Estrea de Travesías no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Pedín un desexo ás bolboretas monarca e cumpriuse! Viva México!!! Tivemos fermosas e emocionantes TRAVESÍAS.

O tema do Salón do Libro desta edición 2018 foi MULLERES DE CONTO. Eu preparei dúas montaxes cheas de historias que falan de mulleres valentes que loitan polos seus soños, para compartir cas nenas e cos nenos de Pontevedra.

TRAVESÍAS:

É unha colección de viaxes cheas de aventuras de nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.

Ata hai moi pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa. E case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. Pero agora podemos contar con contos que trasmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos e entre mulleres e homes. Mudemos o conto!

Aquí vos deixo fotos feitas por Alba Sotelo Leal dentro da programación de escolares:

Romaría en Touro

Moi ben o pasamos na Axencia de Lectura Municipal Xosé Neira Vilas de Touro, donde unha morea de nenas en nenos acudiron á Romaría.

A Axencia de Lectura reseñou a actuación no blog de ler conta moito;

Onte mércores, os/as nenos/as de Touro festexaron o día do libro infantil e xuvenil cunha “Romaría”, onde as nosas lendas tradicionais achegaron o mundo rural e antigo aos rapaces, descubríndolles á maioría un modo de vida descoñecido. O espectáculo foi un éxito, facendo que os/as nenos/as non pestanexaran.

Moitas grazas e ata o próximo conto!!!!

Raposadas en Caldas de Reis

A raposa, despois de pasar o inverno á beira da lareira do Museo do Pobo Galego en moi boa compaña , sae na primavera a percorrer as bibliotecas e “polinizalas” de contos de toda a vida, para que se espallen e florezan na memoria.
As primeiras RAPOSADAS foron na Biblioteca de Caldas. Mirade que ben o pasamos!
Aquí vos deixo a entrada do blogue da Biblioteca de Caldas de Reis onde relatan como foi a xornada. Grazas Cris de Caldas e Rosa.

Esta representación foi posible grazas á Deputación de Pontevedra.

Nanocontos en O Rosal

Hoxe 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, Tiven o pracer de acudir á Biblioteca Municipal do Rosal para contarlles o conto A VIAXE DE NANO, contos para bebés” aos pequenos da Escola Infantil Galiña Azul do Rosal.
Preto de 40 nenos e nenas con idades entre 1 e 3 anos, disfrutaron do conto en compañía do profesorado e das mamás, papás e avós que se divirtiron durante o espectáculo.

A Maleta da Avoa en Tomiño

Que alegría dá ver o Mercado de Tomiño tan cheo de nenas e nenos de todas as idades para escoitar as nosas lendas, neste lugar tan fermoso para contar. Moitas grazas por escoitar!

Nano monta un circo en Narón

Nano montou o seu circo no Centro Cívico Social de San Xiao, en Narón. Estas dúas funcións de Nano monta un circo foron posibles grazas ó programa Apego.

A Maleta da Avoa no Museo Pedagóxico de Galicia

Gracias ó Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) que me permitiu facer  a miña homenaxe á muller traballadora do eido rural. A esas mulleres fortes e sabias que son as fontes da nosa tradición oral, unha homenaxe á miña avoa, unha homenaxe ás avoas galegas.

Isto foi o que dixeron de A Maleta da Avoa:

 Un espectáculo de contos divertidísimo para nenos e nenas, que nos transportou aos menos nenos, de novo a nosa infancia. Un sentido homenaxe, tamén, as avoas galegas: esas mulleres fortes e tenras á vez, transmisoras de contos, lendas e sabios coñecementos.
Moitas grazas!!!!
Ademáis ó Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), fixo este fermoso video:

Cinema de Historias na Biblioteca de Pontevedra

Este venres 9 de marzo ás 18h na Biblioteca de Pontevedra, CINEMA DE HISTORIAS, coñecemos a orixe do cinema e á primeira persoa que contou unha historia con imáxenes en movemento. Unha muller fascinante inxustamente esquecida: ALICE GUY (directora, actriz, guionista, vestuarista, camarógrafa, productora, cómica, maga e moito máis)

Somos Iguais no CEE Príncipe Felipe de Pontevedra

Foi un pracer contar Somos Iguais para todos vós, CEE Príncipe Felipe de Pontevedra.  Pola IGUALDADE, sempre!!!
Aquí deixo as fotos e a reseña que escribiron a gran equipa de mestras deste centro.

