Galardón no “VI Certamen de Cuenta Cuentos Tierras Del Torio”

O xurado do “VI Certamen de Cuenta Cuentos Tierras Del Torio” decidiu que o meu espectáculo “El Cesto de los  Cuentos” (Contos do Cestiño), merecía o segundo premio de este certame.

E así, regresamos a San Feliz de Torío, a gala de entrega dos premios, que incluía unha pequena actuación por parte dos agasallados.O primeiro premio correspondeu o grupo Primigenius, de Getafe, coa obra “Xemaá-el-Fná.” O terceiro premio foi para Carlos Alba, de Asturias, polo seu espectáculo “Juglarias”

Noraboa a todos os premiados!

A gala foi conducida por Crispin d´Olot, quen tamén fixo a lectura dos premios. Despois das actuaciones e da entrega de premios, puidemos disfrutar do excelente viño e embutidos de esta terra. Desde aquí, lle dou de novo as gracias os membros do xurado.

 

Contos en Villapadierna (León)

Pois continúo por terras leonesas: os veciños de Villapadierna organizan tódolos anos unha comida popular nunha carballeira cercana a vila, chamada “La Cota de Villapadierna” . Nesta ocasión decidiron contratarme para amenizar esta velada. Así que a sombra dos impresionantes carballos centenarios, contei para casi todos os habitantes, pequenos e grandes. Foi unha experiencia moi fermosa.
Gracias a Noelia e Fernando por invitarme, e tamén polos riquísimos embutidos cos que me agasallaron.

 

Contos solidarios en San Ciprian

A Asociación Cultural Pasiño a Pasiño, convidoume a San Ciprian , a un evento que organizaron para recadar fondos para a organización Médicos Sen Fronteiras.
Encantoume está pequena vila mariñeira. Descubrín a lenda da Maruxaina, fixen una moi interesante visita o Museo do Mar, e para rematar a xornada, a actuación na Plaza dos Campos, que estaba chea de rapaces e rapaces maiores.
Agardo poder volver pronto a esta vila!

Contos en Santiago de Compostela. Vive o Verán 2011

Os meus contos regresaron a Santiago de Compostela, no marco do programa de actividades culturais que organiza o Concello,  “Vive o Verán 2011”,

A actuación estaba prevista no Parque de Belvís, mais a choiva empeñouse en que visitáramos un espazo recén recuperado no propio parque: a antiga fábrica de curtidos de San Nicolás do Sar, recentemente rehabilitada para converterse no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela.

Contos do Cestiño en Vales (San Cristovo de Cea, Ourense)

As festas patronais da parroquia de Vales, en San Cristovo de Cea, foron o motivo de viaxar ata este fermoso lugar da provincia de Ourense. Moitas gracias a Alba e a súa familia que nos acolleron na súa casa, e así puidemos gozar despois da contada, xa de noite, do incrible concerto que deu o grupo “Lume na Lareira” no bar da Casa do Cruceiro. (E tamén puidemos gozar da boísima comida do día seguinte).
Moitas gracias a Fina e Rafa e a avoa pola hospitalidade.

Compartindo cartel coas orquestas!

Contos do cestiño en Parada do Sil

Os Contos do Cestiño viaxaron a Parada de Sil. O espectáculo tiña que celebrarse na Praza da Feira, pero debido o forte vento que se presentou invitado, trasladámonos o salón de actos da Casa Consistorial.

IV certame de contos “Tierras del Torío”

Todos os fines de semana, desde o 2 de xullo ata o 6 de agosto, desenvólvese o certame de Contacontos “Tierra del Torío”, que xa vai pola cuarta edición. O lugar non pode ser mais adecuado: o patio de comedias da “Casona” en San Feliz de Torío, preto da cidade de León.

O Diario de León publicou un artículo sobre o certame.

Foi un pracer ser seleccionada pola organización para participar nesta edición.

Aquí podedes atopar o calendario de actuacións, e máis fotos da actuación.

Día dos Bosques Tropicais e das Árbores en Escarión e Currelos

O pasado martes, A Soñadora das Árbores viaxou ás fermosas Terras de Lemos, ata Escairón e Currelos (O Saviñao) . O Día dos Bosques Tropicais e o Día das Árbores era a data perfecta para baixar unha vez máis da súa pola.
Pola mañá visitei a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao en Escairón, alí me agardaban os  rapaces con ganas de escoitar historias e uns pais moi participativos, bravo por todos eles! Moitas destas nenas e nenos facía un ratiño que foran premiados no Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas 2011. Noraboa a todos!

e pola tarde a cita foi na Axencia de Lectura “Maruchi Arias” de Currelos , ali estaban todos os nenos do lugar, Saúl, Marta, Alicia, María,…Todos eran músicos e tiñan moitas ganas de actuar tamén.

Contos no Colexio Amaro Refojo de Verín

Este venres tiven o pracer de contar de novo en Verín, na miña terra. Nesta ocasión  o ANPA do Colexio Amaro Refojo organizou esta actividade para celebrar o próximo fin de curso. Grazas a Loli, e a todo o ANPA, dende aquí anímovos a seguir organizando actividades para eses rapaces tan participativos, e con tanto talento!

 

Os Limons na Cidade da Cultura

Hoxe 5 de xuño, viaxamos a Santiago de Compostela para representar a obra Os Limóns da compañia Galitoon, no auditorio de Biblioteca da Cidade.

Contos nos xardíns da Sede de Turismo Rías Baixas (Pontevedra)

Actuación dentro do programa Domingos en Familia,  na Praza de Santa María en Pontevedra, nos preciosos xardíns da sede de Turismo Rías Baixas. Nunha soleada mañá electoral, nenos e non tan nenos puideron escoitar sentados na herba, a sombra dos fermosos árbores varios dos meus contos. Entre risas e aplausos rematou o espectáculo. Os nenos marcharon felices cada un co seu globo, agasallo de Turismo Rías Baixas.

Diario de Pontevedra publicou varias fotos e unha reseña do espectáculo de contos.

Contos na librería Bule Bule de Marín

Sesión de contos na librería e xoguetería Bule Bule en Marín. Carmen e Carlos fante sentir coma se estiveses na túa propia casa, nesta librería chea de bos libros e bos xoguetes.
Un lugar que non vos podedes perder. Atópase na Avenida Rosalía de Castro, 25, en Marín.

Os Contos do Cestiño viaxan A Fonsagrada.

De feira en feira, o meu cestiño e maís eu chegamos de novo A Biblioteca Municipal de A Fonsagrada. Sempre é un pracer para mín facer o fermoso camiño que me leva ata alí.

Contos no Espazo Lectura de Gondomar

Onte celebrouse o quinto aniversario do Contomar, o programa de animación á lectura desenrolada polo Espazo Lectura. Foi un pracer para min poder contar os meus contos neste espazo. Aquí deixo o enlace o seu blog, onde podedes ver máis fotografías da actuación:  Espazo Lectura en Gondomar.
Magnífico traballo o que están a realizar desde Espazo Lectura. Meus parabéns!

Páxina 19 de 19Primeira...16171819
X