Nanovo na Biblioteca de Ourense

Hoxe ás 8h abriuse un ovo na Biblioteca Pública de Ourense. “NANOVO” Como comezou todo?. Viñeron  ás cullarapiñas e aos cullarapiños e tamén ás ras. Canto medraron desde a última vez!

A raposa volve ó monte de Taboexa e Rubiós

O pasado 13 de xuño fun facer Raposadas coas nenas e nenos dos colexios de Taboexa e Rubiós, grazas a Karina Mouriño, unha profesora de conto. Mirade que aventura organizaron as mestras para rematar o curso. E tamén axudaron as mamás, Sandra, sobre todo, unha mami todoterreno. Que ben o pasamos, palabra de raposa!

Podedes ver un video desta maravillosa actividade no Blog Recados da Moura

Visitas a Mercurio, mensaxes da Moura, desaparición misteriosa de Bonecos, xogo de pistas visitando petróglifos recén descubertos , encontro coa raposa…Xogo na natureza!!! LUGAR DO MOURO.

Obradoiro de contos con obxectos en Barro

No obradoiro de contos con obxectos que impartín en Barro  gocei unha chea, pasaron as horas voando. Estas mulleres teñen tanto que contar. A radio antiga , o vello costureiro, a toca de mamá… gardan a súa memoria.
Son fantásticas!!! Claro que sí, están a xogar moito, lembrando moito, imaxinando moito!!! O sábado, 9 de xuño, coñecimos un pouquiño máis a estas mulleres “Cheas de Historias”. Grazas a Pilar por todo, a Roberto pola confianza e ao señor alcalde de Barro por programar estas iniciativas culturais! “DÁNDOLLE Á LINGUA”.

Podedes ver as presentacións destas magníficas alumnas no seguinte video:

O Diario de Pontevedra reseñou a presentación na sua edición do 13/06/2018:

Raposadas en Moaña

Que terán os contos de raposas e raposos que tanto engaiolan? Foi un pracer levar RAPOSADAS á Biblioteca de Moaña, con o programa Ler conta moito. Que ben o pasamos! Grazas por escoitar!

Ruta Propia na Biblioteca de Pontevedra

A boneca Uxía, o ratiño Min, a ratiña Sabela e o paxaro Tin descansan por fin! Vaia troula! Vaia Festa no Faiado! Gato está lamendo sardiñas! Grazas Elena polas fotos! Grazas Sabela Garabato, xa ves que ben mantidos están as ratiñas!! Grazas a todxs por escoitar e vir comigo seguindo unha RUTA PROPIA da man de María Victoria Moreno, unha fada que trouxo a choiva ata a Biblioteca de Pontevedra

Ruta Propia en Nigrán

Esta tarde na Biblioteca de Nigrán estivemos de marabilla! Cris, a bibliotecaria, colocou un toldo para protexernos do sol. Os libros de María Victoria Moreno saltaron dos andeis para seguir a nosa RUTA PROPIA. Grazas por escoitar! Foi unha ledicia atopar cariñas coñecidas entre o público.

Ruta Propia na Biblioteca Neira Vilas de Vigo

Esta tarde estiven con RUTA PROPIA na Biblioteca Neira Vilas de Vigo para festexar o Día das Letras Galegas adicado a María Victoria Moreno. Grazas por vir este día de sol a escoitar contos e grazas tamén ás e aos usuarios da biblioteca que estaban a estudar para exames finais. Non hai que esquecer que unha biblioteca é moito máis que unha sala de estudo. É a gran Casa dos Libros para todas as idades, tempo hai para escoitar contos, reunirse en clubs de lectura, buscar películas, estudar, ler, conectarse a internet… Non é fácil lograr esta concordia, mérito das bibliotecarias que o pelexan día a día, bravo por elas, fácil non é.

A Raposa volta ó Museo do Pobo Galego

Despois do agarimo recibido polas nenas e nenos ao rematar RUTA PROPIA na Biblioteca de Barbadás, toda contenta dando choutos de ledicia cheguei, monte a través, ata o fermoso claustro do Museo do Pobo Galego. Alí xa me estaban agardando rapasiñas e rapasiños para facer RAPOSADAS polo museo adiante. Que ben o pasamos!!!