Queliña xa de pequerrecha era una nena inqueda, imaxinativa, que hipnotizaba galiñas e soñaba con ser aviadora. Non lee gustaban os contos de princesas doces e miedosas e de príncipes valientes e insensibles. Así que penoso “Basta Xa”.

E Queliña creceu e convertiuse en Raquel Quizás, contadora de contos, presentándonos historias que faltan de que todos somos iguais… onda non hai roles preestablecidos. O vendes 2 de marzo Raquel fíxonos pasar un rato moi agradable, divertido e coa importante moralexa de que temos que creer na igualdade e no respecto entre as persoas.

Do blog do CEE Príncipe Felipe de Pontevedra

Nanocontos en Riveria

Unha morea de nanoamigas e nanoamigos fixemos na Biblioteca de Riveira celebrando o Día da Lingua Materna, celebrando o Galego!!! Que fermoso é ver medrar os futuros lectores!!! Ata o próximo conto!!!

Somos Iguais en Betanzos

Hoxe fixen unha campaña escolar nos colexios de Betanzos CEIP Francisco Vales Villamarín e CPR Nosa Señora do Carme Atocha con SOMOS IGUAIS. Para lembrar e non esquecer:

“Todas as persoas debemos ter os mesmos dereitos e oportunidades, independentemente do sexo co que nacemos”

O Segredo do Tendal en Cambados

Secou ben a roupa, o tempo pasa voando en tan boa compaña. Grazas a todos por vir ao Auditorio de Cambados! Por certo, fuxiu unha toalla, ou era un can de palleiro?

O xornal La Voz de Galicia anunciou o espectáculo

Nanocontos en Ourense

Croa, croa!! Cullarapiñas e cullarapiños e tamén ras, este venres 2 de febreiro estivemos Nano e eu, grazas ao Apego, en Ourense, inaugurando a nova tempada do Auditorio Municipal.

O xornal La Región reseñou o espectáculo na súa edición do día 2 de febreiro:

Nanocontos en Carballo

Nano viaxou ata a Ludoteca Municipal de Carballo grazas o programa Apego. Moi ben o pasamos coas aventuras de Nano, quen voltará a Carballo en febreiro e mais en marzo. Estade atentos á miña axenda!

O xornal La Voz de Galicia reseñou esta actividade na súa edición de Bergantiños do día 1 de febreiro:

Raposadas no Museo do Pobo Galego

Unha raposa chegou ao Museo do Pobo Galego para brincar un chisco coas nenas e cos nenos que nos veñen visitar.  Contoulles un montón de historias. Algunhas que lle ocorreron a ela, e outras que escoitou no monte onde ela vive. Ben, onde vive decotío, porque este inverno parece que vai quedar a carón da lareira do Museo…

Un día fabuloso para facer Raposadas con Coidado no Museo.

Para coñecer como somos, aprendendo a vivir co futuro que aniña nos ollos das crianzas. Respeto pola nosa identidade, polos nosos animais, pola nosa lingua, pola nosa tradición. Entre contos, adiviñas e xogos medramos mellor!

-Que fame!, Cheira a sardiñas! Monchooo, queremos merendar!

-Chsssssss! Non fagades barullo, raposas e raposos. Mirade que xoguetes tan divertidos fixeron as nenas e os nenos na aldea.

-Si, si. O cabaliño está feito con follas de millo.

-Fágamos a última raposada, que non a derradeira!

Continuará….

Campañas escolares no Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, xaneiro, febreiro e marzo de 2018.

O que se enchufa, recíclase!

Botando un cable, nunca mellor dito, na campaña de reciclaxe O que se enchufa, recíclase . Moi ben o pasamos no colexio San José de Pontevedra,  moitas e moitos axentes S-RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos) infiltrados hai xa polas casas.
Grazas pola confianza!

Aquí vos deixo a ligazón para que saibades onde levar os vosos aparellos eléctricos e electrónicos que xa non serven: http://www.oqueseenchufareciclase.gal/gl/onde-reciclar

Non te líes, o que se enchufa RECÍCLASE!!

