Travesías en Porto do Son

De TRAVESÍAS na Biblioteca de Porto do Son. Grazas ao Concello e a Lydia, a Jose Mariño e a Gustavo por contar comigo e con Juan Juste. As familias quedaron con ganas de máis contos!!! Ata o próximo conto!!

Raposadas con Antonio no Valadouro

E continuo contando a infancia de Antonio Fraguas, o homenaxeado neste día das Letras Galegas do 2019. O auditorio do Valadouro encheuse para celebrar a nosa lingua:

Raposadas con Antonio en Carballo

Que mellor cousa para festexar o Día das Letras Galegas que contando Raposadas con Antonio. A cita foi esta mañá na ludoteca municipal de Carballo.

Raposadas con Antonio en Ordes

A celebrar que mañá mesmo é o Día das Letras Galegas. E que mellor que contar unha imaxinada infancia de Antón Fraguas?. Raposadas con Antonio no auditorio da Casa da Cultura de Ordes.

Raposadas con Antonio na Pobra do Caramiñal

Achégase o Día das Letras Galegas!! Hoxe, 13 de maio tiven o pracer de realizar dúas funcións escolares no Teatro Elma de A Pobra do Caramiñal de Raposadas con Antonio. Homenaxe a Antonio Fraguas, para 150 nenas e nenos das escolas de infantil e primaria. Esta actividade foi Organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de A Pobra do Caramiñal, coma parte da celebración do Día das Letras Galegas.

O Canal Barbanza fixóse eco da actuación

O eco das pedras (ANPA do Colexio de Fontiñas)

Unha tarde de petróglifos, de lendas de mouras e nubeiras que se ven, que se escoitan en O eco das pedras.
Non se pode amar o que non se coñece, nin defender o que non se ama.
Grazas a ANPA do colexio de Fontiñas por contar comigo nesta xornada chea de actividades, para que as nenas e os nenos coñezan e valoren o noso patrimonio cultural, material e inmaterial.

Romaría (Homenaxe a Antonio Fraguas) en Moaña

Esta tarde foi unha festa contar “Romaría. Homenaxe a Antonio Fraguas” na biblioteca de Moaña, xunto a min estiveron signando Alba, e tamén David de XOGA (Organización de xordos de Galicia).

Nano visita Tordoia

Foi todo un pracer coñecer o Punto de Atención á Infancia (PAI) de Tordoia. Moi ben o pasamos coas aventuras de A viaxe de Nano o día 17 de abril, e tamén con O xogo de Nano, hoxe 10 de maio. De feito, pasámolo tan ben, que voltarei ao PAI de Tordoia con Nano vai a escola o próximo 7 de xuño!

Nano vai á escola en Ortigueira

Hoxe ás  18h na Biblioteca de Ortigueira foi un pracer presentar “Nano vai á escola”. Seguimos a medrar en galego con Nano.

Nano é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura, porque cando se é tan pequeno ata as cousas más sinxelas se converten en todo un reto.
Nano vai ter unha nova experiencia vital… vai ir por primeira vez á escola! Como se enfrontará a esta etapa que comeza desde a súa condición de galegofalante? Nano comeza a etapa escolar e é así como vai descubrindo que desde ese lugar tan diverso, a seguridade de ter personalidade e lingua propia van ser un gran apoio

Somos iguais na semana das letras e a lectura de Sarria

Foi un pracer contar Somos iguais para nenos e nenas do CPR da Asunción, do CEIP Frei Luis de Granada, do CEIP Antonio Fernández López de Oural e da EEI de Sarria que os nenos e as nenas somos iguais e que nin contos nin fora deles hai sitio para o machismo. Esta actividade formou parte da II semana das letras e a lectura de Sarria.

Travesías en San Vicente de O Grove

Unha tripulación valente e soñadora agardaba por min na Axencia de Lectura de San Vicente do Grove. Grazas por escoitar!!!

En Travesías agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.

Cinema de historias. Alice Guy no IES Mestre Landín de Marín

“A miña avoa non era rica, con todo, na súa pequena casa e a pesar da nosa diferenza de idade, cada unha atopamos o noso benestar. Polas noites, ao redor da mesa, ceando sopa de cereixas, ela contábame as lendas da súa rexión, cantando cunha voz melodiosa”.
Alice Guy

Un pracer representar esta noite Cinema de historias da man de Alice Guy. para a rapazada que asistiu aos ‘VII Encontros de convivencia positiva: Un mar de redes’ no IES Mestre Landín de Marín.

Cambio e conto na Biblioteca de Pontevedra

Moi ben o pasei este venres contando para as cullarapiñas  e cullarapiños “Cambio e conto” na Biblioteca de Pontevedra, xuntos seguimos festexando o Día do Libro!

