Contos no CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios de Conxo

Co gallo dos celebracións do Día das Letras Galegas, tiven un divertido e intensivo día de contos 3 sesións no CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios de Conxo. Os 105 rapaces de primaria o pasaron moi ben con Os Contos do Cestiño. Para os nenos e nenas de 6 a 7 anos, representei A Maleta de Avoa, e para os máis maiores, Historias da Maletra. En total, máis de 300 rapaces acudiron a estas 3 sesións, que foron moi participativas, tanto por parte dos cativos como das súas mestras e mestres.

Gracias a Natalia, Yoli e a Directora do Colexio pola toda a súa amabilidade!

Contos do Cestiño na Sala Kontainer de Bilbao

Gracias aos amigos da Sala Kontainer, a Raquel, a Diego, a Rafa, a Laurent, a Igor,… o meu cestiño viaxou ata Bilbao. Dúas representacións, o sábado 12 e o domingo 13 neste espacio tan activo. Ademáis de visitar a unha boa amiga, aproveitei a viaxe para facer algo que tiña pendente fai tempo, CLASES DE CLAQUÉ! Paseino pipa, sempre me gustou bailar claqué, xa de pequena intentaba imitar a Fred Astaire. O curso foi impartido por Rafa Eizaguirre. Estou intentando que veña a Galicia a dar un obradoiro de cinco días, asi que xa sabedes… mantereivos informados. Con el virá un fotógrafo espectacular, Laurent Leger Adame, el fixo as fotos que vedes aquí embaixo e ademáis fíxome un book. Se estades interesados nalgunha sesión de fotos, é o momento.

Nanocontos na Biblioteca Central de Vigo

Estrea da segunda parte  Nanocontos, o espectáculo de contacontos e manipulación de obxectos para bebés (de 0 a 3 anos) na Biblioteca Central de Vigo. Nano continua as súas aventuras e no seu camiño atópase con Dara, unha porquiña moi espelida que lle vai cambiar a vida.

Está a piques de saír do forno a terceira parte de Nanocontos. Non vola perdades!

Contos na Biblioteca de Cambados

Este venres regresei a Casa dos Fraga, a fermosa sede da Biblioteca Municipal de Cambados, co meu espectáculo de contos mais recente: Os Libros Agochados.

Contos do Cesiño en Mos

Dentro programa Ocio en Familia, da Concellería de Participación Cidadá do Concello de Mós, o espectáculo de contos Contos do Cestiño chegou o Multiusos das Pozas.

Todos os últimos domingos de cada mes, a Concelleria de Participación Cidadá organiza actividades co obxectivo de “ofrecer alternativas de ocio saudable para todos os públicos, promover a participación e o divertimento das familias de Mos, mellorar e aumentar os momentos de lecer compartidos nos membros de cada familia, proporcionar ferramentas ás familias para a súa propia xestión de ocio saudable e propiciar a interactuación e o contacto entre as diferentes familias do Concello.” 

Historias da Maletra en Cambados

O luns 23 de abril, tiven o pracer de voltar a Bibilioteca Municipal de Cambados. Nesta ocasión con o espectáculo de contacontos Historias da Maletra.

As fotografías foron tomada por Jose, (coa cámara de María). Moitas gracias os dous pola vosa colaboración!

O próximo venres 4 de maio, as 6 da tarde, votarei de novo a esta fermosa bibiloteca co espectáculo “Os Libros Agochados”.

Contos do Cestiño na Sala Gurugú (A Coruña)

O espectáculo de contos Contos do Cestiño, chegou a Sala Gurugú de A Coruña, dentro da súa programación semanal de espectáculos para nenas, nenos, nais e pais “Sábados en Familia”.

O vindeiro sábado 28 de abril, voltarei a esta Sala ca obra “Ratiña Linda” de CasaHamlet, tamén as 7 da tarde.

Nanocontos en Bóveda (Lugo)

O venres 13 de abril, os nenos do Colexio Rosalía de Castro, asistiron á representación de Nanocontos na Biblioteca da Casa da Cultura de Bóveda.

Gracias a Miriam pola súa amabilidade!

III Xornadas: “A competencia en comunicación lingüística. Un proxecto de centro”

Tiven o pracer de ser invitada a participar nas III xornadas “A competencia lingüistica. Un proxecto de Centro”, organizadas polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), celebradas no CIFP Politécnico de Santiago os días 23 e 24 de marzo.

