Escola de Verán de UNIMA en Tolosa

Este ano tiven o inmenso pracer de acudir a escola de verán que organiza a Asociación Internacional das Marionetas (UNIMA), celebrada no Centro Internacional do Títere de Tolosa (TOPIC).

Era a primeira vez que me achegaba ata Tolosa, tiña moitas ganas de participar nos obradoiros que programaba UNIMA. Foi un grato descubrimento coñecer a Neville Tranter, un gran maestro titiriteiro e unha belísima persoa.  Aqui vos deixo a ligazón con información de toda a programación da que puiden gozar en compañía de grandes profesionais de tódalas partes do mundo.

Convídovos dende aquí a que visitedes un dos mellores museos da marioneta que temos.

Obradoiro de títeres en Salceda de Caselas

O pasado día  27 achegueime ata a Biblioteca de Salceda de Caselas para realizar un obradoiro de construcción de títeres. Para este obradoiro, a técnica escollida foi a de construcción de títeres de varilla utilizando bolsas de papel . Alí agardábanme máis de quince nenas e nenos con moitas ganas de pasalo ben!

Titere de bolsa

Contos en Vimianzo

O 8 de agosto, os Contos do Cestiño acudiron a Biblioteca Municipal de Vimianzo:

Cuentacuentos en VimianzoCuentacuentos en Vimianzo

Historias para cambiar o mundo

O pasado 21 de xuño, coincidindo co comezo do verán, narradores de 30 países participamos na iniciativa da Rede Internacional de Contacontos (RIC), que baixo o lema “Historias para cambiar o mundo”, pretende celebrar o propio nacemento da RIC, e difundir e afianzar o arte de contar historias, ademais de contribuír a construción de un mundo un pouco mellor grazas a palabra e os contos.

Non faltou nin o sol a cita que tíñamos nos xardíns da Casa do Escudeiro en Meis, e pequenos e maiores gozaron do sol e da sombra baixo as árbores do xardin, e das historias que levei no meu cestiño.

Aproveitamos tamén o fermoso escenario que foi a Casa do Escudeiro para grabar un video da actuación:

Historias para cambiar o mundo

Historias para cambiar o mundo

Estrea do O Cabaliño de Pedra na Biblioteca de Galicia

Dentro do programa ´Ceo das letras´ adicado a Emilia Pardo Bazán estrei o meu novo espectáculo de contos, O Cabaliño de Pedra. Nel recollo historias, contos e lendas da nosa terra. Moitas as coñecín por boca da miña avoa, outras devorando libros.

“As pedras están vivas, nena” dicía a avoa mentres me facía trenzas e me contaba historias de mouras encantadas, de lobos, de años negros, de bonecas de millo…

Pretendo con este espectáculo que as rapazas e rapaces que escoiten estas historias pregunten aos seus avós e bisavós por elas, para que revivan, e non se esquezan.

Cabaliño de Pedra

Contos no CEIP San Roque de Darbo (Cangas)

Dobre sesión de contos na semana cultural do CEIP San Roque de Darbo (Cangas). En dúas quendas, os catrocentos alumnos do colexio, de 3 a 12 anos, asistiron no ximnasio as representación de Contos do Cestiño e Historias da Maletra. 

Nanocontos: A viaxe de Nano na Casa Común de Oza (Teo)

Máis de 100 meniñas e meniños, acompañados das súas nais e pais, participaron na festa de gradación coa que celebraron o fin de curso das escolas infantís do Concello  de Teo (Calo, Vos Tilos…).  Nano e Pio fixeron moitos amigos!

Historias para cambiar o mundo

Dende a RIC, Red Internacional de Cuentacuentos, fannos chegar unha   invitación  para que nos  sumemos á súa  celebración: Historias para cambiar el mundo, o 21 de xuño do 2012 e a partir de entón, o 21 xuño de cada ano. Convocan a todas as persoas que queiran sumarse a esta festa: conta contos, narradores espontáneos, bibliotecarias e bibliotecarios, docentes, nais, pais, avós, mozos e todo o que queira contar contos ese día. Aquí vos deixo un enlace para que o consultedes.

Eu únome encantada a esta iniciativa, estarei con CONTOS DO CESTIÑO en Meis, o 21 de xuño ás 17.30 na Casa do Escudeiro, nos fermosos xardíns. Quedades todos convidados.

Enlace a entrada da actuación

Contos do Cestiño na Feira do Libro de Ourense

Estase a celebrar XXVIII edición da Feira do Libro de Ourense, na  Praza do Bispo Cesáreo (Alameda) , e dentro das actividades organizadas, as nenas e nenos puideron escoitar as historias de Contos do Cestiño.

 

Caso Pechado en Boiro

O espectáculo Caso Pechado chegou ó Barbanza: dúas sesións no IES A Cachada, e outra dúas no IES Praia Barraña de Boiro. Caso pechado é un espectáculo de contos pensado para o público adolescente, con historias do seu interés:  relatos de misterio, historias de terror e lendas urbanas.

Soñadora das Árbores en Pontecaldelas

Dentro da programación da XLVI da Festa da Troita de Ponte Caldelas as rapazas e rapaces xunto coas monitoras e nais , pais, avós , avoas agardaban por min na Alameda para disfrutar dunha sesión de contacontos, A SOÑADORA DAS ÁRBORES. Grandes e pequenos subiron ao escenario para dramatizar as historias onde as árbores, as abellas, as fontes eran as protagonistas.