Raposadas con Antonio nos colexios de Betanzos

Hoxe, día do Libro, festexámolo contando nos coles de Betanzos !!! Contando quen foi Antonio Fraguas, o noso homenaxeado nas Letras Galegas. Organiza o Concello de Betanzos.

“Ser galeguista non é mais que ser amante da nosa terra”.  Antonio Fraguas.

Foi a súa nenez na aldea coa nai, e a convivencia con Mamá Antonia quen marcou a súa maneira de ser, e espertou nel o amor pola nosa lingua e o noso patrimonio cultural, material e inmaterial . Mamá Antonia traballaba na súa casa, criouno, e a pesar de ser unha muller que non sabía ler nin escribir foi a súa mellor mestra.
“Esta muller era analfabeta, non sabía ler nin escribir, pero coñecía os costumes. Sabía cantigas, adiviñas, contos, . Moitos dos que coñezo ensinoumos ela. Foi a miña gran mestra.” FRAGUAS FRAGUAS, A. “O lugar e a casa onde nacín”Grial, 144,1999,p.625.

Ao neno Antonio gústalle coidar da raposa, algúns días lévaa á súa casa, na aldea de Insuela. Alí xogan, escoitan os contos de Mamá Antonia, buscan respostas ás adiviñas que sabe a galiña e axudan ao sapo a sementar os campos. Ao terminar a colleita comeza a festa, en compañía danzan ao ritmo da pandeireta sabendo que, algún día, o neno Antonio converterase en D. Antonio Fraguas, o primeiro director do Museo do Pobo Galego. Este é un espectáculo de contos de tradición oral con obxectos e monicreques.

O xogo de Nano en Ortigueira

Hoxe no aniversario de Nano fixemos moitxs amigxs. Xuntos cantamos o “Parabéns”, sopramos as candeas, xogamos e contamos contos. O próximo 8 de maio voltamos a esta fermosa Biblioteca de Ortigueira con “Nano vai á escola”.

Caso pechado e Raposadas no Festival Falando a boca chea 2019

Hoxe, pola mañá, no Auditorio do Forum, dentro do Festival de Narración Oral Falando a Boca Chea, compartín coa mocidade a miña paixón polo suspense e o cine negro, “CASO PECHADO”. Como sempre as mozas e os mozos son os protagonistas, tanto axudando a resolver casos como a recrear as situacións nas que tiveron lugar os sucesos.
Grazas aos IES e ás mestras pola vosa entrega e escoita. Adoro contar para as mozas e mozos dos institutos!!

E esta mesma tarde, moitas “Raposadas” fixen para os pequenos na Biblioteca do Forum Metropolitano

Somos iguais na Ludoteca María Miramontes

Hoxe coñecín a Ludoteca María Miramontes de Fontiñas (Santiago de Compostela), un fermoso espazo para a cativada. (María Miramontes, animadora e impulsora das escolas de ensino galego. Bergondo, 6 de abril de 1895 – Buenos Aires, 17 de septiembre de 1964)
Grazas familias por “vivir” os contos e demostrar unha vez máis que “Somos iguais”

Travesías na biblioteca de Ferrol

Na Biblioteca de Ferrol desfrutamos de intensas “Travesías”, mergullámonos nunhas historias coas que descubrimos que as mulleres son aguerridas ,intrépidas , e osadas heroínas de conto pero……sen “moito conto”

Próximas funcións

abril 2024

2024xoves18abrilalldayAs chaves de Lu en Betanzos(Todo o día: xoves) Centros Educativos de Betanzos

2024venres19abrilalldayAs chaves de Lu en Betanzos(Todo o día: venres) Centros Educativos de Betanzos

2024sábado20abril12:3013:30Treboada no Monasterio de Oia12:30 - 13:30 Mosteiro de Santa María de Oia‎

2024domingo21abril12:0012:45O Xogo de Nano na Laracha12:00 - 12:45 Biblioteca Municipal de A Laracha

2024martes23abril16:0017:00A orixe en Portonovo16:00 - 17:00 Boiro

2024martes23abril16:0017:00Caso pechado no IES Espiñeira16:00 - 17:00 IES Espiñeira

2024mércores24abrilalldayNa túa man no San Xoán de Filgueira(Todo o día: mércores) CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira

2024xoves25abrilalldayTravesías en en Carballo(Todo o día: xoves) Carballo

2024xoves25abrilalldayA Maleta da Avoa en CarballoFUNCIÓN ESCOLAR(Todo o día: xoves) Carballo

2024venres26abrilalldayRaposadas en Pazos de Borbén(Todo o día: venres) Auditorio de Pazos de Borbén

maio 2024

2024mércores08maio10:0016:00Cine de historias en Fafe (Portugal)10:00 - 16:00 Teatro Cinema de Fafe

Ver toda a axenda

Falan dos espectáculos:

Ver todas as noticias

X