Contos en Bandeira

Con motivo das celebracións do Entroido, o Concello de Silleda convidoume a contar contos no Centro Cultural Vista Alegre en Bandeira. Alí me agardaban os rapaces disfrazados e con moitas ganas de festa. Antes da merenda que tiñan preparada, puideron gozar co espectáculo de contos.

Contos en O Grove

O espectáculo de narración Contos do Cestiño chegou a Casa da Cultura de O Grove, gracias o Servicio de Normalización Lingüistica de este Concello. A actuación realizouse o día 29 ás 17:30, cunha grande afluencia de público.
A fotografía está tomada de TodoGrove.com

Obradoiro de teatro en San Ciprián.

Os días 22 e 23 de decembro, impartín en na fermosa vila de San Ciprián, dous obradorios de teatro para rapaces de tres a sete anos e de oito a doce anos. Disfrutaron moito e queren repetir!. Terminamos cunha representación da obra de teatro que crearon os maiores e despis un espectáculo de contos para toda a familia na Casa da Cultura para celebrar o Nadal.

Caso Pechado no IES Santiago Basanta Silva de Vilalba

Caso pechado é un espectáculo de narración orientado a adolescentes que recolle lendas urbanas, relatos de misterio e historias de terror.

Unha detective fala dos casos máis curiosos que tivo que investigar. Case todos foron resoltos, son casos pechados, agás alguns…
Este mercores 21 de decembro, os casos resolverónse no IES Santiago Basanta Silva de Vilalba.

Cuentos en el CEIP Soutelo de Montes

Hoy a las 3 de la tarde, el espectáculo de narración Contos do Cestiño  se sumaron a las actividades para celebrar la  Navidad y el fin de las clases por este año en el C.E.I.P Soutelo de Montes (Forcarei).

Contos na Biblioteca de Oseiro

Fotografias da contada na Biblioteca de Oseiro (Arteixo). Gracias a Eusebio, o seu bibliotecario pola reportaxe fotográfica que fixo!
Aquí vai unha selección das fotos:

Contos en San Ciprián

Para celebrar o Magosto, a Asociación Cultural Pasiño a Pasiño de San Ciprián, organizou unha espectacular merenda para as nenas e nenos que comezou co aperitivo duns contiños moi participativos.

Pronto voltarei a contar maís contos e a impartir un obradoiro de teatro.

Ímolo pasar moi ben!

Contos na Biblioteca Municipal de O Rosal

A Concellería de Cultura do Concello do Rosal invitoume de novo a participar sesións de contacontos no Rincón do Conto da Biblioteca Municipal, que realizan os últimos sábados de cada mes, ás 12 da mañán.

Entrevista no xornal La Región

O domingo 25 de septembro,o xornal  La Región de Ourense publicou no seu suplemento dominical “Vida” unha entrevista acompañada de duas das  fotos que me fixo Fran Moledo.

Gracias a este xornal por o interés mostrado no meu traballo!

Representación de Golulá, da compañía Galitoon no Teatro Jofre de Ferrol

Este domingo 25 de setembro, comezou un ciclo que levará varias obras da Compañia Galitoon ao Teatro Jofre de Ferrol. Comezou coa representación de  Golulá, e este é o calendario de actuacións:
9 de octubro: Os Limons
30 de octubro: Babiliglub
6 de novembro: Botazz!
4 de decembro: Rosalía
11 de decembro: Basilio
As representación comenzan a 1 da tarde.

A noticia  do inicio do ciclo foi publicada no Diario de Ferrol.

Historias da Maletra na Biblioteca de O Rosal

O pasado sábado, eu e a miña Maletra, visitamos a Biblioteca Municipal de O Rosal. Os últimos sábados de cada mes, as 12 da mañán, as nenas e nenos, nais e pais, avoas e avós, poderán escoitar os contos na Biblioteca.

Podedes ver os comentarios sobre actuación no blog do Concello de O Rosal:

“Nesta ocasión, a contadora Raquel Queizás destacou pola súa imaxinación, empatía cos nenos e pola súa capacidade de manter a atención dos nenos grazas ao protagonismo e participación deles nos propios contos.”

O sábado 26 de novembro, as 12 da mañán, voltarei cun novo espectáculo de contos.

 

Os Contos do Cestiño na VIII Feira Medieval de As Pontes

A vila de As Pontes, celebrou a VIII edición da súa Feira Medieval: damas, cabaleiros, combates a espada, falcóns sobrevoando as rúas, un animado mercado e baixo a jaima que cubría a praza da igrexa, estaba o meu cesto cheo de historias e lendas  de aqueles tempos de dragóns e castelos.

