As orixes do cinema

18 xaneiro, 2014

Dentro do ciclo de cine infantil que organiza a ANPA do CEIP Alvarez Limeses de Pontevedra, tiven o pracer de presentar unha proposta que me rondaba pola cabeza dende fai meses: introducir aos rapaces ao cine mais antiguo, o primeiro que se fixo ala nos principios do século XX. Tomando como motivo a figura do pioneiro do cine Segundo de Chomón, se proxectaron unha serie de películas de curta duración, realizadas entre os anos 1903 e 1907, que fixeron as delicias de nenos e grandes.

 

X