A Touporroutou
A rapazada xoga, rebule, toca, canta, investiga e revive A Touporroutou no Museo do Pobo Galego.
Quen é a Touporroutou? A Touporroutou foi e é unha de tantas mulleres que gardan e transmiten a nosa poesia oral. Moitas desas voces de mulleres gravadas no pasado en pequenas cintas de casete son hoxe fonte de inspiración para as máis recentes figuras da música actual.
Foron as cantareiras, moitas delas, sen saber ler nin escribir, creadoras de poesía e transmisoras da arte, da beleza,
Maila dura vida que lles tocou pasar…”Cantar, cantábase sempre”.