Aquí podedes atopar a reseña que da Feira fixo “La Voz de Galicia”.

 

Praza dos Libros de Carballo

O pasado domingo 28 tiven unha nova representación de “Contos no Tendal”, con motivo da Feira Literaria de Carballo, máis coñecida coma #prazadoslibros.  Aquí podedes atopar o programa de este ano 2011, cheo de actividades. Parabéns á organización!

Contos en Entrimo

Os Contos no Tendal viaxaron ata Entrimo (Ourense). A praza do Toural, no centro desta vila, foi o lugar elexido para a representación. O espazo lembraba aos anfiteatros romanos. O público foi moi participativo tanto os pequenos como os que aínda levan un neno dentro.

Quero agradecer a Luis Lupiáñez e o seu grupo Música Doméstica por proporcionarme a música renacentista que utilizo neste espectáculo.

 

Galardón no “VI Certamen de Cuenta Cuentos Tierras Del Torio”

O xurado do “VI Certamen de Cuenta Cuentos Tierras Del Torio” decidiu que o meu espectáculo “El Cesto de los  Cuentos” (Contos do Cestiño), merecía o segundo premio de este certame.

E así, regresamos a San Feliz de Torío, a gala de entrega dos premios, que incluía unha pequena actuación por parte dos agasallados.O primeiro premio correspondeu o grupo Primigenius, de Getafe, coa obra “Xemaá-el-Fná.” O terceiro premio foi para Carlos Alba, de Asturias, polo seu espectáculo “Juglarias”

Noraboa a todos os premiados!

A gala foi conducida por Crispin d´Olot, quen tamén fixo a lectura dos premios. Despois das actuaciones e da entrega de premios, puidemos disfrutar do excelente viño e embutidos de esta terra. Desde aquí, lle dou de novo as gracias os membros do xurado.

 

Contos en Villapadierna (León)

Pois continúo por terras leonesas: os veciños de Villapadierna organizan tódolos anos unha comida popular nunha carballeira cercana a vila, chamada “La Cota de Villapadierna” . Nesta ocasión decidiron contratarme para amenizar esta velada. Así que a sombra dos impresionantes carballos centenarios, contei para casi todos os habitantes, pequenos e grandes. Foi unha experiencia moi fermosa.
Gracias a Noelia e Fernando por invitarme, e tamén polos riquísimos embutidos cos que me agasallaron.

 

Contos solidarios en San Ciprian

A Asociación Cultural Pasiño a Pasiño, convidoume a San Ciprian , a un evento que organizaron para recadar fondos para a organización Médicos Sen Fronteiras.
Encantoume está pequena vila mariñeira. Descubrín a lenda da Maruxaina, fixen una moi interesante visita o Museo do Mar, e para rematar a xornada, a actuación na Plaza dos Campos, que estaba chea de rapaces e rapaces maiores.
Agardo poder volver pronto a esta vila!

Contos en Santiago de Compostela. Vive o Verán 2011

Os meus contos regresaron a Santiago de Compostela, no marco do programa de actividades culturais que organiza o Concello,  “Vive o Verán 2011”,

A actuación estaba prevista no Parque de Belvís, mais a choiva empeñouse en que visitáramos un espazo recén recuperado no propio parque: a antiga fábrica de curtidos de San Nicolás do Sar, recentemente rehabilitada para converterse no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela.

Contos do Cestiño en Vales (San Cristovo de Cea, Ourense)

As festas patronais da parroquia de Vales, en San Cristovo de Cea, foron o motivo de viaxar ata este fermoso lugar da provincia de Ourense. Moitas gracias a Alba e a súa familia que nos acolleron na súa casa, e así puidemos gozar despois da contada, xa de noite, do incrible concerto que deu o grupo “Lume na Lareira” no bar da Casa do Cruceiro. (E tamén puidemos gozar da boísima comida do día seguinte).
Moitas gracias a Fina e Rafa e a avoa pola hospitalidade.

Compartindo cartel coas orquestas!

Contos do cestiño en Parada do Sil

Os Contos do Cestiño viaxaron a Parada de Sil. O espectáculo tiña que celebrarse na Praza da Feira, pero debido o forte vento que se presentou invitado, trasladámonos o salón de actos da Casa Consistorial.

X