A Orixe en Chapela

24 outubro, 2014

E que mellor cousa para continuar a celebrar este 24 de outubro, Día da Biblioteca, que contando mais historias?  Así o creron tamén na Biblioteca Municipal de Chapela, en Redondela, e invitáronme a contar a Orixe.

Ademais presentaron así de ben as suxestións lectoras relacionadas con esta actividade, incluíndo varios atlas e incluso dúas bolas do mundo! E os rapaces marcharon para a casa cun mapa de Galicia de agasallo .

Podedes encontrar mais información e fotos na entrada do Blog da Biblioteca. Foi todo un pracer volver a contar en Chapela!

X