Begoña ao teléfono no Barco de Valdeorras
Feliz Día das Letras Galegas dende O Barco de Valdeorras!
Hoxe, 17 de maio, celebramos a gran festa da nosa lingua da man das familias que se achegaron a descolgar o teléfono máis literario con Begoña ao teléfono.
A través deste aparello tan especial, e o programa de radio, rendemos homenaxe á gran Begoña Caamaño conectando coas voces desas mulleres fascinantes que ela soubo reescribir con tanta forza. O fío telefónico levounos a escoitar a Penélope, que tece a súa propia historia máis aló da agarda; á herba e os conxuros da sabia Circe; e á misteriosa Morgana, que dende a brétema ten moito que contarnos sobre o poder e a memoria. Foi emocionante ver a avós, nais, pais, pequenos e pequenas escoitando con atención e redescubrindo o fío invisible que nos une á nosa lingua e a rebelde, feminista e activista Begoñísimaaaaa!!!
Moitísimas grazas ao Concello do Barco de Valdeorras pola invitación, a tropa de TonySon e a todas as familias que hoxe decidistes celebrar este día tan noso comigo. Falemos e coidemos a nosa lingua para que siga viva,

