Biblioteca Vivente “Lévedo lilá”

17 febreiro , 2022

Foi toda unha honra participar neste fermoso proxecto de Xandobela Educación e Cultura: A Biblioteca Vivente “Lévedo lilá”  que tivo lugar no Muso de Pobo Galego de Santiago de Compostela. Eu fun o Libro 2: “Con dous cornos na testa”

Un proxecto que busca difundir e transmitir a cultura galega, confrontando os prexuízos existentes en torno a ela e rachando ao mesmo tempo estereotipos sexistas, a través do diálogo directo con persoas, os chamados Libros vivos, que representan exemplos de boas prácticas e experiencias innovadoras no ámbito da cultura con perspectiva de xénero: referentes da cultura e das artes galegas que superan os estereotipos por razón de xénero, que os cuestionan de xeito explícito, que deixan pouso, que espertan a curiosidade, o interese e alentan a reflexión. Que supoñan, en definitiva, un lévedo, unha inspiración para poder facer unha lectura da cultura e da sociedade con lentes lilas e construír un relato fundamentado na igualdade e na equidade.

 

 

X