Ruta Propia en Barbadás

Hoxe seguín  unha RUTA PROPIA que me levou á Casa da Cultura de Barbadás para seguir descubríndolle á rapazada a vida e obra dunha muller de conto, María Victoria Moreno. Sabíades que daba clases de galego cando estaba prohibido e por iso lle retiraron o pasaporte? Galega de corazón

Ruta Propia na Biblioteca de Riveira

Na Biblioteca de Riveira esta mañá atopei a moitas nenas e nenos, e non tan nenxs que se sinten tamén galegos de corazón, como María Victoria Moreno. Ao rematar fun visitar a exposición de libros dela, sorpresas que depara seguir unha RUTA PROPIA. Grazas por escoitar!!!

O xornal Compostela24horas.com, reseñou esta actuación:

I Xornadas A LINGUA IMPORTA no CEIP O Paraixal

Hoxe no CEIP O PARAIXAL, dentro das I xornadas a LINGUA IMPORTA, tiven a sorte de estar con mozas e mozos que troulearon cos contos, botaron adiviñas, acertixos, brincaron ca nosa lingua… Que gusto dá escoitalos contar as súas propias trasnadas, canto lembran ás da raposa, ás do lobo, non todas rematan ben!!!. O dito, un pracer estar neste cole que ata ten a súa propia fraga, “A Buraquiña”, fermosísima!!! Nome ben curioso… Algunha cova de moura ou mouro preto do río Paraixal? Vou investigar…

Pontevedra Viva Radio. A Playlist de… Raquel Queizás

Dez cancións (hai moitas máis) que “debuxaron” a miña vida.
Nunca esquecerei este conversa con Marisa Ciordia, unha gran profesional de Pontevedra Viva, tan amable, intuitiva, graciosa e elocuente!! Parecemos dúas amigas que se poñen ao día despois de moito tempo sen verse. Grazas!!

Un cachiño de min, para quen queira escoitar ou oir:

“Nesta Playlist cóntanse moitas historias. A dunha nena á que marcaron inexorablemente as cancións e historias que a súa avoa cantáballe e contaba na pequena aldea de Queirugás. A dunha pequena que con cinco anos fixo unha viaxe de ciencia ficción… a Suíza. A de “Queliña” a meniña que hiptonizaba galiñas.”

“Segue conservando a esencia da nena que foi, que conformou a muller que é hoxe. A que lle acompaña nas súas sesións de contacontos e nas que incluíu a María Victoria Moreno coa súa Ruta propia”. Así que pasen cinco anos, como diría Lorca e ben lembra Raquel Queizás en PontevedraViva Radio, merecerá a pena seguir escoitándoa contar historias, a súa ou a dos seus contos.”

Somos Iguais no Orgullo LGBTI de Lalín

As nenas e os nenos de hoxe son o futuro, e saben que SOMOS IGUAIS. Só ti sabes o que che gusta, os demais non teñen que dicircho. Graciñas por vir ata a biblioteca de Lalín co diazo de sol que fixo hoxe. Nós estivemos vivindo contos baixo o arco da vella, dentro da programación da festa do Orgullo LGBTI de Lalín

Ruta Propia en Bandeira

Hoxe  28 de abril fun de RUTA PROPIA con María Victoria Moreno para festexar o Día do Libro a Bandeira, en Silleda. Contei na antiga Escola Laica que pedra a pedra os galegos emigrados ergueron para dar aos nenxs unha educación o máis completa posible, daquela, e hoxe en día, un luxo. Así mo relatou Alfredo o conserxe e antiguo alumno.

Grazas familias por escoitar! Ata o próximo conto!!

Ruta Propia nos colexios de Betanzos

Este luns 23 de abril tiveron lugar tres sesións do espectáculo de contos Ruta Propia, nos colexios de Betanzos: CEIP Francisco Vales Villamarín e no CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”. En total, perto de douscentos nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria disfrutaron de este espectáculo homenaxe á vida e obra de María Victoria Moreno.

Grazas, un ano máis, pola confianza, por escoitar e “vivir”os contos.

