cine de historias en Fafe (Portugal)10:00 - 16:00 Teatro Cinema de Fafe

Ver toda a axenda

Falan dos espectáculos:

Ver todas as noticias

X