A miña intervención tivo lugar o día 24: baixo o título ‘Alegoría da comunidade educativa na procura do coñecemento a través de aprendizaxes comunicativas”, representei unha  historia sobre a orixe da escritura e un conto baseado en pictogramas dos indios iroqueses.

As Zocas Faladoras, o Blog de ANIMACIÓN Á LECTURA da biblioteca do IES de POIO, fíxose eco das xornadas.

 

Contos do Cestiño na Biblioteca de Cedeira

O espectáculo de Contos do Cestiño, chegou a Biblioteca Pública Municipal López Cortón de Cedeira, onde agardaban os alumnos do Colexio Nicoás del Rio de esta vila con moitas ganas de escoitar historias.

O Xornal La Voz de Galicia, reseñou a actuación na súa edición local de Ferrol:

Ángeles, a bibliotecaria, facilitoume as seguintes fotos da biblioteca. Podedes comprobar o fermosa e acolledora que é. Isto axuda a explicar que teña 2.484 usuarios entre nenos e nenas. Noraboa!

 

Espectáculo de contos “Previndo a desigualdade”, en Fene.

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Fene, organizou esta lúdica xornada de contos interactivos para a poboación infantil e as familias. Aproveitando o feirón de Perlío, desenroluse durante dúas horas unha serie de contos, actuacións e interpretacións na liña do fomento da igualdade, a corresponsabilidade e a visibilización de comportamentos sexistas e machistas cara a prevención da violencia de xénero.


Reestrea de Ratiña Linda na sala La Tuerka27

Mañán sábado 24 de febreiro, reestrea de obra “Ratiña Linda”, na Sala La Tuerka 27 (rúa Doctor Fleming 27, A Coruña).  A idade recomendada é a partires de 3 anos.

A función comenza as 17 h, e as entradas so custan 5 euros!

Baseado no popular conto  coñecido como A Ratiña Presumida, publica  Bernardino Graña en 1994 Rata Linda de Compostela, a partir da cal Manuel Lourenzo escribe unha versión para o teatro con variados números musicais e destinado ó público infantil.

INTÉRPRETES : Chus Álvarez e Raquel Queizás
MÚSICA : Brandán Lourenzo
PRODUCIÓN : Montserrat Modia
DIRECCIÓN  : Santiago Fernández

Contos en Laro (Silleda)

O Cestiño chegou cheo de contos o Centro Cultural de Laro, en Silleda. Os rapaces viñeron disfrazados dispostos a pasalo en grande.

Contos en Bandeira

Con motivo das celebracións do Entroido, o Concello de Silleda convidoume a contar contos no Centro Cultural Vista Alegre en Bandeira. Alí me agardaban os rapaces disfrazados e con moitas ganas de festa. Antes da merenda que tiñan preparada, puideron gozar co espectáculo de contos.

Contos en O Grove

O espectáculo de narración Contos do Cestiño chegou a Casa da Cultura de O Grove, gracias o Servicio de Normalización Lingüistica de este Concello. A actuación realizouse o día 29 ás 17:30, cunha grande afluencia de público.
A fotografía está tomada de TodoGrove.com

Obradoiro de teatro en San Ciprián.

Os días 22 e 23 de decembro, impartín en na fermosa vila de San Ciprián, dous obradorios de teatro para rapaces de tres a sete anos e de oito a doce anos. Disfrutaron moito e queren repetir!. Terminamos cunha representación da obra de teatro que crearon os maiores e despis un espectáculo de contos para toda a familia na Casa da Cultura para celebrar o Nadal.

Caso Pechado no IES Santiago Basanta Silva de Vilalba

Caso pechado é un espectáculo de narración orientado a adolescentes que recolle lendas urbanas, relatos de misterio e historias de terror.

Unha detective fala dos casos máis curiosos que tivo que investigar. Case todos foron resoltos, son casos pechados, agás alguns…
Este mercores 21 de decembro, os casos resolverónse no IES Santiago Basanta Silva de Vilalba.

Cuentos en el CEIP Soutelo de Montes

Hoy a las 3 de la tarde, el espectáculo de narración Contos do Cestiño  se sumaron a las actividades para celebrar la  Navidad y el fin de las clases por este año en el C.E.I.P Soutelo de Montes (Forcarei).

X