Begoña ao teléfono en Alfoz

13 maio, 2026

Homenaxear a quen tanto nos deu a través das palabras é un agasallo para a alma!!

Hoxe 13 de maio estiven no CEIP Castro de Ouro de Alfoz para achegar a figura da gran Begoña Caamaño á rapazada, co espectáculo Begoña ao teléfono.

Grazas, un ano máis, ás compañeiras da Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo por facelo posible. Viaxamos no tempo ata aquel patio común do barrio do Calvario onde unha Bego de 11 anos descubría a “Odisea”. Entre teas, cestas, pinzas da roupa e monicreques, fomos tecendo as historias de Penélope, de Circe… e ata recibimos a visita da misteriosa Morgana, que sempre ten segredos que contar.

Un privilexio ver como as novas xeracións gozan coa forza das nosas letras e do mundo femista da gran Begoña Caamaño


X