Un pracer voltar a está fermosa vila. Grazas á atención e amabilidade das encargadas da biblioteca,  Ana e a María.

Contacontos Soñadora das Árbores en PontecaldelasContacontos Soñadora das Árbores en Pontecaldelas

Obradorio de poesia en Marín

O venres 18 de maio pola tarde celebrouse na alameda de Marín un obradoiro de poesía e xogos populares co gallo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, a actividade foi organizada pola  ANIAS formación e xestión sociocultural. Eu impartín o obradoiro de poesía, levei varios libros de poesía de diferentes autores galegos: Gloria Sánchez, Carlos Fontes, Rosalía de Castro, Antón Cortizas, Fran Alonso, etc. A rapazada creou varios textos seguindo diferentes técnicas; fixeron caligramas, acrósticos, crearon poemas coas palabras durmidas… Tódolos traballos quedaron expostos para goce dos paseantes da alameda, abraiados ante tanta creatividade.

Dende aquí quero recomendar especialmente un libro para traballar a poesía nas aulas: VERSOS EN FLOR do fantástico poeta Carlos Fontes.

Versos en flor, de Carlos Fontes (Ed. Galaxia)

Contos do Cestiño en Vilaboa

Fun invitada a participar nos actos de celebración do Día das Letras Galegas, organizados pola Asociación Cultural O´Barqueiro e o Concello de Vilaboa. Foi un pracer compartir o escenario da Casa da Cultura de Riomaior con o poeta Carlos Fontes, natural de esta vila, que realizou a presentación do seu último libro, Versos en Flor, editado por Galaxia dentro da colección Tartaruga.

Carlos Fontes en Vilaboa

Actos Día das Letras Galegas 2012 en Vilaboa

Contos no CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios de Conxo

Co gallo dos celebracións do Día das Letras Galegas, tiven un divertido e intensivo día de contos 3 sesións no CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios de Conxo. Os 105 rapaces de primaria o pasaron moi ben con Os Contos do Cestiño. Para os nenos e nenas de 6 a 7 anos, representei A Maleta de Avoa, e para os máis maiores, Historias da Maletra. En total, máis de 300 rapaces acudiron a estas 3 sesións, que foron moi participativas, tanto por parte dos cativos como das súas mestras e mestres.

Gracias a Natalia, Yoli e a Directora do Colexio pola toda a súa amabilidade!

Contos do Cestiño na Sala Kontainer de Bilbao

Gracias aos amigos da Sala Kontainer, a Raquel, a Diego, a Rafa, a Laurent, a Igor,… o meu cestiño viaxou ata Bilbao. Dúas representacións, o sábado 12 e o domingo 13 neste espacio tan activo. Ademáis de visitar a unha boa amiga, aproveitei a viaxe para facer algo que tiña pendente fai tempo, CLASES DE CLAQUÉ! Paseino pipa, sempre me gustou bailar claqué, xa de pequena intentaba imitar a Fred Astaire. O curso foi impartido por Rafa Eizaguirre. Estou intentando que veña a Galicia a dar un obradoiro de cinco días, asi que xa sabedes… mantereivos informados. Con el virá un fotógrafo espectacular, Laurent Leger Adame, el fixo as fotos que vedes aquí embaixo e ademáis fíxome un book. Se estades interesados nalgunha sesión de fotos, é o momento.

Nanocontos na Biblioteca Central de Vigo

Estrea da segunda parte  Nanocontos, o espectáculo de contacontos e manipulación de obxectos para bebés (de 0 a 3 anos) na Biblioteca Central de Vigo. Nano continua as súas aventuras e no seu camiño atópase con Dara, unha porquiña moi espelida que lle vai cambiar a vida.

Está a piques de saír do forno a terceira parte de Nanocontos. Non vola perdades!

Contos na Biblioteca de Cambados

Este venres regresei a Casa dos Fraga, a fermosa sede da Biblioteca Municipal de Cambados, co meu espectáculo de contos mais recente: Os Libros Agochados.

Contos do Cesiño en Mos

Dentro programa Ocio en Familia, da Concellería de Participación Cidadá do Concello de Mós, o espectáculo de contos Contos do Cestiño chegou o Multiusos das Pozas.

Todos os últimos domingos de cada mes, a Concelleria de Participación Cidadá organiza actividades co obxectivo de “ofrecer alternativas de ocio saudable para todos os públicos, promover a participación e o divertimento das familias de Mos, mellorar e aumentar os momentos de lecer compartidos nos membros de cada familia, proporcionar ferramentas ás familias para a súa propia xestión de ocio saudable e propiciar a interactuación e o contacto entre as diferentes familias do Concello.” 

Historias da Maletra en Cambados

O luns 23 de abril, tiven o pracer de voltar a Bibilioteca Municipal de Cambados. Nesta ocasión con o espectáculo de contacontos Historias da Maletra.

As fotografías foron tomada por Jose, (coa cámara de María). Moitas gracias os dous pola vosa colaboración!

O próximo venres 4 de maio, as 6 da tarde, votarei de novo a esta fermosa bibiloteca co espectáculo “Os Libros Agochados”.

Contos do Cestiño na Sala Gurugú (A Coruña)

O espectáculo de contos Contos do Cestiño, chegou a Sala Gurugú de A Coruña, dentro da súa programación semanal de espectáculos para nenas, nenos, nais e pais “Sábados en Familia”.

O vindeiro sábado 28 de abril, voltarei a esta Sala ca obra “Ratiña Linda” de CasaHamlet, tamén as 7 da tarde.

X