(Diario de Pontevedra, 25/01/2018)

Cocorocó nos colexios de Narón

Cocorocó estivo de xira este decembro polos centros de educación infantil do Concello de Narón: CPR Jorge Juan, CPI do Feal, CEIP da Gándara, CEIP Virxe do Mar, CEIP Piñeiros, CRA de Domirón, CPR Santiago Apóstol, CPR Ayala, CEIP A Solaina, CRA de Pedroso e CRA O Val foron os escenarios onde tiveron lugar as aventuras da nosa peculiar galiña azul. Preto de 600 alumnos de educación infantil asistiron ás 11 representación de Cocorocó que tiven o pracer de realizar desde o día 11 ata o 19 de decembro, grazas á iniciativa da Concellería de Ensino do Concello de Narón.

A Viaxe de Nano en A Coruña

E xa remantando este intenso ano 2017, Nano fai a súa viaxe na Biblioteca Pública Miguel González Garcés en A Coruña. Así de ben o pasamos:

Ven a Conto no Museo Interactivo da Historia de Lugo

Fermosa escoita atopei no Museo Interactivo da Historia de Lugo, coma parte da programación Brinquedos de Nadal . Antes da actuación houbo  xogo libre no mesmo recinto con moitos brinquedos divertidos: monicreques, xogos de construción, libros de contos…. Grazas familias. Moito unen os contos!

Ven a Conto en San Cibrao

Moi fermosa labor fai a Asociación de Mulleres de San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo programando actividades para as familias. Hoxe 23 de decembro, grazas a elas todas e todos viñeron a coñecer as historias que nacen en Ven a Conto.

Historias da Maletra en Vigo

Así de ben comezo a primeira das catro funcións de contos que realizarei na carpa instalada polo Concello de Vigo na rúa Teixugueiras en Navia. É un pracer atopar un público tan desexoso de escoitar historias. Hoxe comecei con Historias da Maletra. E haberá máis visitas durante estas festas:

24 de Decembro as 11:00  A Maleta da Avoa
25 de Decembro as 11:00 Romaría
31 de Decembro as 12:00 Ven a Conto de Nadal

Pasade unhas boas festas!!!

Ven a Conto de Nadal en Esteiro

Esta tarde visitei a Biblioteca de Esteiro, con Ven a Conto de Nadal.

Caen as primeiras folerpas sobre a vila de Conto. As nenas e os nenos agardan a visita do Carboeiro.

“Hai moito tempo os mellores agasallos os traía el”-conta a señora Teresa, mentres almorza galletas sen presa. Traíanos castañas para comer, enredos de madeira para xogar e carbón, si, carbón para non pasar frío…”

Xogo a que Conto se chama esa vila na que eu moro, onde os paxaros libro me contan historias dos veciños e as veciñas. Historias para vencer a soidade, para resolver conflitos de forma positiva, para gañar amigos e perder inimigos. Todas e todos merecemos unha oportunidade para ser mellores.
Ven a Conto e cóntoche…

O deseño de cartaz e da fermosa escenografía do meu amigo Juan Juste, o Supervillano.

O Segredo do Tendal en A Coruña

Chsss!! Esto é un fermoso non parar…Será que se achega o Nadal? Este domingo 17 desvelei O Segredo do Tendal na Carpa situada na Praza de Maria Pita de A Coruña

Próximas funcións

abril 2024

2024mércores24abrilalldayNa túa man no San Xoán de Filgueira(Todo o día: mércores) CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira

2024xoves25abrilalldayTravesías en en Carballo(Todo o día: xoves) Carballo

2024xoves25abrilalldayA Maleta da Avoa en CarballoFUNCIÓN ESCOLAR(Todo o día: xoves) Carballo

2024venres26abrilalldayRaposadas en Pazos de Borbén(Todo o día: venres) Auditorio de Pazos de Borbén

maio 2024

2024mércores08maio10:0016:00Cine de historias en Fafe (Portugal)10:00 - 16:00 Teatro Cinema de Fafe

Ver toda a axenda

Falan dos espectáculos:

Ver todas as noticias

X