Raposadas en Rois

Na mellor compaña estiven esta mañá celebrando o Mes do Libro, entre rapaces libres e libros libres tamén. Foi in pracer levar Raposadas na Biblioteca Municipal de Rois. Grazas por escoitar:

Ruta Propia: unha viaxe pola vida e obra de María Victoria Moreno

E mañá domingo, 15 de abril,  ás 17.30 convídovos a unha viaxe pola vida e obra de María Victoria Moreno, unha muller loitadora e soñadora, unha galega de corazón: RUTA PROPIA. Será no Salón do Libro, na súa sala. É unha honra  estrear nese espazo. A preestrea foi onte durante as funcións escolares. A entrada é libre ata completar a capacidade. Fágovos un oquiño?

As fotos da preestrea, feitas nas funcions escolares,  son de Alba Sotelo Leal , o ollo máxico do Salón. A ambientación de conto desta sala é obra da gran equipa Paspallás.

Orbil tamén quixo montar na “Teresita” para coñecer mellor a María Victoria Moreno.

Entrevista en Onda Cero Pontevedra

Aquí vos deixo a entrevista que me fixo Susana Pedreira de ONDA CERO para falar de Ruta Propia, a miña particular homenaxe a María Victoria Moreno. En A TERESITA, o seu coche, percorreremos colexios, bibliotecas, prazas…

Estrea de Travesías no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Pedín un desexo ás bolboretas monarca e cumpriuse! Viva México!!! Tivemos fermosas e emocionantes TRAVESÍAS.

O tema do Salón do Libro desta edición 2018 foi MULLERES DE CONTO. Eu preparei dúas montaxes cheas de historias que falan de mulleres valentes que loitan polos seus soños, para compartir cas nenas e cos nenos de Pontevedra.

TRAVESÍAS:

É unha colección de viaxes cheas de aventuras de nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.

Ata hai moi pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa. E case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. Pero agora podemos contar con contos que trasmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos e entre mulleres e homes. Mudemos o conto!

Aquí vos deixo fotos feitas por Alba Sotelo Leal dentro da programación de escolares:

Romaría en Touro

Moi ben o pasamos na Axencia de Lectura Municipal Xosé Neira Vilas de Touro, donde unha morea de nenas en nenos acudiron á Romaría.

A Axencia de Lectura reseñou a actuación no blog de ler conta moito;

Onte mércores, os/as nenos/as de Touro festexaron o día do libro infantil e xuvenil cunha “Romaría”, onde as nosas lendas tradicionais achegaron o mundo rural e antigo aos rapaces, descubríndolles á maioría un modo de vida descoñecido. O espectáculo foi un éxito, facendo que os/as nenos/as non pestanexaran.

Moitas grazas e ata o próximo conto!!!!

Raposadas en Caldas de Reis

A raposa, despois de pasar o inverno á beira da lareira do Museo do Pobo Galego en moi boa compaña , sae na primavera a percorrer as bibliotecas e “polinizalas” de contos de toda a vida, para que se espallen e florezan na memoria.
As primeiras RAPOSADAS foron na Biblioteca de Caldas. Mirade que ben o pasamos!
Aquí vos deixo a entrada do blogue da Biblioteca de Caldas de Reis onde relatan como foi a xornada. Grazas Cris de Caldas e Rosa.

Esta representación foi posible grazas á Deputación de Pontevedra.

Nanocontos en O Rosal

Hoxe 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, Tiven o pracer de acudir á Biblioteca Municipal do Rosal para contarlles o conto A VIAXE DE NANO, contos para bebés” aos pequenos da Escola Infantil Galiña Azul do Rosal.
Preto de 40 nenos e nenas con idades entre 1 e 3 anos, disfrutaron do conto en compañía do profesorado e das mamás, papás e avós que se divirtiron durante o espectáculo.

A Maleta da Avoa en Tomiño

Que alegría dá ver o Mercado de Tomiño tan cheo de nenas e nenos de todas as idades para escoitar as nosas lendas, neste lugar tan fermoso para contar. Moitas grazas por escoitar!

Próximas funcións

abril 2024

2024martes02abrilalldayA orixe en San Sadurniño(Todo o día: martes) Biblioteca de San Sadurniño

2024domingo21abril12:0012:45O Xogo de Nano na Laracha12:00 - 12:45 Biblioteca Municipal de A Laracha

Ver toda a axenda

Falan dos espectáculos:

Ver todas as noticias

X